Se buscas en Internet as cousas imprescindibles para coñecer ben Santiago, sempre haberá unha que te mandará ir comer o polbo nas festas da Ascensión de Santiago 2026 na Alameda, do 13 ao 17 de maio. Aínda que as festas máis coñecidas da capital de Galicia son as do Apóstolo, as festas da Ascensión poden considerarse as festas por excelencia para os que queiran vivir o verdadeiro Santiago. Contámosche todo o programa das festas da Ascensión en Santiago 2026 para que non perdas detalle.
Programa das festas da Ascensión Santiago 2026

As festas da Ascensión de Santiago de Compostela 2026 comezan sempre o día anterior á Ascensión, é dicir, comezan sempre un mércores, e prolónganse ata o domingo. O gran día é o xoves 14 de maio, que é o día da Ascensión en Santiago de Compostela, festivo local 2026. Aínda que todos os días hai un programa variado para divertir e entreter a toda a familia.
As atraccións estarán abertas na Alameda dende o 8 ao 25 de maio. Ademais haberá varios días con horario inclusivo nas atraccións, serán os días 8, 16 e 17 de maio de 17:00 a 19:00 horas.

Este ano, como novidade, o martes día 12 incluirá un día extra de festa cunha cita especial das Tanxugueiras na Praza do Obradoiro, unha tarde coa conta atrás para a saída do seu novo disco.
Toma nota do programa das Festas da Ascensión de Santiago 2026.
Martes, 12 de maio 2026
- 19:00-22:00 h. Praza do Obradoiro. O cuarto x Tanxugueiras. Conta atrás para a presentación do novo disco do grupo galego.
Mércores, 13 de maio 2026
- 20:00 h. Teatro Principal. Espiñas Rosas de ARTías Teatro. Entrada gratuíta con recollida previa en taquilla. Pódense facer doazóns á ONG Arraianas.
- 21:00 h. Praza da Quintana. Concerto Santiago 40 Pop, presentado por Tony Aguilar. Artistas convidados: Chiara Oliver, Ruslana, Marlon, Samuraï, Daniela Blasco, Kenneth, O Xoán, Tapa D’Orella e Kike Varela & Álvaro Puga.
- 22:00 h. Alameda. Verbena popular coa orquestra América de Vigo.
Xoves, 14 de maio 2026
- 10:00-12:00 Alborada con A. C. Música e Baile Tradicional de Conxo. De Conxo á Praza de Fonseca.
- 12:00 h. Praza Quintana. Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago e da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar.
- 12:30 h. Comparsa de Cabezudos con saída do Teatro Principal cun percorrido pola Rúa Nova, Praterías, Fonseca, O Franco, Toural, Caldeirería, Praza de Abastos, Cervantes, Santo Agostiño, Travesa, Casas Reais, Preguntoiro e Fonte Sequelo.
- 10:00-14:30 h. Recinto Feiral de Amio: Feira do Cabalo da Ascensión: Exposicións morfolóxicas, andaina galega, premios e espectáculo hípico.
- 18:00-20:00 h. Folk na rúa nas prazas de Santo Agostiño, Toural, Cervantes e Obradoiro.
- 20:00 h. Praza das Praterías: Actuación conxunta e remate de Folk na rúa.
- 20:30 h. Auditorio de Galicia. Obra de teatro: Esencia-Eduardo Vasco. Con Juan Echanove e Joaquín Climent. Venda de entradas: Zona C (praza de Cervantes) de martes a sábado de 11 a 14 e de 16 a 19 h.
- 21:00 h. Praza Quintana. Concerto de Mondra.
- 22:00 h. Alameda. Verbena popular coa orquestra Marbella.
Venres, 15 de maio 2026
- 10:00-12:00 Alborada coa A. C. Devagariño. Do Castiñeiriño a San Fiz de Solovio.
- 18:30-21:00 h. Concertos corais nas prazas do Toural, Cervantes, Obradoiro e Santa María Salomé
- 20:00 h. Alameda. XLIX Torneo Chave.
- 20:30 h. Praza Quintana. Compos Fest. Coas actuacións de 9Louro, Lumedoloop e DJ Saya.
- 22:00 h. Alameda. Verbena popular coa orquestra La Oca.
Sábado, 16 de maio 2026
- 09:00-19:00 h. Pontepedriña: Campionato Galego de Espada.
- 10:00-12:00 Alborada coa A. C. Xirandaina. Das Fontiñas á praza da Inmaculada.
- 11:00-20:00 h. Área Central. FastLife ExpoMotor. Exposición de vehículos clásicos e contemporáneos.
- 12:00-18:45 h. Escolas de baile tradicional (varias prazas de Santiago).
- 12:45-00:00 h. Parque de Belvís. Romería das Flores. Actuacións de Fuego Lolita (12:45 h.), Lisasinson (14:00 h.), Chicho Selektor (15:00 h.), Saibrán (16:30 h.), Familia Caarnagno y Orquesta do Quince (18:00 h.), Los Mejillones Tigre (19:30 h.), Los Punsetes (21:00 h.) e Pídechas o corpo (22:00 h.). Haberá unha zona infantil, unha zona gastronómica e unha feira de Editoras de Compostela.
- 14:00 h. Recinto Feiral de Amio. XXVI Festa da Terceira Idade. Despacho de billetes do Teatro Principal: dende o día 5 ata o día 15 de maio en horario de 10-13 h. Xantar e a continuación actuación musical do Grupo Mar Dávila.
- 17:00 h. Alameda. XLIX Torneo da Chave.
- 20:00 h. Teatro Principal. Concerto coral. Coas actuacións da Coral Coto da Nai de Aríns, Coral Ponte Mantible, Coral Amigos do Castiñeiriño, Coro Crecente de voces graves e Coro Harmonia Stellae.
- 20:00-23:00 h. Cancións de taberna.
- 22:00 h. Praza da Quintana. Concerto de Alba Reche.
- 22:00 h. Alameda. Verbena popular coa orquestra Atenas.
Domingo, 17 de maio 2026
- 09:00-14:00 h. XXV Carreira da Ascensión. Club Ciclista Compostela. Saída e meta na avenida de Xoán Carlos I.
- 10:00-12:00 h. Alborada con A. C. Armadanzas. De Vista Alegre á praza de Cervantes.
- 11:00-17:00 h. Área Central. FastLife ExpoMotor.
- 11:45 h. Desfile das Letras Galegas. Asociación do Traxe Galego. Praza do Toural, Vilar, Praterías, Conga, Preguntoiro, Cervantes, Casas Reais e San Domingos de Bonaval. Ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres.
- 12:00 h. San Martiño Pinario. Concerto: A voz das Letras Galegas coa Banda Municipal de Santiago. Director: David Fiuza.
- 13:30-19:00 h. Parque de Belvís. Romería das Flores. Coas actuacións de Vinicius e o seu Conjunto Selvagem (13:30 h.), Orquesta Neverloura (15:00 h.) e Bigote Mix (17:00 h.). Haberá unha zona gastronómica e unha feira de Editoras de Compostela.
- 19:00 h. Latexo Percusión. Praza de Praterías, rúa do Vilar, praza do Toural, rúa das orfas, rúa do preguntoiro e praza de Cervantes.
- 20:00 h. Praza da Quintana. Circes e Morganas. Celebrando a Begoña Caamaño.
Bo tempo garantido

