As festas de San Froilán en Lugo 2026 son unhas das máis populares do outono galego. Declarada Festa de Interese Turístico Internacional, as súas casetas de polbo, os concertos e citas tan soadas como o Domingo das Mozas atraen cada ano a miles de visitantes á "Cidade da Muralla" do 4 ao 12 de outubro. Consulta aquí os concertos e o programa de San Froilán Lugo 2026.
Xa o dicía Álvaro Cunqueiro: As festas do San Froilán son "as máis belas do outono galego".
Entre o domingo 4 e o luns 12 de outubro, Lugo é unha auténtica festa repleta de música, gastronomía, tradición, fogos artificiais, charangas, desfiles de cabezudos, tómbolas, espectáculos de maxia e unha infinidade de actividades para todos os gustos e todos os públicos.
Programa da festa de San Froilán Lugo 2026

Imaxe: Cultura e Turismo de Lugo
As festas de San Froilán 2026 comezan o día 4 de outubro co acendido das luces, sesión de fogos artificiais e pregón na praza Maior.
No 2026, a pregoeira será Sonsoles Ónega, xornalista e escritora madrileña con raíces lucenses.
O día 5 de outubro, día de San Froilán, festivo en Lugo 2026, é o día grande das festas. Xornada de eventos solemnes, como a misa na Catedral, e de ambiente festivo nas rúas, repletas de música e de actividades.
O broche final á festas do San Froilán 2026 pono cada ano, o día 12 de outubro, unha gran Feira Medieval situada na praza da Catedral e nos arredores da muralla romana, con cabaleiros, damas, xograres, oficios tradicionais e exhibicións de cetrería.
Entre inicio e peche, ocasión para tomar un bo polbo, gozar dos concertos, subirse a atraccións míticas como o Gran Prix, reencontrarse coa tradición do “Domingo das Mozas” e diversión para os máis pequenos co "San Froilán Miúdo".
O Concello de Lugo xa anunciopu o programa das festas de San Froilán de Lugo 2026, que podes consultar aquí.
Domingo, 4 de outubro 2026
- 10:00 h. Praza de Santo Domingo: XXXII Feira do Mel.
- 11:00 h. Praza da Mosqueira: Feira de Antigüidades e Coleccionismo.
- 11:00 h. Santo Domingo, Raíña e Praza Maior: Actuación de la Real Banda de Ourense.
- 11:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: Obradoiros de cestería de colmo, cestería de vimbio e elaboración de velas artesás.
- 12:00 h. Balcón da Casa do Concello: Pregón a cargo de Sonsoles Ónega.
- 12:30 h. Praza Maior, Campo Castelo, Rúa San Pedro, Progreso e Raíña: Os Pelúdez entre nos, Xigantes e Cabezudos e Cantigas e Frores.
- 12:30 h. Barrio da Ponte: Pasarrúas de Biouteiro.
- 13:00 h. Praza de Santa María. Festival de Corais San Froilán 2026. Actuarán Cantar Delas, Coral Xolda, Xove Coro de Lugo, Solo Voces, Amigos do Camiño, Lugh, Coro Hospital, Orfeón Lucense, Schola Gregoriana Lucensis, Ecos do Miño, Coro Fingoi, Coro Xuvenil de Lugo e Orfeón Xoán Montes.
- 13:30 h. Templete de la Praza Maior: Concerto da Banda Municipal de Música.
- 17:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: obradoiros de cestería de colmo, cestería de vimbio e elaboración de velas artesás.
- 17:00 h. Patio do Edificio Administrativo: San Froilán é Danza, con Magie Dance, Victoria Gil, Mercedes Castro, Ritmo Lugo, Gravitty e Star Dance.
- 18:00 h. Praza de Santo Domingo: Actuación da Volta do Agro.
