Novembro é o mes do Samaín, dos magostos, de comezar a poñer a calefacción e a botar mantas e mantas sobre a cama. Pero tamén é o mes no que buscamos as mellores ofertas porque chega o Black Friday.

En R, como somos moi de aquí, gústanos máis chamalo venres neghro. E en lugar de que sexa só o 27 de novembro, preferimos que dure todo o mes.

Se necesitas renovar o teu móbil ou queres regalar un no Nadal, bótalle un ollo ao que temos.

2 Xiaomi 5G ao mellor prezo

O primeiro que temos para este mes é un pack do máis interesante, con dous móbiles Xiaomi. Así podes quedar con un e aproveitar o outro para que os Reis Magos fagan a súa maxia ca túa filla, a túa parella, os teus pais...

Os dous teléfonos Xiaomi teñen 5G e veñen con prestacións do máis completas.

Así, tes o Xiaomi Redmi Note 17 5G, con batería de 7.700 mAh, carga rápida turbo de 45 W, pantalla AMOLED FHD+ de 6,99" con protección ocular e cristal Corning® Gorilla® Glass 7i, procesador Snapdragon® 6s 4G Gen 2, cámara principal de 50 MP e frontal de 16 MP.

E o outro teléfono é o Xiaomi Redmi 17C 5G, con batería de 6.000 mAh de gran capacidade, pantalla inmersiva de 6,9", resistencia a salpicaduras e po IP64, cámara principal de 50 MP e frontal de 8 MP.

E a canto saen estos dous smartphones? Pois menos do que pensas. Só 7,5€/mes durante 48 cotas.

OPPO Find X10 5G (e de regalo, uns auriculares)

Se buscas potencia ao máximo nivel e fotografía profesional, o móbil OPPO Find X10 5G é do máis top que podes atopar. Un terminal de gama alta co que tes as mellores especificacións:

  • 12 GB de memoria RAM
  • 512 GB de almacenamento interno
  • batería de 7.150 mAh con carga sen fío
  • dúas cámaras de 200 MP codesenvolvidas xunto a Hasselblad (un dos mellores fabricantes do mundo de cámaras)
  • dual SIM
  • eSIM

Se aínda tes dúbidas, engadimos un agasallo valorado en 69€, uns auriculares OPPO Enco Air5 con cancelación de ruído.

O prezo do OPPO Find X10 5G é de 24 €/mes en 48 cotas.

Samsung Galaxy Z Fold8 5G: 200€ de aforro

Samsung é un dos fabricantes pioneiros en canto ás pantallas pregables. E o Samsung Galaxy Z Fold8 5G é un dos seus móbiles de referencia. Un móbil que non renuncia á comodidade nin ao deseño.

Ofrece un deseño ultralixeiro con pantalla optimizada para redes sociais e multitarefa. E, se falamos de características, ten para gardar fotos e vídeos a esgalla grazas aos 256 GB de capacidade. Por outra banda, ten 12 GB de memoria RAM para que poidas traballar, xogar ou facer varias tarefas ao mesmo co máximo rendemento.

Conta tamén con batería de 4.800 mAh e poderás cargar sen fíos. En canto á fotografía, tes dúas cámaras traseiras de 50 MP e unha cámara frontal de 10 MP. E se tes unha liña para o traballo e outra persoal, o Samsung Galaxy Z Fold8 5G ofréceche dual SIM, unha das cales é eSIM.

Neste venres neghro podes facer co móbil en R cun aforro directo de máis de 200 € respecto ao seu prezo habitual: 31 €/mes durante 48 cotas.