Se che apetece gozar dun Nadal diferente, Allariz é un plan perfecto para ti. Aquí hai neve (artificial), luces e adornos, pero sempre apostando pola sustentabilidade e o artesán. Así é o Nadal en Allariz.

Allariz non compite por contar co maior número de luces nin ter a árbore de Nadal máis alta. O seu é outra cousa... que agora che contamos. Segue lendo para descubrir todo o que podes ver en Allariz no Nadal.

Cando se acenden as luces de Nadal en Allariz 2024-2025

navidad allariz luces
Fonte: Turismo de Allariz

O primeiro, imos poñerlle data ao Nadal de Allariz 2024-2025.

O venres 6 de decembro arrinca o Nadal en Allariz co aceso das luces.

Xa coñecemos os detalles do Nadal 2024-2025 nesta localidad ourensana e o seu programa de actividades, dende o 5 de decembro de 2024 ao 6 de xaneiro de 2025, así que prepárate para descubrir como é o Nadal de Allariz.

Que ver en Allariz no Nadal 2024-2025

O Nadal de Allariz defínese polo seu cáracter sostible e os adornos confecciónanse a base de materiais naturais, locais e reciclables.

Non hai beléns nin está Papa Noel e todos os adornos queren potenciar a tradición e o encanto dun lugar declarado Conxunto Histórico Artístico xa en 1971.

En Allariz, gnomos, renos e trasgos son fabricados con materiais sostibles. Son máis de 80 bonecos os que animan as escenografías do Nadal distribuídas por todo Allariz. Por certo, algúns deles realízanse xa no mes de maio, aproveitando a celebración do Festival Internacional de Xardíns.

Dende o Parque de Portovello ou a Praza Maior á rúa do Cárcere, Praza do Eiro ou Avenida Emilia Pardo Bazán; Allariz convértese nun singular pobo de Nadal cada ano.

Escenarios imprescindibles do Nadal de Allariz

navidad allariz mapa
Fonte: Concello de Allariz

Todo o centro urbano de Allariz é un orixinal e interactivo escenario do Nadal. Iso si; ten en conta que a gran maioría dos elementos do Nadal son decorativos e o seu tamaño non é real, polo que non poden usarse; é dicir, que non poderás comprar no mercadillo nin deslizarte pola pista de esquí ;:

No Minimundo atoparás todo un universo de Nadal, en diminuto, que coida cada detalle. Con tren, lago, pontes, trasgos, fadas, cabanas, lavadoiros, panadería, artesáns...

Non falta un clásico navideño por excelencia: o Mercado de Nadal. A súa gran peculiaridade é o seu reducido tamaño; perfecto para instagramear.

É difícil resistir ao colorido dos caramelos e lambetadas xigantes que atopamos no xardín máis doce de Allariz: O Xardín das Lambetadas.

Se buscas o sitio ideal para selfies navideños, non perdas a Postal de Nadal.

Estos son os doce escenarios imprescindibles na decoración de Nadal de Allariz:

  1. Praza de Nadal

  2. Minimundo

  3. Aros de Nadal

  4. Mercado de Nadal

  5. O Castelo

  6. A Fraga Nevada

  7. O Xardín das Lambetadas

  8. Postal de Nadal

  9. Acampada de Nadal

  10. A patinar

  11. Casa dos gnomos

  12. Casa Apalpador

Programa Nadal de Allariz 2024-2025

navidad allariz planes
Fonte: Naturocio 57

Ás luces e a decoración do Nadal, súmase en Allariz unha ampla axenda de actividades para goce de toda a familia do 5 de decembro ao 6 de xaneiro.

Hai teatro, concertos, talleres, monólogos...

Non faltan as carreiras populares solidarias nin, por suposto, a Cabalgata de SS.MM. os Reis Magos de Oriente.

Tamén podes participar no sorteo "O Peto dos Desexos". Se fas compras por un importe mínimo de 30€ nalgún comercio local, daranche un ticket que debes introducir nalgunha das caixas de correos distribuídas pola localidade... e esperar a que che sorría a sorte. Repártense dous premios de 250€ e cinco premios de 100€.

Para terminar, o noso consello: podes gozar da decoración do Nadal en calquera momento, pero cando cae a tarde, sobre as 18:00 horas, vívese o momento máis máxico. Entón, acéndense as luces, comeza a nevar nos principais escenarios do Nadal e Allariz convértese nun auténtico pobo de Nadal que non podes deixar de visitar.

Fonte imaxe cabeceira: Concello de Allariz.