- 18:00 h. Praza de Santa María. Festival de Corais San Froilán 2026. Actuarán Cantar Delas, Coral Xolda, Xove Coro de Lugo, Solo Voces, Amigos do Camiño, Lugh, Coro Hospital, Orfeón Lucense, Schola Gregoriana Lucensis, Ecos do Miño, Coro Fingoi, Coro Xuvenil de Lugo e Orfeón Xoán Montes.
- 19:00 h. Igrexa de San Pedro: Actuación de Miro Casabella Ensamble.
- 19:30 h. Pasarrúas de Biouteiro.
- 20:00 h. Pasarrúas de Tambukda.
- 20:00 h. Pasarrúas de Trastiños de Castelo.
- 20:30 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Marbella.
- 22:00 h. Horta do Seminario: Concerto de Nil Moliner.
- 22:30 h. Praza da Soidade: A Duendeneta.
Luns, 5 de outubro 2026: Día de San Froilán
- 10:00 h. Praza de Santo Domingo: XXXII Feira do Mel.
- 11:00 h. Praza da Mosqueira: Feira de Antigüidades e Coleccionismo.
- 11:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: Obradoiros de cestería de colmo e cestería de vimbio.
- 11:00 h. Campo Castelo e Praza Maior: Xigantes e Cabezudos con Reviravolta.
- 11:30 h. Espectáculo itinerante Diminuts.
- 12:00 h. Catedral de Lugo: Ofrenda da Corporación municipal a San Froilán.
- 12:00 h. Horta do Seminario: Actuación de Pica Pica.
- 12:00 h. Pasarrúas de Foliada de Bosende.
- 12:00 h. Pasarrúas de Son de Lugo.
- 12:00 h. Pasarrúas de Caivanca.
- 12:00 h. Pasarrúas de A Volta do Agro.
- 12:30 h. Recinto feiral: Os Pelúdez entre nós.
- 13:00 h. Praza de Santa María: Concerto da Banda Filarmónica de Lugo.
- 17:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: Obradoiros de cestería de colmo e cestería de vimbio.
- 17:00 h. Patio Edificio Administrativo: Lugo constrúe o San Froilán e Xogos ao Grande.
- 17:00 h. Praza da Fonte dos Ranchos: Festivaliño Xacobeo on the Road (a sala de cinema máis pequena do mundo).
- 18:00 h. Praza da Soidade: Tardeo con A Duendeneta.
- 18:30 h. Espectáculo itinerante Diminuts.
- 19:00 h. Praza Maior (Quiosco da Música): Verbena Galega d'Antes: chegada de merendas e gaiteiros e actuación de Airiños da Freba e bailadores de Oxeito.
- 19:00 h. Oficina de Turismo-Espazo Relembra: Actuación do Grupo de Zanfonas da Tradescola.
- 19:30 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Principal.
- 20:00 h. Pasarrúas de Batukada Cadabatú, Foliada de Bosende, Son de Lugh e A Volta do Agro.
- 21:00 h. Praza de Santa María: Concerto de Brat.
- 21:30 h. Horta do Seminario: Concerto de Sidecars.
- 21:30 h. Augas Férreas: Verbena coa orquestra París de Noia.
Martes, 6 de outubro 2026: Día dos Maiores
- 11:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: cestería de colmo e bordado tradicional de agremán.
- 12:00 h. Pasarrúas de Caivanca.
- 12:00 h. Patio Edificio Administrativo: Maxia no San Froilán, con David Méndez.
- 12:00 h. Pasarrúas de Cantigas e Frores.
- 12:00 h. Pasarrúas de Son do Pucheiro.
- 17:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: cestería de colmo e bordado tradicional de agremán.
- 17:00 h. Patio Edificio Administrativo: Lugo constrúe o San Froilán e Xogos ao Grande.
- 17:00 h. Praza de Augas Férreas: Festivaliño Xacobeo on the Road.
- 18:00 h. Praza de Santa María: Escenario Zanfona, con Ailá, Efrén López e Kelly Thoma.
- 18:00 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Os Satélites.
- 18:30 h. Patio Edificio Administrativo: Concerto Parabéns para nós! (X aniversario da Gramola Gominola).
