Ribadeo ten en setembro una das súas festas máis queridas na honra de Santa María do Campo, son as festas de Ribadeo 2026, que duran ata o 8 de setembro. O municipio da mariña lucense celebra as súas festas patronais con concertos, verbenas con orquestras, o desfile dos Cocos ou os fogos artificiais. Contámosche todo o programa das festas de Ribadeo 2026.

Programa de festas de Ribadeo 2026

fiestas ribadeo cartel 2026
Imaxe: Concello de Ribadeo

O programa das festas de Ribadeo 2026 arrinca a finais de agosto e termina o martes 8 de setembro, que é o día da patroa Santa María do Campo e festivo local en Ribadeo 2026.

Agora que xa sabes cando son as festas patronais de Ribadeo 2026, contámosche as actividades máis destacadas.

A véspera da patroa celébrase coa saída dos Cocos e Cabezudos e con fogos artificiais. E o propio día da patroa, ten lugar a procesión, concertos e verbenas.

Pero hai moitas máis actividades que anunciou a Comisión de Festas de Ribadeo.

Consulta aquí todo o programa das festas de Ribadeo 2026 para que non perdas nada.

Domingo, 23 de agosto 2026

  • 12:30 h. Trofeo Festas Patronais de Ribadeo.

Domingo, 30 de agosto 2026 – Día da Bicicleta

  • 10:30 h. Concentración diante do Concello.
  • 11:00 h. Diante do Concello: Saída e Inicio do percorrido.

Martes, 1 de setembro 2026 – Día dos Maiores

  • Durante o día: Visita ao Centro de Día e Residencia de Maiores de Cocos e Cabezudos, acompañados do cuarteto tradicional Illa Pancha. Haberá tamén chocolatada.

Venres, 4 de setembro de 2026

  • 19:30 h. Pasarrúas de Los Támega.
  • 20:30 h. Cine Teatro: Pregón de Pepe Conde (exxefe do servizo cirurxía do HULA). Actuación da Coral Polifónica de Ribadeo. Nuovo pasarrúas de Los Támega.
  • 23:30 h: Recinto Feiral: Festas de DJs con Alejandro Martínez, Manu Méndez e DJ Twins.

Sábado, 5 de setembro 2026

  • 10:00 h. Praia dos Bloques: Half Triatlón Ribadeo.
  • 12:00 h. Pasarrúas Charanga BCB.
  • 14:00 h. Recinto feiral: Sesión vermú con La Hora Bruja.
  • 20:30 h. Pasarrúas Charanga BCB.
  • 23:00 h. Recinto feiral: verbena coa Orquestra Miramar e a Orquestra Fania Blanco Show.

Domingo, 6 de setembro 2026 - Día do Neno

  • 14:00 h. Recinto feiral: Sesión Vermú con Dúo Puma.
  • 16:00 h. O Cantón: actividades infantís, inchables e festa da escuma.
  • Pola tarde. Estadio municipal Pepe Barrera:Torneo Festas Patronais de Fútbol.
  • 20:30 h. Pasarrúas de Louband.
  • 23:00 h. Recinfo feiral: verbena con Grupo Origen e Panorama City.

Luns, 7 de setembro 2026 – Véspera da Patroa

  • 11:00 h. Bombas anunciarán a Véspera da Patroa.
  • 11:30 h. Saída de Cocos e Cabezudos acompañados de Illa Pancha.
  • 14:00 h. Recinto feiral: Sesión Vermú con Dúo Venus.
  • 20:30 h. Pasarrúas da Mekanika Rolling Band.
  • 23:00 h. Recinfo feiral: verbena con Los Satélites e Grupo Tekila.
  • 23:59 h. Gran sesión de fogos artificiais.

Martes, 8 de setembro 2026 – Día da Patroa

  • 11:00 h. Bombas anunciado o Día da Patroa.
  • 11:30 h. Casa do Concello: recibimento de autoridades e posterior acompañamiento ata a igrexa parroquial acompañadas de Illa Pancha.
  • 12:00 h. Igrexa Parroquial: misa solemne, cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo, seguida da procesión e do concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo.
  • 14:00 h. Recinfo feiral: Sesión Vermú con Dúo Matices.
  • 22:00 h. Recinfo feiral: festa verbena con Grupo D'Cano.
  • 23:00 h. Recinto Feiral: actuación de Mägo de Oz.

Os Cocos nas festas de Ribadeo

Fiestas en Ribadeo 2024
Imaxe: Turismo de Ribadeo

Sen dúbida algunha son o centro de atención das festas de Ribadeo. O Coco e a Coca son un dos seus maiores atractivos, dúas figuras que contan co cariño de toda a veciñanza do concello lucense e da súa contorna.

Os Cocos son a parella figurativa máis representativa de Ribadeo. Sobre eles sábese que os cartos da súa construción foron doados en 1870 (960 reais de billón) por José María Iglesias. Inicialmente construíronse coa idea de “contribuír a un maior recoñecemento das festas do Carme”, que daquela eran case máis importantes que as festas patronais.

O seu tamaño é de 3,5 metros de altura e contan cunha armazón metálica (anteriormente era de madeira) para que poidan ser transportados por persoas situadas no seu interior. Saen sempre a desfilar acompañados de cabezudos levados pola xente da vila.

A tradición ribadense, sen documentar, di que a parella na que se basearon o Coco e a Coca foi unha parella moi popular que viviu a mediados do século XIX e que os rizos que o Coco leva na fronte son unha lembranza da “liberdade” coa que a viviu Coca a súa relación matrimonial.

Veñan de onde veñan, os veciños de Ribadeo sacan cada ano os Cocos xunto aos cabezudos nas festas de San Roque e das patronais de Santa María do Campo para desfilar e amenizar o ambiente festivo. Se non podes acudir nesas datas, na Praza de San Roque hai unha reprodución metálica dos Cocos para poder admirar a súa peculiar beleza durante todo o ano.

As festas patronais de Ribadeo 2026 celébranse en setembro, para pechar os festexos do verán, que empezan cada ano co Ribadeo Indiano en xullo e continúan en agosto coa Xira de Santa Cruz e a festa de San Roque.

Fonte imaxe de cabeceira: Turismo de Ribadeo.