Setembro vívese doutro xeito en Rianxo. Cando se achega o final do verán, a vila mariñeira coruñesa engalánase para vivir toda unha semana de festas na honra da Virxe "Moreniña". Son as Festas de Guadalupe de Rianxo 2026, do 11 ao 18 de setembro.
É ben singular o xeito en que viven as festas rianxeiros e rianxeiras.
Programa das festas da Guadalupe de Rianxo 2026

Cartel da Guadadalupe 2026. Fonte: Festas da Guadalupe de Rianxo
A festividade da Virxe de Guadalupe en Rianxo é sempre o domingo despois do 8 de setembro, polo que este 2026 ese domingo coincide o 13 de setembro. Pero os rianxeiros e as rianxeiras celébrano dende o venres anterior ata o posterior a esa data.
Este ano, as festas da Guadalupe 2026 van do 11 ao 18 de setembro.
Aquí podes ver as actividades e concertos do programa das festas da Guadalupe 2026, que presentou a Asociación “A Moreniña” na páxina das Festas da Guadalupe de Rianxo.
Venres, 11 de setembro 2026: Noite Retro
- 22:00 h. Virtual Project Cover Band.
- 23:45 h. Pregón das festas.
- 00:00 h. Chupitaso e presentación das Juadalupeñas.
- 00:30 h. Vídeo DJ 80s, 90s, 2000s... SerieB Music.
- 04:00 h. Pinchada libre: Xinho.
Sábado, 12 de setembro 2026
- 10:00 h. Alborada: Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla.
- 10:00 h. Alborada pola parroquia: Trécola.
- 13:00 h. Praza da Igrexa: Banda de música de Santa Cruz de Ribadulla.
- 14:00 h. Sesión vermú: orquestra Platinum.
- 18:00 h. Praza da Igrexa: Banda de música de Santa Cruz de Ribadulla.
- 19:00 h. Rúa do Medio: tardeo con Zeltia Irevire.
- 20:00 h. Praza da Igrexa: baile e música tradicional con Fogo Fatuo.
- 20:00 h. Auditorio: Coral Abraira (Asados) e corais convidadas.
- 20:00 h. Polas rúas: charanga Brass-ass.
- 21:30 h: Verbena con:
- 21:30 h. Mariachi Perla
- 22:30 h. Orquesta Platinum.
- 23:30 h. Verbena Sinfónica coa Banda da Escola de Música de Rianxo.
- 02:00 h. Capitán Sabrosura
- 04:00 h. DJ Nexxa
Domingo, 13 de setembro 2026
- 10:00 h. Alborada: Agrupación Músico-Cultural de Ridadumia e Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña.
- 12:00 h. Capela da Guadalupe: Misa solemne.
- 13:00 h. Procesión marítima.
- 18:00 h. Praza da Igrexa: Agrupación Músico-Cultural de Ridadumia.
- 19:00 h. Paseo da Ribeira: baile-romería con Grupo Arena.
- 20:00 h. Praza da Igrexa: actuación de Vai de Roda.
- 22:00 h. Verbena con Galilea e La Banda de ayer.
- 00:00 h. Paseo da Ribeira: Fogos de artificio aéreos e acuáticos.
Luns, 14 de setembro 2026
- 10:00 h. Alborada: Banda de música cultural de Arcade.
- 11:00 h. Visita da Virxe da Guadalupe á igrexa parroquial.
- 11:30 h. Praza Castelao: Xogos das Juadalupeñas.
- 13:00 h. Praza da Igrexa: Concerto da Banda de música cultural de Arcade.
- 14:00 h. Sesión vermú: Unión y Fuerza.
- 18:00 h. Festivaliño.
- 18:00 h. Praza da Igrexa: Concerto da Banda de música cultural de Arcade.
- 20:00 h. Praza da Igrexa: Actuación de Cántañe a Rianxo con Río de Anxo.
- 22:00 h. Verbena:
- Unión y Fuerza
- Grupo Cayenna
Martes, 15 de setembro 2026
- 11:00 h. Alborada: O Son do Río.
- 12:00 h. Paseo da Ribeira: xornada de cultura urbana con Soccer Experience.
- 14:00 h. Praza Castelao: Sesión vermú con Dilema.
- 16:00 h. Paseo da Ribeira: xornada de cultura urbana VR Arena.
- 18:30 h. Día de Padrón: Recepción ás autoridades.
- 19:30 h. Campo de Arriba: Banda de música municipal de Padrón.
- 20:00 h. Polas rúas: Fanfarria Furruxa.
- 20:00 h. Praza de Igrexa: CeibaRimas: Kid Mount, Festra, Mooom, Pini, O Rabelo, Volk GZ, Queen Rendi, O netinho da Aurora.
- 22:00 h. Verbena:
- Charleston Big Band
- La Última Legión
Mércores, 16 de setembro 2026
- 11:00 h ao vermú: Alborada cos gaiteiros Os Festas.
- 12:00 h (durante toda a xornada). Praza da Igrexa: Feira do Circo con Xogos de feira.
- 13:00 h. Praza da Igrexa: Feira do Circo, espectáculo O Show de Fifo: Soño.
- 14:00 h. Praza Castelao: Sesión vermú con Solara.
- 15:00 h. Día dos nosos maiores: comida e baile.
- 16:00 h. Praza da Igrexa: Feira do Circo.
- 18:00 h. Campo de Arriba: Banda de música de Arca.
- 19:00 h. Rúa de Abaixo: tardeo con Malezza.
- 19:30 h. Campo de Arriba: bailes de salón con El Tomasón.
- 20:00 h. Praza da Igrexa: Feira do Circo, espectáculo Unha de Piratas.
- 20:00 h. Polas rúas: Bando das Gaitas.
- 22:00 h. Verbena:
- Arizona
- Cinema
Xoves, 17 de setembro 2026
- Feirón Mariñeiro "A feira de 1926" durante todo o día no casco vello.
- 13:00 h. Praza da Igrexa: Sesión vermú con Cé Orquestra Pantasma.
- 14:00 h. Praza Castelao: Sesión vermú con Trío Alborada.
- 20:00 h. Xardíns da Ribeira: Paxaro Pinto.
- 21:00 h. Noite Folc con Mediarea.
- 22:00 h. Noite Folc con Boavila.
- 22:00 h. Verbena:
- Solara
- Gran Parada
Venres, 18 de setembro 2026
- 11:00 h. Praza Virxe da Guadalupe: Día Infantil durante toda a xornada con inchables acuáticos.
- 13:00 h. Praza Castelao: Festa da escuma.
- 14:00 h. Sesión vermú con Eureka.
- 16:00 h. Inchables.
- 23:00 h. Praza da Igrexa: Verbena infantil con Pakolas e as tripulantes.
- 00:00 h. Rianxeira infantil.
- 22:30 h. Gran verbena con tres orquestras:
- Eureka
- Trébol
- Ritmo Xoven
- 02:00 h. Bengalas, Rianxeira e gran traca final.
Procesión marítima da Guadalupe de Rianxo
O Domingo da Guadalupe é a xornada grande. É o día no que se honra a Moreniña, como chaman á Virxe da Guadalupe en Rianxo, pola súa cor de pel. Ás 12 ten lugar a misa solemne no Campo de Arriba. Despois, os vecinos sacan en procesión a Guadalupe. A Virxe leva máis de 250 anos dende a súa chegada Rianxo, polo que é un símbolo da localidade.
Como se trata dunha vila mariñeira, a procesión realízase polo mar, e participan os distintos barcos pesqueiros do lugar e doutras zonas da Arousa, tal é a devoción a esta virxe.

