O Resu, Ortigueira, O Son do Camiño, o Morriña Fest… traémosche a lista completa de festivais Galicia 2026 para que saibas onde e cando se montan as festas cada mes do ano, en especial os festivais de Galicia no verán que son unha chea. Festivaleiro, garda ben esta información e compártea cos colegas cos que vas a ir de concertos en Galicia no 2026: datas, carteis, entradas…

Planifica a túa axenda de festivais en Galicia 2026 con este calendario de concertos que xa confirmaron data. Iremos actualizando o post co resto de festivais cando se vaian anunciando as datas de 2026:

Festivais en Galicia 2026 en verán: agosto

    Festival Sinsal SON Estrella Galicia

    Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2026

    Imaxe: Festival Sinsal

    O festival de Galicia no verán máis singular cambia de formato. Celébrase durante dúas fins de semana, un na illa de San Simón e Vigo; e outro, en Vigo e o Camiño Portugués. O cartel é secreto e ademais de concertos, o festival Sinsal realiza actividades culturais e conta con varios espazos gastronómicos para comer.

    • Cando: 24 - 26 de xullo 2026 e 31 de xullo - 2 de agosto 2026
    • Onde: Illa de San Simón, Vigo e Camiño Portugués
    • Cartel: secreto
    • Entradas: xa á venda aquí

    SonRías Baixas

    SonRías Baixas 2026

    Imaxe: SonRías Baixas

    A mellor ubicación para un festival de verán en Galicia, as Rías Baixas. O SonRías Baixas é un dos festivais máis lonxevos e conta con acampada gratis coa compra do abono para os tres días do festival e servizo de comida e bebida.

    • Cando: 30 de xullo - 1 de agosto 2026
    • Onde: Bueu (Pontevedra), no Recinto Multiusos da Estacada
    • Cartel: La M.O.D.A., La Pegatina, Biznaga, Ultraligera, Zahara Rave, Barry B, Alcalá Norte, Veintiuno, Alizza, Chiquita Movida, Cool Nenas, Eme DJ, Gara Durán, Hoonine, Juventude, Kike Varela, Duendeneta Dilleis, Mr. Kilombo, NDLR, Quinkillada, Rager, Sobrezero, Sonido Gallo Negro, Ulex.
    • Entradas: á venda aquí

    Festival de Pardiñas

    A asociación cultural Xermolos organiza dende 1980 este festival da cultura galega. O Festival de Pardiñas é música, cantos de taberna, artesanía, exposición de instrumentos tradicionais, talleres... e conta con zona de acampada gratis.

    • Cando: 31 de xullo - 2 de agosto 2026
    • Onde: Pardiñas, Guitiriz (Lugo), no recinto do balneario de Pardiñas
    • Cartel: Seimeira, Pandeireteiras Agrocovo, Bloquinho de Xermolos, Tanto nos ten, Alana + Lina e Lola, Eskorzo, Maloa Brothers, Arroxó, Sete Aldeas, Os Carecos, Dobranotch, Cholo Chicha, Bestas.
    • Entradas: gratis

    Festival Costa Feira

    Sanxenxo únese aos festivais de verán en Galicia cun ciclo de concertos no Polígono Industrial de Nantes. Costa Feira é música, foodtrucks, zona de recreo e aparcadoiro.

    • Cando: xullo - agosto 2026
    • Onde: Sanxenxo (Pontevedra), no Polígono Industrial de Nantes
    • Cartel:
      • Wake Up!: 24 – 31 de xullo 2026 e 7 – 14 agosto 2026
      • Electrolatino: 28 de xullo e 4, 11 e 18 de agosto 2026
      • Xavibo: 30 de xullo 2026
      • Nicky Jam: 3 de agosto 2026
      • Delaossa: 8 de agosto 2026
      • Loquillo: 10 de agosto 2026
      • Pop A Feira: Inazio, Íñigo Quintero, Malmö 040, Pavlenha…: 13 de agosto 2026
      • Rusowsky: 15 de agosto 2026
      • Taburete: 20 de agosto 2026
      • Aarón Sevilla: 21 de agosto 2026
      • Molan los 2000 Reggaetón: 22 de agosto 2026
    • Entradas: xa á venda online

    Castelo Rock

    A asociación Praia do Castelo organiza este festival de rock en Muros. En Castelo Rock hai concertos de pago na Praza do Mercado e tamén actuacións e actividades gratuítas no Curro da Praza ou na Praza da Pescadería entre outros espazos.

    • Cando: 6 - 8 de agosto 2026
    • Onde: Muros (A Coruña), na Praza do Mercado
    • Cartel: Big Special, Kid Kapichi, Law, Martin Human, Nadie González, Orquestra Bravú Xangai, Parquesvr, Saraiba, Tête de la course, True Mountains, Viva Belgrado, XianPais.
    • Entradas: xa á venda aquí

    Festa da Carballeira de Zas

    Festival de Galicia 2026 de música folk. Concertos, artesanía, natureza e moito máis na Festa da Carballeira de Zas, que ten lugar na Carballeira de Velar.

    • Cando: 7 - 8 de agosto 2026
    • Onde: Zas (A Coruña), na Carballeira de Velar
    • Cartel: El nido, Baiuca, David Pasquet, Paco Nogueiras, Xabier Díaz, Cé Orquestra Pantasma, Alana, Radio Cos, BackWest, Fillas de Cassandra, Señora DJ.
    • Entradas: xa á venda aquí

    Noroeste Estrella Galicia

    Sete días de concertos e artes escénicas nun festival que se expande por varios puntos da Coruña e que ten como escenario principal a praia de Riazor. O Festival Noroeste Estrella Galicia é un dos pratos fortes das festas de María Pita.

    O Marisquiño

    Un dos festivais de cultura urbana e deporte máis importantes de Europa. O Marisquiño permíteche gozar ao aire libre de concertos, gastronomía, competicións e exhibicións de skate, BMX, break dance, graffiti, batalla de galos e moito máis, na contorna do Porto Marítimo de Vigo e praia de Samil. Consulta os horarios aquí.

    • Cando: 6 - 9 agosto 2026
    • Onde: Vigo, na praia de Samil
    • Cartel: CANDi, El Virtual, Fresquito y Mango, High Paw, LG1DO, L0rna, Nueva Apóstol, Nusar3000, Rebeliom do Inframundo, VVV (Trippin'You), West Srk, Chalart58 & Matah, DJ ND, DJ Pimp, GAS Clube, Klin Klop, Lkina b2b Natalie, Luv Messender Sound, Nahno Selectah, NOIA...
    • Entradas: gratis

    Nachiños Fest

    A mellor música indie dáse cita en Ferrol en agosto no Nachiños Fest, no Peirao de Curuxeiras.

