As festas da Estrada 2026 celébranse do 24 ao 28 de xuño. Cinco días de festas patronais con dous festivos, música e baile. Contámosche aquí todo o programa das festas de San Paio A Estrada 2026 para que goces de todas as orquestras e concertos.

Dende o miércoles 24 de xuño ata o domingo 28, a veciñanza da Estrada e alrededores teñen unha cita co seu patrón, San Paio, para celebralo cun amplo programa de actividades e concertos que dará cabida a todo tipo de actuacións, tamén aos artistas locais. Así é San Paio A Estrada 2026.

Programa das festas da Estrada 2026

Programa de las fiestas en A Estrada 2024
Imaxe: Turismo A Estrada

O Concello da Estrada fixo un programa para as festas da Estrada 2026 para todos os públicos.

As actuacións musicais gañan peso coas orquestras como a Panorama, Gran Parada, Galilea e Cinema e con artistas e grupos relevantes como 9Louro, Ortiga, Baiuca, Adolfo Fh e David Bustamente.

Os máis peques están de sorte, porque o mércores 24 celébrase o Día do Neno con espectáculos infantís e a Festa da Escuma.

Aquí detallamos todo o programa das festas da Estrada 2026 día a día sabendo que o venres 26 de xuño, día do patrón da Estrada, San Paio, é festivo local este ano.

Mércores, 24 de xuño 2026

  • 12:30 h. Praza da Constitución: Pregón das festas a cargo de Tequexetéldere e chupinazo para comezar as celebracións.
  • 13:00 h. Praza da Constitución: Concerto de Tequexetéldere.
  • 13:30 h. Rúa Calvo Sotelo: Concerto de Supermirafiori.
  • 15:30 h. Rúa Serafín Pazo: Tardeo de La Santa cos DJ Carlos López, Mrj e Raúl Gómez.
  • 17:00 h. Alameda: Día do Neno: xogos acuáticos e festa da espuma.
  • 22:00 h. Zona dos Viños: Concerto de Adolfo Fh.

Xoves, 25 de xuño 2026

  • 10:00 h. Tirada de bombas de palenque.
  • 11:00 h. Pasarrúas a cargo dos grupos D’Cotío e Repenicando.
  • 11:30 h. Zona Deportiva: Torneo de fútbol 7 AE LEAGUE 2026 durante todo o día.
  • 12:00 h. Alameda: Actividades xuvenís do X-FEST: obradoiros de artesanía, grafitis, simulador de coches, Nerf, entre outros.
  • 18:30 h. Praza do Mercado: Actuación do mago Pablo Estévez.
  • 19:30 h. Pasarrúas coa Banda de Música Támega.
  • 21:30 h. Praza de Galicia: Concerto 9Louro.
  • 22:30 h. Porta do Sol: Verbena coa orquestra Gran Parada.
  • 23:30 h. Praza de Galicia: Concerto Baiuca.
  • 01:00 h. Porta do Sol: Verbena coa orquestra Gran Parada.

Venres, 26 de xuño 2026: San Paio, festivo local

  • 09:30 h. Alameda: Fútbol sala 3x3 todo o día.
  • 10:00 h. Tirada de bombas de palenque.
  • 11:00 h. Praza do Mercado: Festa da Bicicleta.
  • 11:30 h. Pasarrúas coa Charanga Noroeste.
  • 12:30 h. Praza de Galicia: Concerto de Pacordas.
  • 14:00 h. Porta do Sol: Sesión vermú con Punto Zero.
  • 17:00 h. Tardeo na Zona dos Viños con DJ Julián, DJ Pedro Rivis e música en directo de Leite con Jalletas e Latexo Percussion.
  • 19:30 h. Praza de Galicia: Concerto da Banda de Silleda.
  • 20:00 h. Igrexa parroquial: Misa na honra de San Paio, cantada pola Coral Voces Amigas de Moraña. A continuación, procesión acompañada pola Banda da Brilat, a Banda Municipal de Silleda e a 18ª promoción da Policía Local de Galicia da Agasp. Ao seu remate, terá lugar o concerto da Brilat na Praza da Constitución.
  • 22:30 h. Praza de Galicia: Concerto de Ortiga.
  • 00:00 h. Praza da Constitución: Verbena coa orquestra Panorama.

