Queres saber a onde hai voos directos dende Vigo en 2026? O aeroporto de Vigo conta con conexións directas a varias cidades españolas, como Madrid e Barcelona, e a destinos das illas Canarias. Ademais, o Concello de Vigo anunciou que traballa para recuperar rutas internacionais a Londres e París, así como conexións nacionais con Alacante e Sevilla.

Neste post recompilamos os voos directos dende o aeroporto de Vigo en 2026, as compañías aéreas que operan actualmente, os destinos dispoñibles e tamén as novidades previstas.

Voos directos dende Vigo en 2026

O aeroporto de Vigo permite viaxar directamente a cidades como Madrid e Barcelona, ademais de conectar coas illas Canarias.

A programación das aeroliñas cambia ao longo do ano, especialmente co paso da tempada de verán á de inverno. Por iso, antes de reservar, convén comprobar as datas e frecuencias dispoñibles para cada destino.

Que aeroliñas voan dende o aeroporto de Vigo?

Actualmente, Aena recolle catro compañías aéreas que operan en Vigo: Air Europa, Binter Canarias, Iberia e Vueling. Os destinos directos que figuran na súa programación son Barcelona, Madrid, Gran Canaria e Tenerife Norte.

• Air Europa: opera voos directos entre Vigo e Madrid.

• Iberia: ofrece conexión directa entre Vigo e Madrid.

• Vueling: opera a ruta entre Vigo e Barcelona.

• Binter Canarias: conecta Vigo con Gran Canaria e Tenerife Norte.

Voos directos dende Vigo a destinos nacionais

Se buscas voos directos dende Vigo para unha escapada urbana, unha viaxe de traballo ou unhas vacacións, estos son os destinos:

  • Barcelona
  • Madrid
  • Gran Canaria
  • Tenerife

Voos directos Vigo-Barcelona

vuelos vigo barcelona

Barcelona é un dos destinos aos que podes viaxar directamente dende o aeroporto de Peinador. A conexión está operada por Vueling e permite desprazarse á capital catalá sen necesidade de facer escala noutro aeroporto.

Os horarios varían en función da semana e do día, aínda que adoita haber saídas á primeira hora da mañá (ao redor das 09:00 h). As horas de chegada si oscilan máis e xeralmente existen opcións adicionais para a tarde ou a noite a fin de semana.

Destino

Compañía

Frecuencia

Barcelona

Vueling

  • todos os días

Voos directos Vigo-Madrid

Madrid é outro dos destinos nacionais con conexión directa dende Vigo. A ruta conta con voos de Iberia e Air Europa. Opéranse saídas dende primeira hora da mañá (ao redor das 06:20 h) e ata a noite (a último adoita ser a eso das 21:00 h).

Esta conexión resulta especialmente útil tanto para viaxar por motivos profesionais como para enlazar con outros voos nacionais e internacionais.

Destino

Compañía

Frecuencia

Madrid

Iberia

  • todos os días
Madrid Air Europa
  • todos os días

Voos directos dende Vigo a Canarias

As illas Canarias son outra das opcións para quen quere viaxar dende Vigo sen facer escalas. O aeroporto de Vigo conta con conexións directas con Gran Canaria e Tenerife Norte. Ambas as dúas rutas son operadas por Binter.

Voos directos Vigo-Gran Canaria

Podes voar directamente dende Vigo a Gran Canaria con Binter Canarias.

A frecuencia dos voos a Gran Canaria dende Vigo varía segundo a tempada.

Destino

Compañía

Frecuencia

Gran Canaria

Binter Canarias

Outono e inverno 2026:

  • martes
  • mércores
  • venres
  • domingo

Dende 3 abril 2027:

  • martes
  • mércores
  • venres
  • sábado
  • domingo

Dende 11 xuño 2027:

  • todos os días

Voos directos Vigo-Tenerife Norte

vuelos vigo tenerife

Binter Canarias tamén conecta o aeroporto de Vigo con Tenerife Norte durante todo o ano.

Por certo, ten en conta que en Tenerife hai dous aeroportos: Tenerife Norte e Tenerife Sur. Dende o aeroporto de Vigo, Binter lévate á zona norte da illa.

Destino

Compañía

Frecuencia

Tenerife Norte

Binter Canarias
  • todos os días

Voos directos dende Vigo a Europa: Londres e París, novidades internacionais previstas

vuelos vigo paris

Unha das grandes novidades respecto á oferta de voos directos dende o aeroporto de Vigo é a intención de ampliar (ou, nalgún caso, recuperar) varios destinos nacionais e internacionais.

O Concello de Vigo puxo en marcha un contrato de promoción turística destinado a impulsar conexións aéreas con mercados estratéxicos. Entre os destinos contemplados destacan dúas grandes capitais europeas:

  • Londres
  • París

Así que estaremos atentos para ver se en breve podemos voar directamente dende Vigo a estas dúas cidades, que tradicionalmente figuran entre os destinos máis demandados.

Noos voos nacionais dende Vigo: Alacante e Sevilla

vuelos vigo alicante

O plan anunciado polo Concello tamén contempla recuperar as conexións directas con Alacante e Sevilla. Estas dúas cidades ampliarían as opcións para viaxar dende Vigo a outros puntos de España sen necesidade de pasar por Madrid ou Barcelona.

Seguro que en breve teremos noticias sobre os novos voos e saberemos que compañía ou compañías operarán os voos, os seus horarios e prezos.

Mentres tanto, agora que xa sabes a que lugares podes voar directamente dende o aeroporto de Vigo, só tes que reservar e desfrutar da túa próxima escapada ;)