Xa o di o refrán: "Tres xoves locen máis que o sol, Xoves Santo, Corpus Christi e a Ascensión".
Co bo tempo asegurado "por gracia divina", o plan para todos os que queiran gozar destas festas é pasear pola alameda compostelá e polas súas atraccións, comer o polbo, ver a feira do gando e, sobre todo, ver os cabezudos bailar.
Os cabezudos das festas da Ascensión de Santiago
Non hai maior espectáculo das festas da Ascensión de Santiago de Compostela que ver bailar os cabezudos. Quen son? Pois uns personaxes que saen todos os días da festa polas rúas da zona vella de Santiago e que fan as delicias da rapazada, e de toda a xente en xeral, cos seus bailes e saúdos.
Os cabezudos son toda unha institución na capital de Galicia. Pero dende cando?, quen son os seus personaxes?
Os cabezudos da Ascensión: unha tradición do século XIX

A historia dos cabezudos de Santiago remóntase ao século XIX, exactamente ao ano 1879. A comparsa foi creada polo Concello de Santiago para "rivalizar" cos xigantes, que eran do Cabido compostelán e que tamén saían durante as festas.
A tradición sufriu un parón de varios anos. Na década dos 70 do século pasado saíron outros personaxes para animar a festa, pero non eran os “autóctonos” da cidade. Nos anos 80, grazas á proposta do bailarín e concelleiro Antonio López, decidiuse recuperalos para as festas santiaguesas.
Volveron cos traxes e cabezas orixinais, que foron recreados grazas a fotos antigas, para que se asemellasen aos primeiros. E os personaxes xa son coñecidos por todos: son, entre outros, o alcalde e a alcaldesa, quen encabezan a comitiva, os paxes negros ou a Manola. Personaxes que simbolizaban figuras populares do Santiago de antano.
Goza das festas da Ascensión de Santiago de Compostela 2026, do 13 ao 17 de maio.
Fonte imaxe de cabeceira: Turismo de Galicia