    • Cando: 14 - 15 de agosto 2026
    • Onde: Ferrol, no Peirao de Curuxeiras
    • Cartel: The Rapants, Baiuca, La Milagrosa, Puño Dragón, Pavlenha, Eris Mackenzie, Hydn, Raze, Grande Osso, Dj FLACA.
    • Entradas: xa á venda aquí

    Rock in Rian

    "O Festival da Ría" é o lema deste festival en Galicia que se celebra en Rianxo. Ademais de concertos, o Festival Rock in Rian conta con zona de acampada a 5 minutos do festival e moi preto do centro.

    • Cando: 14 - 15 de agosto 2026
    • Onde: Rianxo, no Parque de Galiza
    • Cartel: 9Louro, De Ninghures, Tona, Tapa D'Orella, Familia Caamagno, Orquestra Bravú Xangai, Recambios Tucho, EKOS, Al Borde del Despido, Sustanciados, Five Pipers, Fuego Lolita, Trópico de Grelos, Prieto Picado, Lumedoloop, Bisaiak, La Yaya DJ, Sorcha.
    • Entradas: á venda online

    Río Verbena Fest

    Río Verbena Fest 2026

    Imaxe: Río Verbena Fest

    Música urbana e grupos indies danse cita no Río Verbena Fest, un festival de verán en Galicia á beira do río Lérez. Podes comer nos foodtrucks do recinto. Tamén hai sesión verbena de balde na Praza Méndez Núñez.

    • Cando: 21 - 22 de agosto 2026
    • Onde: Pontevedra, na planicie do Recinto Ferial
    • Cartel: Love of Lesbian, Siloé, La La Love You, Carlos Ares, Sidonie, Sanguijuelas del Guadiana, León Benavente, Yoli Saa, Luis Fercán, Sarria, Cora, Los Acebos, Müntrails, Apolo18, French Riviera, Sergio el Indio DJ, Señora DJ.
    • Entradas: á venda online

    Festival Irmandiño de Moeche

    Festival Irmandiño de Moeche 2026

    Imaxe: Festival Irmandiño

    Neste festival de Galicia 2026 danse cita a historia das revoltas irmandiñas, a cultura e a música. O Festival Irmandiño de Moeche ten o seu día grande o sábado, cando se celebra o asalto ao castelo e o espectáculo pirotécnico e lumínico. Os concertos realízanse no escenario situado no campo do Castelo de Moeche e son gratis.

    • Cando: 21 - 23 de agosto 2026
    • Onde: Moeche, no campo do Castelo de Moeche
    • Cartel: Fillas de Cassandra, Xosé Lois Romero e Aliboria, Os d'Abaixo, No Cómbaro, Leirana, Zënzar.
    • Entradas: de balde

    Festiletras 2026

    Nova edición do festival da cultura galega. Ademais de concertos, Festiletras organiza mercado, feira de artesanía, actividades para os peques e moito máis.

    • Cando: 22 - 23 de agosto 2026
    • Onde: Aldea do Couto (Ponteceso)
    • Cartel: Muchachito Bombo Inferno, Grande Amore, Mondra, Neomak, Terrae, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Mecánica Rolling Band, Cé Orquestra Pantasma, Rompecinturas Selektor, concerto “Lembra Xabarín”, Brais Morán e Nasaufunk, Pakolas, Portosanto, Karaoke con Esteban, Monoulious Dop, Orquesta Neverloura, Paco Pecado, Do Rivés, Mamá Cabra.
    • Entradas: á venda online aquí

    Festival de la Luz

    Festival de la Luz 2026

    Imaxe: Festival de la Luz

    O Festival de la Luz é unha iniciativa da cantante Luz Casal na súa casa natal, en Boimorto. Ademais de concertos, neste festival de verán en Galicia podes gozar de mercado, artesanía, exposicións, gastronomía, zona infantil e zona de acampada.

    • Cando: 28 - 30 de agosto 2026
    • Onde: Boimorto (A Coruña)
    • Cartel: Pablo Alborán, Repion, Chambao, Boikot, Nena Daconte, La Bien Querida, Ráfaga, Puño Dragón, Luar na Lubre, La Paloma, Budiño, Ona Mafalda, Cómplices, Me Fritos and The Gimme Cheetos, Sabela, Treixadura, Bernal, Mäbu, Quinkillada, Maneiro, Los Motores, Emilio Rúa, Stivijoes, Vangoura, Los Acebos, Dani Cornes, Poi Floi, U2Live, Vimbio, The Benturas, Vamos con todo, BMA, Crebinsky Balkan Band, Stivijoes, Silee, Poi Floid, Delara, A Banda de Balbina, Banda de Música de Salceda, A Banda da loba, Lenincat, Santiaguiños de Boimorto, Kris K DJ.
    • Entradas: xa á venda aquí

    Areabesta Festival

    cartel festival areabesta 2026

    O Areabesta Festival celébrase na praia fluvial de Pozo Negro de Rebordelo, no Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra). Este festival de Galicia 2026 aposta polas bandas emerxentes e galegas.

    • Cando: 29 de agosto 2026
    • Onde: Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), na praia fluvial de Pozo Negro de Rebordelo
    • Cartel: Godiva, The Fall Of Atlantis, Kalte Sonne, Nukore, Music In Low Frequencies, Tálesien, Welcome Metalcore...
    • Entradas: gratis

    Festival O Son do Pazo

    Festival intercéltico, música, artesanía, gastronomía, espectáculos infantís e ata olimpíadas rurais é o que propón o Festival Intercéltico O Son do Pazo, en Mos.

    • Cando: 29 - 30 de agosto 2026
    • Onde: Mos (Pontevedra), na contorna do Pazo de Mos
    • Cartel: De Ninghures, Brais das Hortas, Comando Curuxás, Faltriqueira, Tres Pesos, Ikusgarri Euskal Dantzak Taldea, Airiños do Castelo, Nosa Terra de Pereiras.
    • Entradas: gratis

    Festivais en Galicia 2026 en setembro

    Recorda Fest

    O mellor do indie e do pop danse cita neste festival de verán en Galicia no Peirao de Batería da Coruña. Así é o Recorda Fest:

    • Cando: 4 - 5 de setembro 2026
    • Onde: A Coruña, no Peirao de Batería
    • Cartel: Cali y el Dandee, Juan Magán, La M.O.D.A., Marlon, Sidecars, Hombres G, Taburete, Galician Army, Hey Kid, Hydn, Inazio, Mafalda Cardenal, Señora DJ, Pavlenha + artista sorpresa.
    • Entradas: xa á venda online

    Osa do Mar

    Osa do Mar 2026

    Imaxe: Festival Osa do Mar

    A Asociación Cultural Fanto Fantini organiza o Festival Osa do Mar que se celebra en Burela, con concertos de pago e actividades gratis, como os Cantiños para os peques ou os concertos no barco museo.