Sábado, 27 de xuño 2026

  • 10:00 h. Tirada de bombas de palenque.
  • 10:00 h. Alameda: Baloncesto 3×3 durante todo o día.
  • 11:00 h. Pasarrúas da Charanga Os Atrevidos e da Banda Municipal da Estrada.
  • 13:00 h. Alameda: Concerto da Banda Municipal da Estrada.
  • 13:30 h. Zona dos Viños: Sesión vermú con D’Tazas.
  • 14:00 h. Exhibición de alfombras florais durante todo o día nas rúas Calvo Sotelo, Ulla e Don Nicolás, a cargo da Asociación de Alfombristas da Estrada.
  • 16:00 h. Zona Deportiva: Torneo de Fútbol 7 da LIGA AE 2026.
  • 18:30 h. Praza do Mercado: Actuación infantil de Marta Iglesias: acrobacias aéreas, clown e humor.
  • 19:00 h. Banda de Música Os Atrevidos.
  • 19:30 h. Praza de Galicia: Concerto da Banda de Cornetas, Tambores e Gaitas Agotaga de Ferrol.
  • 20:00 h. Igrexa Parroquial: Misa do Santísimo Sacramento cantada pola Coral Polifónica Estradense e procesión acompañada pola Banda Municipal da Estrada e pola Banda de Música Agotaga de Ferrol.
  • 22:30 h. Porta do Sol: Verbena coa orquestra Galilea.
  • 23:30 h. Praza de Galicia: Concerto de David Bustamante.
  • 01:00 h. Porta do Sol: Verbena coa orquestra Galilea.

Domingo, 28 de xuño 2026

  • 10:00 h. Tirada de bombas de palenque.
  • 11:00 h. Pasarrúas da Banda Cultural da Estrada.
  • 13:00 h. Alameda: Concerto da Banda Cultural da Estrada.
  • 13:30 h. Praza do Mercado: Actuación da Moa Dixie Band.
  • 16:00 h. Zona Deportiva: Semifinais e final da LIGA AE 2026.
  • 17:00 h. Recreo Cultural: Final do XVI Torneo de Tenis Dobres Festas de San Paio.
  • 18:00 h. Actividade xuvenil X-FEST: skateboarding, grafitis, rap e realidade virtual.
  • 18:30 h. Praza do Mercado: Actuación infantil de Dani Barreiro Kids.
  • 19:30 h. Pasarrúas da Charanga Europa.
  • 21:30 h. Praza da Constitución: Sorteo do Escaparate e actuación da orquestra Cinema.
  • 00:00 h. Rúa 56: Fogos artificiais de fin de festa.
  • 00:00 h. Praza da Constitución: Verbena coa orquestra Cinema.

As raíces galegas de San Paio

As festas de San Paio celébranse sempre arredor do seu día grande, o 26 de xuño. O que moitos non saben é que Paio foi un santo galego, dada a súa orixe na veciña parroquia de Albeos, no concello pontevedrés de Crecente.

Paio foi un neno nado nunha familia pobre, pero tiña un tío poderoso, era o bispo de Tui. Nado no ano 911, foi enviado a ser educado polo seu tío Hermoigio.

Nese momento, o califa Abd al-Rahman III atacaba Pamplona, onde Paio fora enviado co seu tío. Ambos os dous foron detidos e tras tres anos de catividade o bispo foi posto en liberdade, pero Paio quedou como refén.

Polas súas reiteradas negativas a negar a súa fe, o mozo galego foi cruelmente martirizado con tenazas de ferro. Anos máis tarde Paio foi canonizado, sendo un dos mártires galegos máis coñecidos nos santos católicos.

Fonte imaxe de cabeceira: Turismo A Estrada.