- 19:00 h. Pasarrúas de Airiños de Orbazai, Falso Teito e Son do Pucheiro.
- 19:00 h. Oficina de Turismo-Espazo Relembra: Actuación musical A Voz do Esforzo, de Xisco Feijóo.
- 20:30 h. Horta do Seminario: Concerto de 9Louro.
- 21:00 h. Praza de Santa María: DJ Sinfónico Terranova + La Vera Notte.
- 21:45 h. Horta do Seminario: Concerto de The Rapants.
Mércores, 7 de outubro 2026
- 11:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: bordado tradicional de agremán e tinguido tradicional.
- 12:00 h. Pasarrúas de Son do Pucheiro.
- 17:00 h. Praza da Soidade: Festivaliño Xacobeo on the Road.
- 17:00 h. Praza de Santa María: Concerto de Adrián Vigo e a súa banda.
- 17:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: bordado tradicional de agremán e tinguido tradicional.
- 17:00 h. Patio Edificio Administrativo: Concerto de Lora Hace Pam.
- 18:00 h. Horta do Seminario: Concerto de Lucho RK.
- 18:30 h. Carpa de Santo Domingo: Representación Triplette.
- 18:30 h. Patio Edificio Administrativo: Concerto de Minguante.
- 18:30 h. Praza de Santa María: Concerto de 7Rojo.
- 19:00 h. Centro cultural Vello Cárcere: Presentación do número 23 da colección San Froilán dos Devanceiros.
- 19:00 h. Oficina de Turismo-Espazo Relembra: Actuación musical de Xosés.
- 19:30 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Acordes.
- 20:00 h. Patio Edificio Administrativo: Concerto de Alan Nepa Rock Band.
- 20:00 h. Praza de Santa María: Concerto de Zuma, versionando a Los Secretos.
- 20:00 h. Pasarrúas de Estoupacaldeiros.
- 21:30 h. Praza de Santa María: Concerto de Jarbis.
- 22:00 h. Horta do Seminario: Concerto de La Academia Nocturna e Santiago Auserón.
Xoves, 8 de outubro 2026
- 11:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: orfebrería e iniciación ao tapiz.
- 16:30 h. Carpa de Santo Domingo: Representación La Caixeta.
- 17:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: orfebrería e iniciación ao tapiz.
- 17:00 h. Praza da Soidade: Festivaliño Xacobeo on the Road.
- 17:00 h. Patio Edificio Administrativo: Concerto de Soan.
- 18:30 h. Patio Edificio Administrativo: Concerto de Los Jorobados del Miño.
- 19:00 h. Praza de Santa María: Actuación de Los Indecisos.
- 19:00 h. Pasarrúas de Tambukda.
- 19:00 h. Oficina de Turismo-Espazo Relembra: Actuación musical As Cegas da Montaña.
- 19:30 h. Praza Maior: Verbena co Grupo Beatriz.
- 20:00 h. Patio Edificio Administrativo: Concerto de Chemical Addicts.
- 20:00 h. Pasarrúas de Xaora e Son de Lugh.
- 21:00 h. Praza de Santa María: San Froilán Sorrí, con David Amor e Carlos Blanco.
- 21:30 h. Horta do Seminario: Concerto de Celtas Cortos.
- 21:30 h. Praza Agro do Rolo: Verbena coa orquestra Panorama City.
Venres, 9 de outubro 2026
- 11:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: orfebrería, tapiz e fiado a mán e escarpiños de agullas.
- 12:00 h. Praza Maior: Xigantes e Cabezudos con Caivanca.
- 17:00 h. Patio Edificio Administrativo: O Xogar de Breogán, con Bico de Toupa.
- 17:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: orfebrería, tapiz e fiado a mán e escarpiños de agullas.
- 17:00 h. Praza do Castiñeiro: Festivaliño Xacobeo on the Road.