    • Cando: 4 - 6 de setembro 2026
    • Onde: Burela (Lugo), no recinto da Praza do Concello
    • Cartel: The Rapants, Arume, Anxo Ferreira, Depedro, Eris Mackenzie, Éxtasis, Fillas de Cassandra, Gara Durán, Ginebras, Grande Osso, Juventude, Kornucopia vs Pandereteiros do Inferno, La Milagrosa, Ortiga, Portosanto, Rata, Señora DJ, Sobrezero, Xosé Maseda, West SRK.
    • Entradas: á venda online

    Flores Rock

    Festival de rock gratuíto na Coruña, no Barrio das flores. Concertos, actuacións do Flores Kids para os peques, Mercado das Flores.

    • Cando: 4 - 6 de setembro 2026
    • Onde: A Coruña, na Praza do Sol Naciente do Barrio das flores.
    • Cartel: horarios e cartel aquí
    • Entradas: de balde

    Revenidas

    Música, cultura e gastronomía danse cita no Festival Revenidas de Vilaxoán. O programa inclúe propostas tan orixinais como unha camiñada con música, os concertos a bordo pola ría de Arousa ou a tradicional sardiñada gratuíta no parque de dona Concha con animación. É que este festival en Galicia combina concertos de pago con actuacións e actividades gratis.

    • Cando: 10 - 13 de setembro 2026
    • Onde: Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), no porto de Vilaxoán
    • Cartel: The Rapants, El Drogas, Evaristo, La Gossa Sorda, Sara Hebe, The Salsa Punk Orkestra, Rebeliom do Inframundo, Kumbia Queers, Ilan Amores, Arrhythmia, Süne, Nadie González, Dakidarría, Bob Vylan, Fillas de Cassandra, 9Louro, Narco, Malifeta, Sons of Aguirre & Scila, El Pony Pisador, La Sra. Tomasa, De Vacas, Maloa Brothers, Tapa D’Orella, Lisdexia, Matah, Terrae, Taqbir, Awakate, Queen Rendi, As do Xeito, Yaya Dj, A Duendeneta.
    • Entradas: xa á venda online

    Fene Rock Festival

    O Fene Rock Festival combina un programa de concertos de pago e sesións vermú gratuítas. Ademais, conta cunha zona de acampada e espazo para autocaravanas para que goces deste festival en Galicia 2026 en setembro.

    • Cando: 18 - 20 de setembro 2026
    • Onde: Fene, no Paso de San Valentín
    • Cartel: El Drogas, Hamlet, Catalina Grande Piñón Pequeño, Aphonic, Abaixo cu sistema, Window Pane, Los Tigres del Cañotas. MV2, Nuada, Golfa, DJ4Tibrón, Galiza Sound Machine, Combos Rockschool.
    • Entradas: entradas á venda aquí

    Caudal Fest

    Caudal Fest 2026

    Imaxe: Caudal Fest

    Festival en Galicia imprescindible, o Caudal Fest é a última gran festa do verán. Músicos nacionais e internacionais danse cita no Xardín do pazo de Feiras e Congresos de Lugo, que conta con zona de descanso para durmir dentro do recinto e postos de comida.

    • Cando: 18 - 19 de setembro 2026
    • Onde: Lugo, no Xardín do pazo de Feiras e Congresos
    • Cartel: Lori Meyers, Siloé, Ultraligera, Xoel López, La La Love You, Pignoise, Sanguijuelas del Guadiana, Sexy Zebras, Barry B, Leire Martínez, Ortiga, Besmaya, Anni B Sweet, Carlos Ares, Inazio, No quiero, Veintiuno, Nunatak, Tere!
    • Entradas: xa á venda aquí

    Revoltallo

    Festival de música e cultura emerxente, que ten lugar na Carballeira do Pedregal, en Valladares. Así é o Revoltallo:

    • Cando: 18 - 20 de sepembro 2026
    • Onde: Vigo, na Carballeira do Pedregal, en Valladares
    • Cartel: proximamente
    • Entradas: gratis

    Festival Maré

    Anota no teu calendario de festivais en Galicia 2026 o Maré - músicas e artes atlánticas, en Santiago de Compostela. Ademais de concertos, hai gala de clausura, actividades para nenos, pasarrúas, circo, mercado de artesanía ou poesía.

    • Cando: 23 - 27 de setembro 2026
    • Onde: Santiago de Compostela, en Teatro Principal, Sala Capitol, Igrexa da Universidade, Sala Riquela.
    • Cartel: proximamente
    • Entradas: proximamente

    Rock In Cambre

    Un clásico dos festivais de Galicia 2026 é o Rock In Cambre. Bandas locais e artistas do momento poñerán música a un concerto gratuíto no Campo da Feira.

    • Cando: 25 - 26 de setembro 2026
    • Onde: Cambre, no Campo da Feira
    • Cartel: Medina Azahara, Carlangas, Biznaga, Boikot, Me Fritos and the Gimme Cheetos e máis por anunciar.
    • Entradas: de balde

    Festivais en Galicia 2026 en outubro

    Murallón de Son

    Festival organizado pola Asociación Festibandeira da comarca do Deza. Murallón de Son combina concertos, gastronomía e actividades ao aire libre. Ten zona de acampada gratis no polideportivo do CEIP Ramón de Valenzuela.

    • Cando: 2 - 3 outubro 2026
    • Onde: Silleda (Pontevedra), na Carballeira da Pomba da Bandeira
    • Cartel: proximamente
    • Entradas: proximamente

    Salitre Vigo Festival

    Primeira edición do festival que se celebra en varios espazos da cidade. Goza da mellor música electrónica no Salitre Vigo Festival, que ademais inclúe outras actividades culturais.

    • Cando: 9 - 11 de outubro 2026
    • Onde: Vigo, en varios espazos: Palacio de la Oliva, Mondo Club, espazo polivalente Muta e Fundación Sales.
    • Cartel: proximamente
    • Entradas: proximamente

    Castañazo Rock

    A Asociación Cultural O Castañazo, en Chantada (Lugo), organiza o Castañazo Rock, o festival de outono en Galicia de música rock.

    • Cando: 30 - 31 de outubro 2026
    • Onde: Chantada (Lugo), no recinto cuberto do Mercado gandeiro
    • Cartel: Moscow death brigade, Tremenda Jauría, Rebeliom do inframundo, Kaotiko, Kúspide, Grande Amore, Sons of Aguirre & Scila, Neomak, Kumpania Algazarra, Los cuerdos de atar.
    • Entradas: xa á venda aquí

    Novembro: festivais en Galicia 2026

    Outono Códax Festival

    Co Outono Códax Festival, a música soul, rythm&blues, funk e rock´n roll chega a varias salas de Santiago.

    • Cando: 7 - 28 de novembro 2026
    • Onde: Santiago de Compostela, na Sala Capitol, Riquela Club
    • Cartel: Kitty, Daisy & Lewis Skanderani, Tiwayo, Henge, Oh! Gunquit, DeRobert & The Half-Truths, MRCY, Barrence Whitfield with MFC Chicken, The Fuzztones, The Sadies, Howlin' Jaws, Terra Lightfoot e máis por anunciar.
    • Entradas: xa á venda aquí

    BreaSon

    BreaSon é o festival cultural organizado pola Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo. Conta con zona de acampada dispoñible no polideportivo Viñas da Veiga, carpa, sesión vermú, foliada, magosto, xogos populares e talleres de artesanía.