Feirón Mariñeiro de Rianxo
O xoves é un dos días grandes da Guadalupe de Rianxo, xa que se celebra o Feirón Mariñeiro, onde os veciños da vila o dan todo e viven esta xornada con grande entusiamo. Todo o mundo sae á rúa ataviado con roupa de mariñeiro (polo xeral unha camiseta branca e un pantalón azul) ou ben de época (saias antigas e mantóns). Pola tarde ten lugar a Rianxeira popular, onde todo o que pode leva un instrumento para tocar e cantar xuntos.
Rianxeira y bengalas

As festas da Guadalupe de Rianxo acaban por todo o alto.
O último venres, a festa dura toda a noite. Hai tres orquestras que actúan ata pasadas as 8 da mañá, para os que queiran despedir o verán ao grande.
Non obstante, ás 2 da madrugada prodúcese uno dos momentos máxicos, cando toda a praza canta a Rianxeira mentres se acenden miles de bengalas.
Letra da Rianxeira: "Ondiñas veñen e van"
Para moitos galegos e galegas é considerado o segundo Himno Galego. "A Rianxeira" é unha canción que enche o corazón de toda a poboación de Galicia. Moito máis se son de Rianxo.
Estendida polo mundo, a canción naceu na emigración e é a protagonista do último día das festas da Guadalupe de Rianxo. Acenden miles de bengalas e todos os/as asistentes á verbena, ás 2 da madrugada do venres, cantan ao unísono.
Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te embarques rianxeira,
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira, BIS
descalciña pola area,
parece unha rianxeira. BIS
Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te embarques rianxeira,
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
cando veu para Rianxo, BIS
a barquiña que a trouxo
era de pau de laranxo. BIS
Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te embarques rianxeira,
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
quen te puxo moreniña BIS
foi un raíño de sol
que entrou pola ventaniña BIS
Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te embarques rianxeira,
que te vas a marear.
Se o último día vas ás festas da Guadalupe de Rianxo 2026 é obrigatorio cantar a canción con todos os rianxeiros e rianxeiras. Non tes escusa para non aprendela.