- 17:00 h. Carpa de Santo Domingo: Espazo Hip Hop, con Faena, Iban e Cocco Lexa e os artistas locais Wallo, Reeme, Bka Faser, Tizzy1312 e Kid Malik.
- 18:30 h. Patio Edificio Administrativo: Representación Zirco Zaurre.
- 19:00 h. Praza de Santa María: Concerto de Kiki Cortiñas.
- 19:00 h. Oficina de Turismo-Espazo Relembra: Actuación musical Caruncho.
- 20:00 h. Pasarrúas de Estoupacaldeiros, Trastiños de Castelo e Xaora, por distintas calles.
- 20:30 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Punto Clave.
- 21:00 h. Praza Maior: Os Pelúdez entre nós.
- 21:00 h. Praza de Santa María: Espectáculo Las Minas Flamenco Tour.
- 22:00 h. Horta do Seminario: Concerto de Malú.
- 23:00 h. Rúa Nova, Cruz, Praza do Campo e Tinería: Os Festicultores.
Sábado, 10 de outubro 2026: Día de Ferrol
- 11:00 h. Praza da Mosqueira: Feira de Antigüidades e Coleccionismo.
- 11:00 h. Carpa do Cantiño Nemesio Cobreros: Expolugo, exposición de razas autóctonas de Galicia.
- 11:00 h. Parque Rosalía de Castro: San Froilán Tecedeiro.
- 11:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: orfebrería e fiado a mán e escarpiños de agulla.
- 12:00 h. Pasarrúas de A Pingarela.
- 12:30 h. Concello: Recepción oficial á Corporación do Concello de Ferrol.
- 12:30 h. Espectáculo itinerante Carrusel Ambulante.
- 13:00 h. Praza de Santa María: Actuación de la Banda Sons e Soños.
- 13:30 h. Praza Soidade e Campo Castelo: Charanga Louband.
- 17:00 h. Parque Rosalía de Castro: San Froilán Tecedeiro.
- 17:00 h. Oficina de Turismo da Xunta de Galicia-Espazo Relembra: X Cultura e Tradición no Camiño: orfebrería e fiado a mán e escarpiños de agulla.
- 17:00 h. Patio Edificio Administrativo: O Xogar de Breogán.
- 17:00 h. Carpa de Santo Domingo: XXI Sanfroidance, con Juli Giuliani, Telephunken, Lumedoloop, Dein, Dani Rivera e Onelia.
- 18:30 h. Espectáculo itinerante Carrusel Ambulante.
- 19:00 h. Pasarrúas de Os Xílgaros de Lugo.
- 19:00 h. Oficina de Turismo-Espazo Relembra: Actuación musical Suso Vaamonde.
- 20:00 h. Pasarrúas de Reviravolta e Bloco Meigallo.
- 20:30 h. Praza de Santa María: XXIV Festival de Cultura Tradicional, coa asociación Cantigas e Frores.
- 20:30 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra América.
- 22:00 h. Horta do Seminario: Concerto de Juan Magán.
Domingo, 11 de outubro 2026: Domingo das Mozas
- 11:00 h. Praza da Mosqueira: Feira de Antigüidades e Coleccionismo.
- 11:00 h. Carpa do Cantiño Nemesio Cobreros: Expolugo, exposición de razas autóctonas de Galicia.
- 11:00 h. Praza Maior: 54ª edición do Desfile do Traxe Galego, con Traxandaina e Cántigas e Frores.
- 11:00 h. Parque Rosalía de Castro: San Froilán Tecedeiro.
- 11:30 h. Recinto histórico: XXVIII Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, con Os Mecos de Ogrobe, Turoqua, Zanfoneiros da Tradescola, Lembranzas do Tambre, Arume de Boiro, Lubicáns, Xente Nova de Ferrol, Axeigo, Pandereteiros de Cántigas e Frores e Os Mersenarios.
- 12:00 h. Parque Rosalía de Castro: Ofrenda floral a Rosalía de Castro, a cargo de Sandra Piñeiro, co Coro de Cantigas e Frores.