    • Cando: 7 novembro 2026
    • Onde: Mondoñedo (Lugo), na praza da Catedral
    • Cartel: proximamente
    • Entradas: gratis

    Festival Underfest

    Festival urbano en Vigo con concertos repartidos en varios puntos da cidade e estilos moi diferentes, que converteron ao Festival Underfest nun referente dos festivais en Galicia no outono.

    • Cando: novembro 2025
    • Onde: Vigo, no Teatro Afundación, sala Radar, sala Masterclub, Teatro Salesianos...
    • Cartel: St. Paul & The Broken Bones e máis por anunciar.
    • Entradas: xa á venda aquí

    Festivais que xa tiveron lugar este 2026

    Festivais de febreiro en Galicia 2026

    Invernia Fest

    Chega a Pontevedra un dos festivais de Galicia 2026 que se celebra no inverno. O mellor do rock e do pop nacional danse cita en Invernia Fest. Ademais, ofrece foodtrucks para comer.

    • Cando: 6 febreiro - 7 de febreiro 2026
    • Onde: Pontevedra, no Recinto Feiral
    • Cartel: Sôber, Efecto Mariposa, Chroma, Green Hot Peppers, La Fuga, Obús, Agoraphobia, Afónica Naranjo, Gansos Rosas, Liorta e DJs.
    • Entrada: xa á venda aquí

    Festival Queixo de Arzúa

    Festival Queixo de Arzúa 2026

    Imaxe: Festa Queixo de Arzúa

    Festival de música que se celebra durante a Festa do Queixo de Arzúa.

    • Cando: 27 febreiro - 1 de marzo 2026
    • Onde: Campo da feira de Arzúa
    • Cartel: Dorian, Dakidarría, Dulzaro, Cool Nenas, Dogo, Budiño, Ialma, MJ Pérez.
    • Entrada: gratis

    Marzo: festivais en Galicia 2026

      ExpoRock Festival

      O mellor da música rock reúnese na Coruña neste festival de Galicia 2026 que se celebra en marzo. Ademais dos concertos, ExpoRock Festival conta con Feira Vintage, foodtrucks e exposición de Harley-Davidson.

      • Cando: 14 de marzo 2026
      • Onde: A Coruña, en Expocoruña
      • Cartel: M-Clan, Soziedad Alkoholika, El Drogas, Talco, Obús, Ciclonautas, Agoraphobia.
      • Entradas: á venda aquí

      Lingua Urbana Fest

      Festival de Galicia 2026 dentro dos Concertos do Xacobeo. Lingua Urbana reúne no Ifevi de Vigo a importantes artistas da música urbana.

      • Cando: 27 de marzo 2026
      • Onde: Vigo, no Ifevi
      • Cartel: La Pantera, C Marí, Lorna, Metrika, Sticky M.A., 9Louro, West SRK, DJ sets: Sote, Skinyz, Telmo Brea, Valensk8.
      • Entradas: á venda aquí

      Os festivais en Galicia 2026 en primavera: abril

      Wake Up! Festival

      O festival de música electrónica Wake Up! celebra en Vigo unha edición especial con motivo da Semana Santa.

      • Cando: 1 - 2 abril 2026
      • Dónde: Vigo, no Ifevi
      • Cartel: Klangkuenstler, Chris Liebing, Felicie, Luke Slater, Isma B, Muiños, Franky Rizardo, Loco Dice, Marco Carola, Paco Osuna, Caste & Selles, Milutxo.
      • Entradas: á venda aquí.

      Modo Perreo - Reggaeton Festival

      O festival de Galicia 2026 de reggaetón antigo e electro latino chega a Vigo. O IFEVI acolle a próxima cita do calendario:

      • Cando: 3 abril 2026
      • Onde: Vigo, no Ifevi
      • Cartel: Dasoul, Henry Mendez, Kiko Rivera, K-Narias, UnaIII, Planas, Anxo Silva.
      • Entradas: á venda aquí.

      Camiño Norte Fest

      Ribadeo acolle o festival Camiño Norte Fest, que reúne a música dunha das mellores orquestras (ademais, estreando xira) e os sons de dous DJs.

      • Cando: 2 abril 2026
      • Onde: Ribadeo
      • Cartel: Orquesta Panorama, DJ Alejandro Martínez, DJ Litainer.
      • Entradas: á venda aquí.

      One Dance

      Festival dance das décadas 90, 2000, 2020 no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). Baila cos mellores temas das últimas tres décadas en One Dance.

      • Cando: 4 abril 2026
      • Onde: Vigo, no Ifevi
      • Cartel: Alice DJ, Barthezz, Carolina Marquez, DJ Quicksilver, DJ Sammy, DJ Sash!, Ian Van Dahl x Astroline, Kate Ryan, Lasgo, Lou Bega, Rebeca, Sylver, Whigfield, DJ Rob, DJ Mark Deluxe, Yaser, Marcos, DJ Charlie, Traffic House, Toni Seijas.
      • Entradas: xa á venda aquí.

      A Candeloria

      A Candeloria 2026

      Imaxe: A Candeloria

      A Candeloria é o festival lucense de rock. Ademais, Feira Candeloria, foodtrucks, sesión vermú, pasabares no barrio da Ponte, buses.

      • Cando: 11 de abril 2026
      • Onde: Lugo, no Pazo de Feiras e Congresos
      • Cartel: Non Servium, Dakidarría, Boikot, Tremenda Jauría, Juantxo Skalari & La Rude Band, Arrhythmia, Me Fritos and The Gimme Cheetos, Jordi Pánico.
      • Entradas: compra online aquí

      Festival Jaleo!

      Festival Jaleo! 2026

      Imaxe: Festival Jaleo!

      Festival en Galicia en 2026 para gozar de boa música durante todo o ano.

      • Cando: 11 de abril 2026
      • Onde: Santiago, no Multiusos Fontes do Sar
      • Cartel: Ultraligera, Xoel López, Ojete Calor, Sidonie, De Ninghures, Señora DJ.
      • Entradas: compra online aquí

      Picnic Sesións

      Outro dos festivais de Galicia 2026 en abril é Picnic Sesións, unha fin de semana de música, foodtrucks, obradoiros ou espazo infantil. Organiza a asociación cultural Lideiras na parroquia de Saiáns, en Vigo.

      • Cando: 11 - 12 de abril 2026
      • Onde: Vigo, na parroquia de Saiáns
      • Cartel: A Banda dos insectos, alumnos Gain Over, Sun Iou, Mambas Negras, Peter Punk, La Yuca Funk, Red Duck Blues.
      • Entradas: de balde

      FIV de Vilalba

      FIV de Vilalba 2026

      Imaxe: FIV de Vilalba

      O FIV de Vilalba é un clásico da música indie. Conta con zona de acampada e servizo especial de autobús.

