notas de prensa

Notas de prensa

R explicará a empresas como prepararse en ciberseguridade en Cibertech

O operador galego patrocina, xunto a Abanca, a 5ª edición do foro Ciberseguridade e Cibertech do Círculo de Empresarios de Galicia, centrado en regulación e resiliencia empresarial perante as novas ameazas dixitais. Portavoces de R e do grupo Orange abordarán no foro a importancia de cumprir nas empresas co marco regulatorio en ciberseguridade, de prepararse para enfrontar riscos presentes e futuros e de reforzar a resiliencia empresarial neste eido. O foro Cibertech, dirixido ao sector da empresa galega, desenvolverase mañá martes 17 a partir das 9:30 h na sede do Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo.n

Notas de prensa

Conectividade, ciberseguridade e retos para as empresas galegas

A cita é o vindeiro 12 de novembro no Nordés Club Empresarial, onde se celebrará un almorzo tecnolóxico dirixido a responsables de negocio de medio cento de empresas galegas. O acto xirará ao redor das decisións tecnolóxicas transcendentais para a competitividade da empresa galega e os seus desafíos perante a transformación dixital.

Notas de prensa

R levará o 5G a lugares moi illados de Galicia en 27 concellos

• O grupo Orange España resultou adxudicatario provisional dun 70 % deste novo plan do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública: 12,2 M€ para que o 5G chegue mesmo a zonas sen cobertura móbil de ningún operador.nn• Co plan 5G Redes moi rurais, R encargarase de levar a tecnoloxía máis avanzada de quinta xeración a localizacións moi apartadas de 27 municipios galegos, un 30 % das actuacións da compañía en toda España.nn• Diversos lugares de difícil acceso ou especialmente illados das catro provincias galegas gozarán da mellor tecnoloxía 5G para seguir minorando a fenda dixital e que a conectividade e a dixitalización estean tamén ao alcance da poboación rural.n

Notas de prensa

R prepárase para o 6G

R, operador de comunicacións líder en Galicia, prepárase para a tecnoloxía 6G con MasOrange, número un do mercado español das telecomunicacións por número de clientes. O grupo probou, xunto a Ericsson, a súa rede móbil na banda de 6 GHz, que será clave para a despregadura do 6G (como foi a banda de 3,5 GHz para o 5G).