- 12:30 h. Patio Edificio Administrativo: Actuación da Banda Xuvenil das Escolas Mancomunadas da Terra Cha.
- 13:00 h. Parque Rosalía de Castro: Actuación de Claustro Música.
- 13:00 h. Praza de Santa María: Actuación de Airiños de Orbazai.
- 17:00 h. Parque Rosalía de Castro: San Froilán Tecedeiro.
- 17:00 h. Patio Edificio Administrativo: O Xogar de Breogán.
- 17:00 h. Parque do Sagrado Corazón: Festivaliño Xacobeo on the Road.
- 17:30 h. Recinto histórico: XXVIII Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, con Os Mecos de Ogrobe, Turoqua, Zanfoneiros da Tradescola, Lembranzas do Tambre, Arume de Boiro, Lubicáns, Xente Nova de Ferrol, Axeigo, Pandereteiros de Cántigas e Frores e Os Mersenarios.
- 17:30 h. Cemiterio San Froilán: Os Pelúdez, visita guiada.
- 18:00 h. Horta do Seminario: Concerto de David Prado.
- 18:30 h. Patio Edificio Administrativo: Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.
- 18:30 h. Praza de Santa María: Concerto de Bouba Pandeireteiras (Mostra de Música Tradicional Galega).
- 19:00 h. Oficina de Turismo-Espazo Relembra: Actuación da Asociación cultural Camiño Primitivo de Baleira.
- 19:30 h. Os Pelúdez entre nós.
- 20:00 h. Praza de Santa María: Concerto dos Carunchos (Mostra de Música Tradicional Galega).
- 20:00 h. Carpa de Santo Domingo: Electronic Lucus Fest, con Dj Frisco & Marcos Peón, Yng Almo, Dj Ello e Jose Fouce.
- 20:30 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Suavecito.
- 22:00 h. Horta do Seminario: Concerto de La Penúltima Sabinera.
- 23:00 h. Charanga Mekanika Rolling Band.
Luns, 12 de outubro 2026
- 11:00 h. Praza da Mosqueira: Feira de Antigüidades e Coleccionismo.
- 11:00 h. Inauguración da Feira Medieval Volta ao Medievo, con actuacións musicais, desfiles e xogos.
- 11:00 h. Praza Maior e carpa de Santo Domingo: Espectáculo A Voar de Cé Orquestra Pantasma.
- 11:00 h. Soportais Casa do Concello: Bolboreta Fiandeira, mostra de recuperación do oficio tradicional do fiado de lá e liño.
- 12:00 h. Pasarrúas dos Picurruchos.
- 12:00 h. Patio Edificio Administrativo: Festival Infantil Cantigas e Frores.
- 13:00 h. Praza da Soidade e Rúa Nova: Charangas.
- 13:00 h. Praza Maior: Actuación da orquestra Escaparate (sesión vermú).
- 18:00 h. Patio Edificio Administrativo: Gala Miss Deusa, a cargo do colectivo Alas.
- 18:00 h. Soportais Casa do Concello: Bolboreta Fiandeira, mostra de recuperación do oficio tradicional do fiado de lá e liño.
- 18:30 h. Praza Maior e carpa de Santo Domingo: Espectáculo A Voar de Cé Orquestra Pantasma.
- 19:30 h. Praza Maior: Actuación da orquestra Costa Dorada.
- 20:00 h. Pasarrúas dos Picurruchos.
- 20:30 h. San Fiz: Espectáculo luminoso de drons.
- 21:00 h. Praza de Santa María: Concerto de Xisco Feijó.
- 21:30 h. Horta do Seminario: Concerto de Los Diablos.
- 21:30 h. San Fiz: Actuación da orquestra Panorama.
Concertos de San Froilán de Lugo 2026
É sen dúbida un dos maiores atractivos do San Froilán: a súa ampla axenda de concertos e actuacións musicais. Ás bandas de música e de gaitas habituais dos primeiros anos, súmanse agora grupos e artistas de múltiples estilos.