      • Cando: 24 - 25 de abril 2026
      • Onde: Vilalba (Lugo), na praza da Constitución
      • Cartel: La M.O.D.A., Carlos Ares, Alcalá Norte, Ángel Stanich, Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Banda de Música de Vilalba, Grande Osso, Rapariga DJ, Futuro Alcalde.
      • Entradas: á venda online

      Orballo Fest

      O Orballo Fest é un festival de Galicia 2026 gratuíto que se celebra en abril no Rosal.

      • Cando: 25 de abril 2026
      • Onde: O Rosal (Pontevedra), na Praza do Calvario
      • Cartel: DJ Anxo Silva, Joselete, Famous Corner, DJ G. Rich, DJ Divergente, DJ Diego Wass.
      • Entradas: gratis

      Os festivais de Galicia 2026 en maio

      Fa Ce La Fest

      Fa Ce La Fest leva a Lugo o mellor da música independente.

      • Cando: 6 - 9 de maio 2026
      • Onde: Lugo, no Parque da Milagrosa
      • Cartel: Temples, Shego, Australian Blonde, Triángulo de Amor Bizarro, Pacífica, Axolotes Mexicanos, Toldos Verdes, Bernal, Los Palms, Ripship, Sigilu, Error 97, Filophóbicas, Fotocopia, Aeronave Adolescente, Las Yadhys, The Foolans, Sapo Bufo.
      • Entradas: á venda aquí

      Millo Verde

      Festival alternativo de música, actividades culturais e deportivas. Así é o Millo Verde que se celebra na área Recreativa da Praia de Cesantes, en Redondela. Tamén conta con zona de acampada.

      • Cando: 21 - 23 de maio 2026
      • Onde: Redondela, na Área Recreativa da Praia de Cesantes
      • Cartel: Nadie González, Pladür,Vimbio, La Chiva Gantiva, Pan de Capazo, Iyaman Pablo & Irie Reggae Vibes, Mitad Doble, Esmorgadas, Grupo Maquetas, Rebeliom do Inframundo, Alpargata, FÜLÜ, Catalina Grande Piñón Pequeño, Carmen Xía, Lula Mora, Esmorgadas, Bloquinho Aperta, Moon Cresta.
      • Entradas: á venda aquí

      Ourensound Fest

      Ourensound Fest 2026

      Imaxe: Ourensound Fest

      Festival de música rock en Ourense. O Ourensound Fest conta con zona de acampada e estacionamento de furgos.

      • Cando: 22 - 24 de maio 2026
      • Onde: Campo fútbol Parque tecnolóxico San Cibrao das Viñas - Ourense
      • Cartel: Love of Lesbian, Iván Ferreiro, Carlos Ares, Alcalá Norte, Fontán, La M.O.D.A., Siloé, Duncan Dhu, Marlon, Niña Polaca, Abril, La Duendeneta, Mr. Kitos + concerto de balde na Praza Pereiro de Aguiar a cargo de A Tarabela Ambulante.
      • Entradas: compra online aquí

      Riot GZ Fest

      Novo festival en Galicia 2026 que reúne aos mellores grupos de punk en Lugo. Riot GZ Fest celébrase durante dous días no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

      • Cando: 22 - 23 de maio 2026
      • Onde: Lugo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
      • Cartel: Evaristo (repasa a súa carreira: La Polla Records, The Kagas, Tropa do Carallo, The Meas, Gatillazo) The Toy Dolls, Perkele, Cockney Rejects, Bull Brigade, Sham 69, The Rumjacks, Arene 6, Lion's Law, Keltoi, Ruxe Ruxe, Misconduct, Chulería, joder, True Mountains, Jawless, Jordi Pánico.
      • Entradas: compra online aquí

      Xuño: festivais en Galicia 2026

      Wake Up SDC

      Festival de música electrónica na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

      • Cando: 5 - 6 de xuño 2026
      • Onde: Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura
      • Cartel: Adiel, Aerea Live, Alarico, Andrés Campo, Annë, Ben Klock, Ben Sims, Bila, Bixbita, Blasha & Allatt, Cristian Varela, Dax J, Fatima Hajji, Future.666, Isma B, Joris Voorn, Karras Martínez B2B Mury, Laia B2B Shadow Hrym, Lee Ann Roberts, Luxi Villar, Marron, Muíños B2B Zero Delay, Pastis & Buenrí & DJ Sisu, Pawlowski, Prada2000, The Lady Machine, Vendex.
      • Entradas: xa á venda

      Surfing the Lérez Festival

      Festival gratuíto e benéfico á beira do río Lérez. Surfing the Lérez Festival conta con zona infantil de actividades, foodtrucks e mercado.

      • Cando: 12 - 13 de xuño 2026
      • Onde: Pontevedra, na Illa das esculturas ou Illa do Covo
      • Cartel: The Rapants, Freedonia, Grande Amore, Niños Bravos, Freedonia, 9Louro, Mad Foxes, Estrogenuinas, Elegnelo, Cora Yako, Familia Caamagno, El Nido, Señora DJ, Balteira, Portosanto, Camellos, La Gloria, Nadie Patín, Dani Cornes, Galician Army, Mamasunción, The Limboos, Gold & Colt, The Twist Connection, Hofe, Queen Rendi, Colectivo da Silva, Alizza, El Nido, Maefield, Sergio el Indio, DJ Mil, Elegnelo, Carlos Crespo, Duendeneta Dilleis, Eme DJ, Gorllitox, Kris K DJ, La Yaya DJ, Nida, Yago Rivas + programación infantil.
      • Entradas: gratis

      O Son do Camiño

      O Son do Camiño 2026

      Imaxe: O Son do Camiño

      Un dos primeiros festivais de verán de Galicia, O Son do Camiño reúne a miles de festivaleiros cada ano no Monte do Gozo de Santiago.

      • Cando: 18 - 20 de xuño 2026
      • Onde: Santiago de Compostela, no Monte do Gozo
      • Cartel: Linkin Park, Katy Perry, Dani Martín, Lola Índigo, Biffy Clyro, DJ Snake, Afrojack, Guitarricadelafuente, Sen Senra, Dorian, Hoobastank, Carlos Ares, Sexy Zebras, Leire Martínez, Niña Polaca, MVRK, The Bloody Beetroots (DJ set), Barry B, Carlangas, D. Valentino, Ortiga, The Molotovs, Corella, Michenlo, Sarria, Habló Pablo + Escenario Son Electro: Aida Blanco, Bárbara Lago, Bego Martín, Carlita, Caste, DJ Gigola, Héctor Oaks, HoneyLuv, Hoonine, Jimi Jules, MCR-T, Paramida, Patrick Mason (house set) B2B HAAi, Perel, Supergloss, Tout Sanders, Viviana Casanova, Li/Lu.
      • Entradas: á venda aquí

      Perla Mural Fest

      Grandes concertos neste festival de Galicia 2026 que se celebra en Fene. Ademais de música, goza dos murais e moito máis en Perla Mural Fest.

