As festas de Burela 2026 celébranse do venres 5 ao luns 8 de xuño, aínda que xa unha semana antes, dende o 29 de maio, empezan os actos relixiosos e a música. Nas festas patronais no faltan as procesións na honra da Virxe do Carme, as verbenas nocturnas con orquestras e moitas máis actividades que che contamos aquí. Consulta o programa das festas de Burela 2026.
Programa das festas de Burela 2026

Imaxe: Concello de Burela
Venres, 29 de maio 2026
- 19:00 h. Praza da Mariña: Encontro Multicultural de Burela: Sabores e Ritmos.
- 20:30 h. Misa e procesión na honra da Nosa Señora do Carme dende a Igrexa da Vila do Medio ata a Igrexa Parroquial de Santa María. A Banda de Gaitas Dambara de Burela porá a música.
- 22:00 h. Acendido das alumado festivo.
Sábado, 30 de maio 2026
- 20:00 h. Auditorio da Casa da Cultura: Pregón a cargo de Julio López García.
- 22:00 h. Praza da Mariña: Cea-baile amenizada pola Discomóbil Conxuro.
Domingo, 31 de maio 2026
- 17:00 h. Praza do Concello: Día do Neno. Festa infantil e xuvenil con inchables.
Luns, 1 de xuño 2026
- 19:00 h. Praia do Penoural: Saída da andaina "Camiña, respira, descubre" con chegada ao Faro.
Martes, 2 de xuño 2026
- 18:30 h. Praza da Mariña: "Música na rúa": Actuación de Batuka Tabanka.
- 19:00 h. Parque Rosalía de Castro: "Música na rúa": Actuación dos Acordeonistas da Mariña.
- 19:30 h. Praza da Mariña: "Música na rúa": Actuación da ACM Arume.
- 20:00 h. Rúa do Río: "Música na rúa": Actuación da SCR Ledicia.
- 20:35 h. Praza do Hórreo: "Música na rúa": Actuación da Coral Polifónica de Burela.
- 21:00 h. Praza da Mariña: "Música na rúa": Actuación de ACM Dambara.
Mércores, 3 de xuño 2026
- 20:30 h. Auditorio da Casa da Cultura: Gran Karaoke para nenos e mozos.
Xoves, 4 de xuño 2026
- 20:30 h. Auditorio da Casa da Cultura: Gran Karaoke Sénior emitido en streaming.
Venres, 5 de xuño 2026
- Recinto feiral e explanada do porto: Inauguración das atraccións.
- 23:00 h. Verbena nocturna coas orquestras Cayena e Kubo.
Sábado, 6 de xuño 2026

Imaxe: Concello Burela
- Deseño da alfombra floral polas rúas da vila durante todo o día.
- 10:00 h. Pasarrúas coa Banda de Gaitas do Ortegal.
- 12:00 h. Pasarrúas con Batucada CadaBatú.
- 14:00 h. Sesión vermú coa orquestra Principal.
- 17:00 h. Pasarrúas coa Banda de Gaitas do Ortegal.
- 20:00 h. Praza do Concello: Concerto da Agrupación Musical Santo Inocencio de Burela.
- 20:30 h. Igrexa parroquial: Misa cantada pola Coral Polifónica de Burela e procesión nocturna coas imaxes da Nosa Señora do Carme e de San Xoán Bautista, acompañadas pola Agrupación Musical Santo Inocencio de Burela e pola Agrupación de Música Tradicional SCR Ledicia. Ao chegar, haberá unha gran tirada de fogos artificiais.
- 23:00 h. Verbena nocturna coas orquestras Principal e La Fórmula.
Domingo, 7 de xuño 2026
- 10:00 h. Pasarrúas coa Agrupación Musical Santo Inocencio de Burela e coa Banda Nª Señora do Nordés OJE de Ferrol.
- 12:00 h. Nave de Redes do Porto: Misa de campaña cantada pola Coral Polifónica de Burela. Ao remate, procesión marítima da Vixen do Carmen, portada polo barco O Cantiño e acompañada pola frota de Burela.
- 14:00 h. Sesión vermú coa orquestra Trébol.
- 17:00 h. Pasarrúas coa Banda Nª Señora do Nordés OJE de Ferrol.
- 23:00 h. Verbena nocturna coas orquestras Trébol e Combo Dominicano.
Luns, 8 de xuño 2026
- 12:00 h. Procesión de subida das imaxes ata a Igrexa Parroquial de Santa María, acompañadas polo Grupo de Música Tradicional SCR Ledicia.
- 14:00 h. Sesión vermú coa orquestra Pontevedra.
- 23:00 h. Verbena nocturna coas orquestras Pontevedra e Panorama.
Martes, 9 de xuño 2026
- 12:00 h. No porto: Ofrenda floral en homenaxe aos falecidos no mar.
Unha comisión na que todos participan

Imaxe: Concello Burela
A veciñanza de Burela está totalmente implicada nas Festas Patronais de Burela de 2026. A comisión organizadora das festas non é un grupo pequeno de persoas, senón que conta co apoio maioritario dos veciños e das veciñas. É un grupo que integrou diversas asociacións locais.
Liderada pola Asociación de Hostalería de Burela, encabezada por Rubén Pinín, a comisión tamén inclúe a Arume, á Coral Polifónica de Burela, á Asociación Cultural Floral de Burela, a Acia Burela, a Ledicia, a Dambara e ás Encaixeiras.
O sábado das festas patronais elabórase unha enorme alfombra floral que se estende dende a igrexa ata o porto sobre a que se celebra a procesión nocturna que acompaña á Virxe do Carmen, patroa dos mariñeiros, dende a igrexa parroquial ata o porto, para despedir e bendicir aos mariñeiros que están a piques de partir.
A colaboración de todos chega ao punto de que o alumnado do Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo de Burela tamén axuda a confeccionar os estarcidos para a alfombra floral.
Un aspecto curioso das Festas Patronais de Burela de 2026 é que non se celebran en ningunha data coincidinte co santoral. Debido ao traballo no mar durante a tempada de pesca do bonito, e para que os mariñeiros poidan acompañar á Virxe do Carmen, celébranse sempre o primeiro fin de semana de xuño.
Fonte imaxe de cabeceira: Concello de Burela.