Resumimos por aquí os principais concertos San Froilán de Lugo 2026 polas noites e outras actividades musicais do programa de San Froilán Lugo 2026:
Domingo, 4 de outubro 2026
- 20:30 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Marbella.
- 22:00 h. Horta do Seminario: Concerto de Nil Moliner.
Luns, 5 de outubro 2026: San Froilán
- 19:30 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Principal.
- 21:00 h. Praza de Santa María: Concerto de Brat.
- 21:30 h. Horta do Seminario: Concerto de Sidecars.
- 21:30 h. Augas Férreas: Verbena coa orquestra París de Noia.
Martes, 6 de outubro 2026
- 18:00 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Os Satélites.
- 20:30 h. Horta do Seminario: Concerto de 9Louro.
- 21:00 h. Praza de Santa María: DJ Sinfónico Terranova + La Vera Notte.
- 21:45 h. Horta do Seminario: Concerto de The Rapants.
Mércores, 7 de outubro 2026
- 19:30 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Acordes.
- 20:00 h. Patio Edificio Administrativo: Concerto de Alan Nepa Rock Band.
- 20:00 h. Praza de Santa María: Concerto de Zuma, versionando a Los Secretos.
- 21:30 h. Praza de Santa María: Concerto de Jarbis.
- 22:00 h. Horta do Seminario: Concerto de La Academia Nocturna e Santiago Auserón.
Xoves, 8 de outubro 2026
- 19:30 h. Praza Maior: Verbena co Grupo Beatriz.
- 20:00 h. Patio Edificio Administrativo: Concerto de Chemical Addicts.
- 21:30 h. Horta do Seminario: Concerto de Celtas Cortos.
- 21:30 h. Praza Agro do Rolo: Verbena coa orquestra Panorama City.
Venres, 9 de outubro 2026
- 19:00 h. Praza de Santa María: Concerto de Kiki Cortiñas.
- 20:30 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Punto Clave.
- 21:00 h. Praza de Santa María: Espectáculo Las Minas Flamenco Tour.
- 22:00 h. Horta do Seminario: Concerto de Malú.
Sábado, 10 de outubro 2026
- 20:30 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra América.
- 22:00 h. Horta do Seminario: Concerto de Juan Magán.
Domingo, 11 de outubro 2026: Domingo das Mozas
- 20:30 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Suavecito.
- 22:00 h. Horta do Seminario: Concerto de La Penúltima Sabinera.
Luns, 12 de outubro 2026
- 19:30 h. Praza Maior: Actuación da orquestra Costa Dorada.
- 21:00 h. Praza de Santa María: Concerto de Xisco Feijó.
- 21:30 h. Horta do Seminario: Concerto de Los Diablos.
- 21:30 h. San Fiz: Actuación da orquestra Panorama.
San Froilán Miúdo 2026

Imaxe: Cultura e Turismo de Lugo
Os/as máis pequenos/as da casa teñen o seu espazo propio no San Froilán: o San Froilán Miúdo, con actividades pensadas especialmente para eles/as.
Xogos, espectáculos de circo e acrobacias, monicreques, baile e canto tradicional... Así é o programa de San Froilán Miúdo 2026, no recinto do aparcadoiro do Seminario (Avenida Anxo López Pérez).
Domingo, 4 de outubro 2026
- 12.30 h. Praza Maior: Os Pelúdez entre nós, Xigantes e Cabezudos y Cantigas e Frores.
- 16.00 h. Patio Edificio do Concello: San Froilán é Danza (Magie Dance, Victoria Gil, Mercedes Castro, Ritmo Lugo, Gravitty e Star Dance).
Luns, 5 de outubro 2026
- 11.30 h. Espectáculo itinerante Diminuts.
- 12.00 h. Horta do Seminario: Actuación de Pica Pica.
- 17.00 h. Patio Edificio Administrativo: Lugo constrúe o San Froilán.