      • Cando: 22 - 28 de xuño 2026
      • Onde: Fene, en Perlío
      • Cartel: Rufus T. Firefly, Tu otra bonita, Carlangas, Melon Diesel, Luis Fercán, True Mountains, Battosai, Zavala & Atalaias de Caión, DJR4TIBRÓN, Daft Punk Vibes + vermú entrada gratis: Innsbruck, Los jinetes del trópico, Festicultores Troupe, Los Tigres del Cañotas.
      • Entradas: á venda aquí

        Fumega Fest

        Os amantes do rock e o metal teñen unha cita nun escenario singular, como é o Parque do Pasatempo de Betanzos. Outro dos festivais de Galicia 2025 para anotar na túa axenda.

        • Cando: 26 - 27 xuño de 2026
        • Onde: Betanzos, no Parque do Pasatempo
        • Cartel: Stoned Jesus, Conan, Burst, Causa Sui, Wet, Cactus, Men Eater, Travo, Moura, Lucifernaga, Volcanova.
        • Entradas: á venda aquí

        Galicia Fest

        Festival de Galicia 2026 que se celebra en xuño en Vigo. O Galicia Fest tráeche aos mellores grupos do indie e pop nacional, no marco dos concertos do Xacobeo. Ademais de música, podes gozar de foodtrucks e barras.

        • Cando: 26 - 27 de xuño 2026
        • Onde: Vigo, no Porto de Vigo
        • Cartel: La Reina del Flow, Coti, Maryland, Miriam Rodríguez, Pablo Lesuit, Sabela, José de Rico, Álvaro de Luna, Juan Magán, Lori Meyers, Taburete, Carla Lourdes, Fredi Leis, Marlena, Vera Fauna.
        • Entradas: á venda aquí

        Petra Rosa Festival

        Música en directo nunha contorna única, nunha canteira de granito rosa convertida en escenario. Esa é a proposta de Petra Rosa Festival no Porriño. Anota estes concertos no teu calendario de festivais en Galicia.

        • Cando: 26 - 28 de xuño 2026
        • Onde: O Porriño, na Estrada a Salceda, S/N, 36418
        • Cartel: Fiesta Bresh, Pablo López, Antonio Orozco, Sergio Dalma.
        • Entradas: á venda aquí

        Fisterra Experience

        Os mellores artistas do territorio danse cita no festival Fisterra Experience. Música nunha contorna única é a proposta deste festival de Galicia 2026 que se celebra en xuño.

        • Cando: 26 - 28 de xuño 2026
        • Onde: Fisterra, na rúa da Foliada
        • Cartel: Adhara & Ritman, Caamaño & Ameixeiras, Catuxa Salom, Depedro, Haylen, Kike Varela, Panko DJ, Marcos Coll - Javier Turnes & The Centolo cousins + Gran Bazar, Mr. Coll, Trópico de Grelos, A vela circo Sororas.
        • Entradas: á venda aquí

        Festivais en Galicia en verán 2026: xullo

        Noites do Porto

        Un dos festivais en Galicia 2026 que se consolida é Noites do Porto, que cambia de datas a xuño. Este ciclo de concertos na Coruña celébrase no Peirao de Batería e amplíase a outras salas da cidade como o Playa Club, Mardi Gras, Garufa Club, Jazz Filloa e Inn Club.

        • Cando: 22 xuño - 5 de xullo 2026
        • Onde: A Coruña, no Peirao de Batería e outras salas da cidade
        • Cartel: Lela Soto (22 de xuño 2026, en Jazz Filloa), Xoel López + Caamaño & Ameixeiras (23 de xuño 2026, no Peirao de Batería), La Tania + Gitano de Palo (25 de xuño 2026, en Garufa Club), Barry B + Vera Fauna (26 de xuño 2026, no Peirao de Batería), The Horrors (27 de xuño 2026, en Inn Club), ELLiS-D + Apolo18 (28 de xuño 2026, en Mardi Gras), Curtis Harding (30 de xuño 2026, en Inn Club), Coti + Monsieur Periné (1 de xullo, no Peirao de Batería), María José Llergo (2 de xullo 2026, no Teatro Colón), Nadadora (3 de xullo 2026, en Garufa Club), Myele Manzana (5 de xullo, en Jazz Filloa).
        • Entradas: á venda aquí

        Resurrection Fest

        Resurrection Fest 2026

        Imaxe: Resurrection Fest

        O festival heavy de Galicia por excelencia, o Resurrection Fest. Metaleiros de todo o mundo reúnense en Viveiro para escoitar ás grandes estrelas internacionais do heavy e do rock. O Resu dispón de zona para durmir no Resucamp, na praia de Area, zonas de acampada libre e mesmo zona Glamping.

        • Cando: 1 - 4 de xullo 2026
        • Onde: Viveiro (Lugo)
        • Cartel: Sabatou, Iron Maiden, Limp Bizkit, Marilyn Manson, A Day to Remember, Anthrax, Trivium, Mastodon, Testament, Angelus Apatrida, Bleed from within, President, High Vis, Blues Pills, Hamlet, Lionheart, Borknagar, Caskets, Dying Wish, Gaerea, Faetooth, Dogma, Self Deception, Annisokay, The Callous Daoboys, The Browning, Psychonaut, Iscream Never Ground, Authority Zero, The Funeral Portrait, Witch Club Satan, The Pretty Wild, A.A. Williams, Harm’s Way, Burning Witches, End it, Distant, Last train, The Scratch, Immortal Disfigurement, Return to dust, Hulder, TSS, Belvedere, Gridiron, Rosalie Cunningham, Blood Command, Frontierer, Initiate, Ciclonautas, The Gems, Hand of Juno, Vulvarine, God Complex, Blood Vulture, The family men, Cwfen, Fuet!, Lampr3a, Aneuma, Not yet, Todomal, Cardiac, Stellvris, Mourir, Her anxiety, Crowded, Okkultist, Cavalera Conspiracy – Chaos Ad, P.O.D., Blood Incantation, Converge, The Rasmus, Imminence, Thrown, Caliban, House of protection, Feuerschwanz, Man with a misión, Get the shot, The vintage caravan, Nevertel, Black Maracas, Fallen at dawn, Blaze the Trail, Nukore, Oslo Ovnies, Pants off, Madmess, Kruddö.
        • Entradas: xa á venda online

        Sil Fest

        Festival de verán en Galicia 2025 no Barco de Valdeorras. Sil Fest ten programados concertos, actuacións para os peques, mercado, catas, zona de acampada e moito máis a beiras do río Sil, na praia fluvial.

        • Cando: 2 - 4 de xullo 2026
        • Onde: O Barco de Valdeorras, no Paseo do Malecón
        • Cartel: Morgan, La Paloma, Puño Dragón, Hinds, L.A., Bum Motion Club, Begut, Adrian Timms, Zabriskie, Mazu, La Gloria, Sr. Jingles, Os Parrandas, DJ90, Dani Argü DJ, Hawkins DJs, Dj Repunante, Henriko (#MiniSilFest), Paco Nogueiras (#MiniSilFest).
        • Entradas: xa á venda online

        Festival Armadiña Rock

        Combarro celebra o festival de música e cultura Armadiña Rock a principios de xullo. Non perdas este festival gratis en Galicia 2026.

