Pensando en vacacións? Bótalle un ollo ao calendario de festivos en Galicia 2027. Consulta aquí tamén as pontes que hai en Galicia en 2027 ou o Entroido en Galicia 2027. E os festivos locais da Coruña, Santiago… e o resto de festivos locais en Galicia 2027 por localidades.

Esperamos que este calendario 2027 con festivos en Galicia che axude a planificarte.

Calendario de festivos Galicia 2027

Que días son festivos en Galicia en 2027? En total hai 14 festivos 2027 en Galicia, como no resto de Comunidades.

O Consello da Xunta xa aprobou o calendario laboral de Galicia 2027 onde determina todos os festivos do ano.

En 2027, posto que o 15 de agosto cae en domingo, cámbiase polo 17 de maio, Día das Letras Galegas. E ao ser domingo tamén o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, a Xunta elixe como festivo o 19 de marzo, San Xosé.

Consulta aquí debaixo todos os festivos 2027 en Galicia:

  • 1 de xaneiro 2027, venres - Aninovo
  • 6 de xaneiro 2027, mércores - Día de Reis
  • 19 de marzo 2027, venres - San Xosé
  • 25 de marzo 2027, xoves - Xoves Santo
  • 26 de marzo 2027, venres - Venres Santo
  • 1 de maio 2027, sábado - Día do Traballo
  • 17 de maio 2027, luns - Día das Letras Galegas
  • 12 de outubro 2027, martes - Festa Nacional
  • 1 de novembro 2027, luns - Todos os Santos
  • 6 de decembro 2027, luns - Día da Constitución
  • 8 de decembro 2027, mércores - Inmaculada Concepción
  • 25 de decembro 2027, sábado - Nadal

Pontes en Galicia 2027

Á vista destes festivos, que pontes hai en Galicia en 2027? Cun ou dous días de vacacións que che pidas podes facer algún que outro acueduto 😉.

  • Ponte do 1 de xaneiro Galicia 2027: podes empezar o ano facendo unha ponte larga se colles o luns 4 e o martes 5 de xaneiro, porque o 1 e o 6 son festivos.
  • Ponte do 19 de marzo e Semana Santa en Galicia 2027: San Xosé e Semana Santa coinciden moi próximos en datas. O festivo 19 de marzo, día de San Xosé, cae en venres, e o Xoves e Venres Santo coinciden a semana seguinte, o 25 e 26 de marzo. Así que, se pides vacacións o luns 22, o martes 23 e o mércores 24 tes unha súper ponte.
  • Ponte de outubro en Galicia 2027: o 12 de outubro é martes, se podes coller libre o luns terás unha boa ponte.
  • Ponte de decembro en Galicia 2027: o 6 de decembro, Día da Constitución, cae en luns e o 8 de decembro, a Inmaculada Concepción, coincide en mércores. Se podes coller o martes 7 libre, poderías facer ponte.

Entroido en Galicia 2027

E que hai do Entroido en Galicia 2027? O martes de Entroido 2027 é o 9 de febreiro e a primeira ponte do ano en moitísimas localidades galegas.

Adoita ser festa na Coruña, en Lugo... e, como non, en Ourense e moitos municipios da provincia, onde podes gozar dos mellores Entroidos en Galicia 2027. Podes saber máis deles nas seguintes ligazóns:

Festivos locais en Galicia 2027

Festivos en Galicia

Se botaches contas, verás que faltan 2 días festivos, son as festas locais que propón cada Concello.

Moi pronto, coñeceremos os festivos locais en Galicia 2027 nas principais cidades galegas. Actualizaremos por aquí a información en canto se publique.

Consulta este post cando vaias planificar as túas vacacións, porque che será de grande axuda saber os festivos 2027 en Galicia, as festas locais da Coruña ou de Santiago e do resto de cidades galegas e as pontes que hai en Galicia en 2027.

Tamén podes consultar as datas do curso escolar no Calendario escolar Galicia 2026 – 2027.