- 17.00 h. Patio Edificio Administrativo: Xogos ao Grande.
- 17.00 h. Praza da Fonte dos Ranchos: Festivaliño Xacobeo on the Road.
- 18.30 h. Espectáculo itinerante Diminuts.
Martes, 6 de outubro 2026
- 12.00 h. Patio Edificio Administrativo: Maxia no San Froilán, con David Méndez.
- 17.00 h. Patio Edificio Administrativo: Lugo constrúe o San Froilán.
- 17.00 h. Patio Edificio Administrativo: Xogos ao Grande.
- 17.00 h. Praza de Augas Férreas: Festivaliño Xacobeo on the Road.
- 18.30 h. Patio Edificio Administrativo: Concerto Parabéns para nós! X Aniversario A Gramola Gominola.
Mércores, 7 de outubro 2026
- 17.00 h. Praza da Soidade: Festivaliño Xacobeo on the Road.
- 18.30 h. Carpa de Santo Domingo: Representación Triplette.
Xoves, 8 de outubro 2026
- 16.30 h. Carpa de Santo Domingo: Representación La Caixeta.
- 17.00 h. Praza da Soidade: Festivaliño Xacobeo on the Road.
Venres, 9 de outubro 2026
- 12.00 h. Campo Castelo y Praza Maior: Xigantes e Cabezudos.
- 17.00 h. Patio Edificio Administrativo: Xogar de Breogán, con Bico de Toupa.
- 17.00 h. Praza do Castiñeiro: Festivaliño Xacobeo on the Road.
- 18.30 h. Patio Edificio Administrativo: Representación Zirco Zaurre.
Sábado, 10 de outubro 2026
- 11.00 h. Parque Rosalía de Castro: San Froilán Tecedeiro.
- 17.00 h. Praza Agro do Rolo: Festivaliño Xacobeo on the Road.
- 17.00 h. Patio Edificio Administrativo: Xogar de Breogán, con Bico de Toupa.
- 18.30 h. Espectáculo itinerante Carrusel Ambulante.
Domingo, 11 de outubro 2026
- 11.00 h. Parque Rosalía de Castro: San Froilán Tecedeiro
- 12.30 h. Patio Edificio Administrativo: Actuación da Banda Xuvenil das Escolas Mancomunadas da Terra Chá.
- 17.00 h. Patio Edificio Administrativo: Xogar de Breogán, con Bico de Toupa.
- 17.00 h. Parque do Sagrado Corazón: Festivaliño Xacobeo on the Road.
- 17.00 h. Parque Rosalía de Castro: San Froilán Tecedeiro.
- 18.30 h. Patio Edificio Administrativo: Concerto Uxía Lambona e a Banda Molona.
Luns, 12 de outubro 2026
- 11.00 h. Praza Maior: Espectáculo A Voar, de Cé Orquestra Pantasma.
- 12.00 h. Patio Edificio Administrativo: V Festival Tradicional Infantil Cantigas e Frores.
- 17.00 h. Praza da Soidade: Festivaliño Xacobeo on the Road.
- 18.30 h. Praza Maior: Espectáculo A Voar, de Cé Orquestra Pantasma.
O programa do San Froilán Miúdo 2026 comezará en setembro con Peludez, que realizará 30 visitas a centros educativos de Lugo, incluídos CEIP, escolas infantís e o HULA, para achegar o espírito das festas aos máis peques.
Outro atractivo para os máis peques durante as festas son as atraccións de feira, que estarán abertas do 26 de setembro ao 12 de outubro, ampliando as opcións de lecer para os máis pequenos durante todo o período festivo. Ademais, haberá un Día do Neno, no que se ofrecerán atraccións a prezos reducidos.
As casetas do polbo no San Froilán Lugo 2026
Se algo non pode faltar nas festas de San Froilán de Lugo son as casetas do polbo nas que degustar o tradicional "pulpo á feira".
