As cabanas con jacuzzi en Galicia son un plan perfecto para unha escapada en parella, en familia ou con amigos. Hai moitas cabanas en Galicia onde podes durmir entre as árbores e relaxarte no jacuzzi privado na terraza mentres gozas das vistas. Recompilamos algunhas das cabanas en Galicia con jacuzzi para que teñas onde elixir.
Cabañitas del Bosque, en Outes (A Coruña)

Imaxe: Cabañitas del Bosque
No interior da ría de Muros e Noia atópanse as Cabañitas del Bosque. O conxunto está formado por 8 leiras situadas en Outes.
Ademais, contan cos “Refuxos de Porto Quilmas”, en Quilmas, Carnota.
Se buscas cabanas nas árbores con jacuzzi en Galicia bota un ollo a estes aloxamentos con encanto, que teñen jacuzzi interior e nalgúns casos jacuzzi no soportal para que te relaxes coas mellores vistas á natureza.
Admiten mascotas.
Nidos de Carnota, en Carnota (A Coruña)

Imaxe: Nidos de Carnota
Outras cabanas en Galicia con jacuzzi son os Nidos de Carnota, con vistas á praia de Carnota.
Están en plena natureza e contan con terraza propia e unha gran bañeira circular no interior, da que non quererás saír. Algúns niños contan con piscina privada na terraza.
Un plan romántico en parella ideal para calquera época do ano. Ademais, podes levar á túa mascota se o desexas.
Na súa contorna, podes gozar da riqueza avifáunica, facer a ruta dos Faros, subir ao Monte Pindo ou gozar das súas praias.
Cabañas Fisterra, en Fisterra (A Coruña)

Imaxe: Cabañas Fisterra
As Cabañas Fisterra son outras cabanas con jacuzzi privado en Galicia. As 9 cabanas atópanse en Fisterra cunhas vistas ao mar espectaculares.
Cada cabana ten o nome dunha alga atlántica como homenaxe ao mar e conta con terraza acristalada e aparcadoiro privado gratuíto. Ademais, admite mascotas.
Podes completar a túa estancia nestas cabanas en Galicia con jacuzzi con servizos extras como almorzos ou masaxes na cabana.
Cabanas da Torre, en Laxe (A Coruña)

Imaxe: A Torre de Laxe
En Laxe atópanse outras das cabanas con jacuzzi Galicia: A Torre de Laxe. O complexo está formado por 4 cabanas en altura estilo loft equipadas con jacuzzi interior ou na terraza con vistas.
Rodeado de montañas e en contraste co mar, estas cabanas son ideais para unha escapada romántica en parella.
Conta con piscina, espazos para practicar ioga ou meditación, minigolf ou grella. Ademais, as mascotas son benvidas.
Cabanas Narea, en Laxe (A Coruña)

Imaxe: Cabanas Narea
E se prefires estar a pé da praia de Laxe, encantaranche as Cabanas Narea. Espértate escoitando o mar nunha das súas 5 cabanas e reláxate na súa terraza cunhas vistas espectaculares.
Se buscas cabanas con jacuzzi privado para parellas en Galicia, as Cabanas Narea contan con grandes bañeiras exteriores nalgunhas das súas terrazas.
Ademais, podes levar a túa mascota e gozar das rutas de sendeirismo da zona.
Cabanas de Vendaval, en Malpica (A Coruña)

Imaxe: Cabanas de Vendaval
En Malpica, na zona de Barizo, sorprenderate ver 5 cabanas de cores. Son as Cabanas de Vendaval e con esa decoración lembran a tradición mariñeira de pintar as casas cos restos de esmalte dos barcos.
As suites están pensadas para as parellas ou familias. Dispoñen de capacidade para 4 ou 6 persoas. A Cabana Azul conta con jacuzzi exterior. E tamén teñen unha zona común con piscina exterior.
Todas estas cabanas de Galicia están equipadas con terraza para ver o atardecer e vistas ao mar e ao porto de Barizo.
Aldea Os Muiños, en Rianxo (A Coruña)

Imaxe: Aldea Os Muiños
A Aldea Os Muiños conta con dous modelos de cabanas no bosque.
Nido en el Bosque e Refugio en el Bosque teñen capacidade para dúas persoas, que gozarán dunha terraza exterior con mesas ou do baño con bañeira hidromasaxe. A cabana tamén dispón de piscina-jacuzzi de uso compartido.
As cabanas están realizadas con contedores marítimos reciclados con acabado exterior en madeira.
Enoturismo María Manuela, en Boqueixón (A Coruña)

Imaxe: Enoturismo María Manuela
Cabanas con jacuzzi en Galicia entre bosque e viñedos. Esa é a proposta de Enoturismo María Manuela para que te aloxes nalgunha das súas 9 acolledoras cabanas situadas en Boqueixón.
Todas teñen terraza e jacuzzi exterior, tamén cheminea para que poidas ir durante todo o ano.
Alén do aloxamento podes coñecer a adega, o viñedo, e catar o viño nunha visita guiada con cata.
Air Fervenza Cabañas, en Dumbría (A Coruña)

Imaxe: Air Fervenza Cabañas
Se che gusta o mundo da aeronáutica, estas cabanas en Dumbría son para ti. As Cabañas de Air Fervenza están dispostas de xeito que parece un pequeno aeródromo.
E o mellor é que se buscas cabanas en Galicia que teñan jacuzzi, os seus aloxamentos contan con jacuzzi interior e nalgúns casos interior e exterior tamén.
Ademais, admiten mascotas.
Aloia Nature, en Tui (Pontevedra)

Imaxe: Aloia Nature
En Aloia Nature propóñenche durmir en pleno parque natural del Monte Aloia. Xa te podes facer unha idea da cantidade de actividades ao aire libre que gozar pola zona. O mellor de todo é a panorámica do río Miño.
Estes aloxamentos forestais ofrecen tres cabanas elevadas con jacuzzi exterior na terraza para relaxarte no medio do bosque e tres cabanas estudo de madeira tipo apartamento con máis capacidade.
Se estás a buscar cabanas con jacuzzi privado en Galicia, anota Aloia Nature.
Cabanas Mirador Cachamuíña, en Pereiro de Aguiar (Ourense)

Imaxe: Cabanas Mirador Cachamuíña
Cabanas con jacuzzi privado en Galicia e vistas ao encoro de Cachamuíña. Falamos de Cabanas Mirador Cachamuíña, en Pereiro de Aguiar.
Todas as cabanas permítenche relaxarte no jacuzzi de auga climatiza que se atopa na terraza exterior e gozar dunha estancia de ilusión.
Ademais, as 5 cabanas contan con cheminea eléctrica para que poidas ir en calquera época do ano, mesmo coa túa mascota.
Cabanas das Chousas, no Veral (Lugo)

Imaxe: Cabanas das Chousas
Preto da cidade de Lugo, no Veral, escóndense 4 cabanas mergulladas no bosque autóctono de Ribeira, na beira do río Mera. As Cabanas das Chousas son ideais para durmir entre as árbores con todas as comodidades e facer sendeirismo pola ‘Ruta das Chousas’, de gran valor ecolóxico-etnográfico.
A Cabana do Muíño conta cun jacuzzi na terraza e entre os servizos de todos os aloxamentos atópase unha bañeira nórdica.
Xa sabes a cal destas cabanas con jacuzzi en Galicia vas ir?
Fonte imaxe de cabeceira: Cabañitas del Bosque