        • Cando: 3 - 5 de xullo 2026
        • Onde: Combarro, na Praza da Chousa
        • Cartel: Rager, Orquestra Bravú Xangai, Bule, Lisdexia, Noite fechada, Ruxe ruxe, Monoulious DOP, Balkan Bomba, Collón de Lola, Rager, Terapia de Grupo, Malkeda, El 4º sentido, Batucada Os Queimatasas, Pandereteiras do Ronsel, Pandereteiras de Armadiña, Abaixo cu sistema, Skadelos.
        • Entradas: gratis

        Rapa Sons Sabucedo

        Festival de música dentro das festas da Rapa das bestas. Os concertos de Rapa Sons teñen lugar durante toda a fin de semana en varios espazos, como o Curro, a Fonte ou o Campo do Medio, ademais dos pasarrúas.

        • Cando: 3 - 6 xullo de 2026
        • Dónde: Sabucedo (A Estrada), no Curro, a Fonte e o Campo do Medio.
        • Cartel: A Banda das Crechas, Swingers do swing, Gin Toni's, La Sincereza Pinchacumbias, Cé Orquestra Pantasma, Reynier Aldana.
        • Entradas: de balde

        Atlantic Pride

        Atlantic Pride 2026

        Imaxe: Atlantic Pride

        O Atlantic Pride é o festival de cultura LGTBI+ da Coruña con concertos gratis por toda a cidade.

        • Cando: 5 - 12 de xullo 2026
        • Onde: A Coruña, na Fundación Luis Seoane, Praza de Pontevedra, Xardíns de Méndez Núñez
        • Cartel: Miriam Rodríguez, Azúcar Moreno, Soraya, Zahara Rave, Alba Reche, María Isabel, Jorge González, Ricky Merino, Kika Lorace, Tú peleas como una vaca, Arde, Saia Santa, Whigfield, Choriza May, Electra, Julieta, Kika Lorace, Kim Miller, La Niña Delantro, Arde, Chloe Vittu, Jonydasvie, Montedapena, raze, Pitita, Sasha Moon, Saia Santa, Dennis Moore, Oro jondo, Terrae DJ's, Paola, DJ90, DJ Cés, DJ Flashback, DJ Licho.
        • Entradas: gratis

        O Gozo Festival

        O Gozo Festival

        Imaxe: O Gozo Festival

        O Gozo Festival leva a diferentes cidades galegas aos artistas internacionais máis recoñecidos durante todo o ano. É un dos festivais de Galicia máis esperados.

        • Cando: marzo - xullo 2026
        • Dónde: A Coruña, Santiago de Compostela
        • Cartel:
          • The Kooks: 5 de marzo 2026, Sala Pelícano da Coruña. Compra entrada
          • Tom Jones: 7 de xullo 2026, Coliseum da Coruña. Compra entrada
          • Garbage: 6 de xullo 2026, Sala Pelícano da Coruña. Compra entrada
          • Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora, Miriam Rodríguez: 11 de xullo 2026, Monte do Gozo de Santiago de Compostela. Compra entrada
        • Entrada: xa á venda online

        Festival PortAmérica

        Festival PortAmérica 2026

        Imaxe: PortAmérica

        Música independente, gastronomía de importantes cociñeiros, mercado, zona de acampada e de furgos... Así é o PortAmérica, festival en Galicia de verán imprescindible.

        • Cando: 9 - 10 de xullo 2026
        • Onde: Caldas de Reis (Pontevedra), no recinto da Azucreira de Portas
        • Cartel: Rigoberta Bandini, Fillas de Cassandra, The Rapants, Niña Polaca, Hey Kid, Marina Reche, Amoebo, Hombres G, M-Clan, Eliades Ochoa, Sexy Zebras, Grande Amore, Repion, Orkesta Mendoza, Eladio y los Seres Queridos, Alejo, Candela Liste, Dani Martín, Amaia, Xoel López, Sanguijuelas del Guadiana, Instituto Mexicano del Sonido, Meridian Brothers, Noelia Franco, Nortec: Bostich + Fusible Full Band, La Duendeneta, Oski, Señora DJ, Grupo de Baile Senior Uned, La Magia del Color – Down Vigo, Premio Portamérica Vigo Porté 2026.
        • Entradas: xa á venda online

        Festival de Ortigueira

        Festival de Ortigueira 2025

        Imaxe: Festival de Ortigueira

        O festival de música celta máis importante é un clásico do mes de xullo. Concertos, exposicións, talleres, desfiles... nun enclave único. O Festival de Ortigueira está declarado Festa de interese turístico. Poderás deixar o coche en varios aparcadoiros e acampar gratis na zona habilitada na praia de Morouzos.

        • Cando: 9 - 12 xullo de 2026
        • Onde: Ortigueira (A Coruña)
        • Cartel: Anxo Lorenzo, Rubén Alba, Noon, Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos, Xara, Bagad de Vannes - Melinerion, Eilbhe, G.E. L'Oriente, Banda Gaites Saxum, Banda de Gaitas O Pichel, Grupu Etnográficu L’Oriente, Bandina Los Maruetos, North Coast Irish Dance, Lar Gallego de Sevilla, Airiños do Paseo de Colón, 7 Ferrados, Cantos de Taberna Xermolos, A.C. Sadeo...
        • Entradas: gratis

        Rock in Río Tea

        Festival gratuíto de rock de Ponteareas. Ademais dos grandes concertos do verán, celebra durante todo o ano o concurso de bandas Rock in Río Tea e o Rock na Rúa, con actuacións ao aire libre por toda a cidade.

        • Cando: 10 - 11 de xullo 2026
        • Onde: Ponteareas, no Parque da Feira Vella
        • Cartel: Kiko Veneno, Los Enemigos, Rebelióm do inframundo, Arrhythmia, Estrogenuinas, Errantes, Pladür, O Caimán do río Tea, Alumnos do CDM Rock School, Talento Xove.
        • Entradas: gratis

        Alén Metal Fest

        O Alén Metal Fest é un festival gratuíto en Galicia que se celebra en Vilagarcía de Arousa no mes de xullo.

        • Cando: 11 de xullo 2026
        • Onde: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), no Parque da Xunqueira
        • Cartel: Nervosa, Leo Jiménez, Pitch Black, Resurge, Cabodano.
        • Entradas: gratis

        Festival Ribeiro Son de Viño

        Música en directo e degustacións de viño nun marco incomparable, a praia da Barrosa, en San Vicente do Mar (O Grove). Así é o Festival Ribeiro Son de Viño que dura todo o día.