Unhas casetas cunha longuísima tradición. Queres saber cando chegaron as casetas do polbo ao San Froilán?
Existen testemuñas de veciños pedindo casetas con teitos de palla para servir polbo no ano 1846.
Con todo, as que poderiamos chamar primeiras casetas son dos anos 60 e popularizáronse especialmente nos 80. Trátase de casetas de madeira, tamén coñecidas como "garigolos", nas que as/os pulpeiras/os preparan polbo en caldeiras de cobre.
O "Domingo das Mozas"

O “Domingo das Mozas” celébrase o domingo posterior ao 5 de outubro, día de San Froilán, polo que en 2026 é o domingo 11 de outubro.
Por que "Domingo das Mozas"? Crese que se debe á gran cantidade de mozos dos arredores que ese día se achegaban a Lugo para buscar noiva. Na actualidade, sexa ese ou outro o motivo, o certo é que ese día as rúas se atopan a rebordar de visitantes :)
Ademais, é tradicional que veciños/as e visitantes saian á rúa ataviados/as co traxe tradicional galego dispostos a homenaxear como se merece o folclore galego e realízase tamén unha ofrenda a Rosalía de Castro. No 2026, a encargada de realizar a ofrenda será Sandra Piñeiro, co Coro de Cantigas e Frores.
Nos últimos anos o día previo ao "Domingo das Mozas" dedícase o día a Ferrol, cidade coa que Lugo ten unha irmandade, con intercambio de visitas oficiais incluído. Os/as ferroláns/as "devolven" a honra nas súas Festas do San Xiao.
Quen era San Froilán?
As festas de San Froilán celébranse dende 1754 e honran a figura do patrón da cidade.
San Froilán naceu en Lugo no ano 832. Fillo dos condes de Lugo, dende moi novo inclínase pola formación relixiosa e a vida ermitá, que o leva a retirarse e a vivir en soidade nas montañas do Cebreiro e do Bierzo.
Precisamente nun dos seus solitarios paseos por eses montes e grutas vive, segundo a tradición, un dos episodios máis importantes da súa vida. Mentres se atopaba rezando, un lobo achégase a el e ao seu asno e devora ao animal. Pero San Froilán mírao con tal tenrura e comprensión que o lobo inclina a cabeza e dende ese momento convértese no fiel compañeiro que levará polo mundo as súas alforxas. Esta imaxe é a que se mantén como a representación máis recoñecible e habitual de San Froilán.
Decisiva foi tamén a súa amizade con San Atilano, monxe como el, e que o acompañaría na súa labor de predicación e fundación de dous mosteiros á beira do río Douro: Tábara e Moreruela de Tábara. Porque a fama de San Froilán chegou a oídos do mismísimo Alfonso III, que vía nel un personaxe fundamental para a súa ansiada Reconquista, e estendeuse por Galicia e León, cidade da que foi bispo e en cuxa catedral está enterrado.
Por entón xa era obxecto de devoción entre os veciños de Lugo e de León e, anos despois, o papa Urbano II convérteo en santo.
San Froilán: de santo a patrón da cidade de Lugo
En 1600, a diocese de Lugo establece o San Froilán como festa eclesiástica que se celebra o 5 de outubro, coincidindo co aniversario da súa morte. Cinco anos despois, San Froilán convértese no patrón da cidade.
Inicialmente, as festas de San Froilán asociábanse fundamentalmente a unha feira e mercado de gando, por aqueles tempos a máis importante de Galicia. Unha cita para os vendedores de froitas, mel ou apeiros de labranza.
Co paso dos anos, impúxose o espírito lúdico e festivo; as festas gañaron popularidade e a axenda de actividades diversificouse e multiplicouse.
Non deixes pasar a ocasión de probar o polbo das casetas e de gozar do grande ambiente dunha cidade que respira festa alí por onde vaias. A túa cita co San Froilán de Lugo 2026 é do 4 ao 12 de outubro.
Fonte imaxe cabeceira: Cultura e Turismo de Lugo.
