Blog de empresas e negocios de R

604 1125 R Banner Big PYME 750x281 gal604 1125 R Banner Big PYME 750x281 gal
eventos

Xornadas Tecnolóxicas R 2026

Arrincan as Xornadas Tecnolóxicas de R un ano máis: un encontro onde abordaremos como está a cambiar o contexto global e que necesitan hoxe as empresas para converter ese cambio en vantaxe competitiva.

eventos

13º Encontro de Networking Mercatus

O venres 8 de maio celébrase o 13º Encontro de Networking Mercatus, no que se abordará como aplicar a intelixencia artificial na empresa: do uso interno á automatización de procesos. A xornada, de carácter presencial, terá lugar no CIE Polígono Industrial A Granxa do Porriño.

Empresas

R renova unha tempada máis o seu compromiso co Celta Integra Zelnova

O operador galego R e a Fundación Celta de Vigo renovaron un ano máis o seu acordo de colaboración nun acto celebrado no Salón Rexio da sede do club na cidade olívica. Ao encontro acudiron o director da Fundación Celta, Germán Arteta, o director de R e de MasOrange en Galicia, Alfredo Ramos e Rubén Martínez, membro do padroado da Fundación, ademais de membros do equipo e corpo técnico do Celta Integra Zelnova, dando imaxe así ao valor social deste proxecto.

Empresas

Gardiáns do dato: soberanía e resiliencia en clave galega

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizou, en colaboración co Consello Económico e Social de España (CES), a Xornada "Ciberseguridade: Protección dos cidadáns e crecemento económico", un evento onde participou o Director R e de Masorange en Galicia, Alfredo Ramos.

Empresas

Premio "aleluIA": recoñecemento a Parfois e a súa innovación

Como empresa tecnolóxica buscamos recoñecer o compromiso das empresas galegas que apostan pola evolución tecnolóxica constante e o desenvolvemento de proxectos innovadores. E tamén premiar a súa fidelidade como clientas. Así xorde o premio "aleluIA", que nas Xornadas Tecnolóxicas R 2024 recibiu Pérez Rumbao e que nas Xornadas Tecnolóxicas R 2025 distinguiu a Parfois.