        • Cando: 11 de julio 2026
        • Onde: O Grove (Pontevedra), no Náutico de San Vicente do Mar
        • Cartel: Puño Dragón, Santi Araújo, Catuxa Salom, El Zar, DJ Toni B. Willish.
        • Entradas: á venda aquí

        Big Sound Festival

        Festival de música urbana que chega a Pontevedra e súmase aos festivais de verán en Galicia 2026.

        • Cando: 17 - 18 xullo de 2026
        • Dónde: Pontevedra, no Parque de Tafisa
        • Cartel: María Becerra, David Bisbal, Nathy Peluso, Ana Mena, Juan Magán, Luck Ra, Lucho RK, Yami Safdie, Nil Moliner, Besmaya, Despistaos, Hens, Chema Rivas, Big Lois, Gemeliers, Lgido, Mafalda Cardenal, Natalia Lacunza, Rager, Yami Safdie, Besmaya, Luc Loren, Hens.
        • Entradas: xa á venda online

        Coruña Sounds

        Coruña Sounds é un deses festivais de verán en Galicia que che trae grandes artistas no seu ciclo de concertos.

        • Cando: maio - xullo 2026
        • Onde: A Coruña, no Coliseum e Palacio da Ópera
        • Cartel:
        • Entradas: entradas xa á venda online

        Atlantic Fest

        Atlantic Fest 2026

        Imaxe: Atlantic Fest

        Clásico festival do verán en Galicia, o Atlantic Fest é moito máis que música na praia A Concha. Ofrece gastronomía, actividades para os peques, zona de acampada e autobuses lanzadeira gratis dende varios puntos.

        • Cando: 17 - 19 de xullo 2026
        • Onde: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), na praia A Concha
        • Cartel: Franz Ferdinand, Los Planetas, Two Door Cinema Club, Carolina Durante, Joe Crepúsculo, Aiko El Grupo, Carlos Ares, Nacho Vegas, Shame, Depresión Sonora, Triángulo de Amor Bizarro, Nadadora, Grande Osso, Alonso.
        • Entradas: á venda online

        Ether - An Electronic Odyssey

        Ether-An Electronic Odyssey é un festival de música electrónica en Galicia que se celebra no verán en Viveiro.

        • Cando: 17 - 18 de xullo 2026
        • Onde: Viveiro (Lugo), no parque Pernas Peón
        • Cartel: DJ Swisherman, DJ Pepo, Deetron, Grace Dahl, Adriana López, Dave.It aka Buenri, Lkina b2b Mascarell, Alex Vigo, Tesa b2b Weisheit, Rage Amoretty, Karras Martínez, Certain, Jen Cruz, DJ Pergo, Oxygeno.
        • Entradas: xa á venda aquí

        Festival Aturuxo

        Festival de música galega en Bravos, Ourol. Concertos, feira artesá, xogos para todas as idades, comida, zona de acampada e moito máis no Festival Aturuxo.

        • Cando: 17 - 18 de xullo 2026
        • Onde: Ourol (Lugo), en Chao de Bravos
        • Cartel: Pandereiteiros do Inferno, Tumba e dalle, A banda da Balbina, Sabela, Vimbio, As Ferriñas, As Faiscas, Arume, Pandeireteiras da Sementeira.
        • Entradas: gratis

        Festival das Carrilanas de Esteiro

        Festival de música gratis que se celebra dentro do programa das Carrilanas de Esteiro, en Muros.

        • Cando: 17 - 19 de xullo 2026
        • Onde: Esteiro, Muros (A Coruña), en Ribeira de Maio
        • Cartel: The Rapants, Baiuca, 9Louro, Treixadura, De Ninghures, Familia Caamagno, Alddara, Xián Pais, Mekánika Rolling Band, Orquesta Neverloura, Señora DJ, Kike Varela, Duendeneta Dilleis, Moe DJ.
        • Entradas: gratis

        Son do Mar Festival

        O Son do Mar 2026 celébrase en Meaño con tres días de concertos para que goces dun dos mellores festivais de Galicia 2026. Non perdas este festival de rock, indie e música urbana este verán.

        • Cando: 23 - 25 de xullo 2026
        • Onde: Meaño
        • Cartel: Maldita Nerea, Marlon, Luis Fercán, The Rapants, Europe, Bala, Lia Kali, 9Louro, Kapo, Ovy On The Drums, OBK, Tam Tam Go, Omar Montes...
        • Entradas: xa á venda aquí

        17º Ribeira Sacra Festival

        O 17º Ribeira Sacra Festival proponche unha experiencia única vinculada ao territorio, con escenarios únicos como o miradoiro de Santiorxo ou concertos nun catamarán.

        • Cando: 24 - 26 de xullo 2026
        • Dónde: Ribeira Sacra, varios espazos
        • Cartel: The Divine Comedy, Sidonie, Baiuca, Anni B Sweet, Puño Dragón, Vera Fauna, Los Invaders, Mariagrep & Mundo Prestigio.
        • Entradas: xa á venda

        Vendaval Fest

        Festival na Mariña lucense con foodtrucks, zona de acampada gratuíta e espazo para furgos e caravanas xunto á estación de autobuses.

        • Cando: 24 - 25 de xullo 2026
        • Onde: Ribadeo (Lugo), no aparcadoiro ao lado do instituto
        • Cartel: The Real Mckenzies, El Drogas, Benito Kamelas, Dakidarría, Hamlet, The Lizards, Hermana Furia, Ochobre, Las Moskas Retrompeteras, DJ Tralla, Demenzia Sozial.

        Morriña Fest

        Morriña Fest 2026

        Imaxe: Morriña Fest

        Unha das citas musicais do verán na Coruña, o Morriña Fest consolidouse como un festival en Galicia de referencia, que reúne a miles de persoas cada ano para ver aos artistas nacionais e internacionais do momento.

        • Cando: 24 - 25 de xullo 2026
        • Onde: A Coruña, no Porto
        • Cartel: Myke Towers, Juanes, Manuel Turizo, Luck Ra, Marlena, John Pollón, Henry Mendez, Young Miko, Hard GZ, Belén Aguilera, MVRK, D. Valentino, 9Louro, Lemot, Lewis Potter, Paul Kalkbrenner, Maceo Plex, Deer Jade, Karras Martínez, Javi Chapela, Junior H.
        • Entradas: xa á venda aquí

        Festigal

        Nova edición de Festigal no Campus Vida de Santiago. Alén de concertos de grupos consagrados e bandas emerxentes, hai feira do libro, artesanía e outras actividades.

        • Cando: 24 - 25 de xullo 2026
        • Onde: Santiago de Compostela, no Campus Vida de Santiago
        • Cartel: Fuego Lolita, Nadie González, Mercedes Peón, Grande Amore, Kuartetas, Os Carunchos, Orquestra Bravú Xangai, Maruxa e Coralia Dilleis.
        • Entradas: de balde

        Quedámonos sen alento, como ti cando termine a xira de festivais en Galicia 2026. Xa ves que hai unha chea para elixir durante todo o ano, festivais de verán en Galicia 2026, concertos no outono… E contarémoscho todo aquí.