Cada 16 de agosto celébrase a Festa da Auga de Vilagarcía 2026, que é o momento máis esperado das Festas de San Roque Vilagarcía 2026, do 14 ao 23 de agosto. Prepárate para mollarte e gozar dos concertos, de San Roquiño, do Combate Naval, do Desfile de Carrozas e moito máis. Infórmate aquí de todo o programa da Festa da Auga de Vilagarcía 2026 e das Festas de San Roque Vilagarcía 2026.
Festa da Auga de Vilagarcía 2026

A Festa da Auga 2026, o domingo 16 de agosto, enmárcase dentro das Festas de San Roque de Vilagarcía de Arousa 2026.
O día 16 adoita ser festivo local 2026 en Vilagarcía de Arousa, para que poidas desfrutar con tranquilidade da celebración que comeza ás 11:45 h. co traslado da imaxe de San Roque dende a igrexa parroquial ata a capela de San Roque. Este ano cae en domingo, así que trasládase o festivo ao luns 17 de agosto.
Unha vez metido o santo na capela procédese á lectura do pregón, que todos os anos se desvela quen é nese mesmo momento.
E a partir de aí, ás 12:00 h, empeza a Festa da Auga de Vilagarcía 2026. As rúas convértense nunha ducha colectiva. A iso tamén colaboran os bombeiros, protección civil e os propios veciños e veciñas que, dende as súas fiestras e balcóns, regan e bañan aos festeiros e festeiras con cubos e mangueiras.
Xa pola tarde, ás 20:30 h, hai a Procesión de San Roque para levar o santo da capela á igrexa. E o día termina con música.
Deixámosche aquí o programa da Festa da Auga de Vilagarcía 2026:
Domingo, 16 de agosto: Festa da Auga 2026
- 11:45 h: Praza de España: Traslado de San Roque dende a igrexa parroquial á capela.
- 12:00 h: Zona húmeda: Festa da Agua 2026.
- 20:30 h: Procesión de San Roque, dende a capela ata a igrexa parroquial.
- 22:00 h: Alameda: Concerto de Abril Fado Atlántico.
Como che diciamos, a Festa da Auga Vilagarcía 2026 enmárcase dentro das Festas de San Roque de Vilagarcía de Arousa 2026, das que che damos todos os detalles a continuación.
Programa das Festas de San Roque de Vilagarcía 2026
As Festas de San Roque de Vilagarcía 2026 celébranse do 14 ao 23 de agosto. E, ademais da Festa da Auga, podes gozar de moitos concertos, do pregón, do San Roquiño O Pequeno, da Ofrenda Floral ao santo, do Combate Naval ou do Desfile de Carrozas, que despide as festas de Vilagarcía de Arousa 2026, o domingo 23 de agosto.
O Concello de Vilagarcía xa presentou o programa das Festas de San Roque de Vilagarcía 2026, que che contamos a continuación, xunto coas principais actividades. Tamén podes descargalo.
Venres, 14 de agosto 2026
- 20:30 h. Balcón Casa Consistorial: pregón a cargo de Xabier Fortes.
- 21:00 h. Praza de España: ofrenda floral ao Santo.
- 21:00 h. Parque da Xunqueira: A Xaiba.
- 22:30 h. Parque da Xunqueira: Savoy Club Big Band. Antoloxía do Bolero.
- 23:00 h. Alameda: Haus.
Sábado, 15 de agosto 2026
- 11:00 a 12:30 h. Entorno capela San Roque: San Roquiño O Pequeño.
- 11:00 h. Barrio San Roque: Pasrrúas San Roquiño o Pequeño. Grupo de Gaitas Nos de Sobradelo.
- 12:00 h. Barrio San Roque: Misa e Procesión San Roquiño.
- 12.00 h. Rúa Castalao: Cabaret Acuático.
- 12:30 h. Rúas de Vilagarcía: Pasarrúas Grupo de Gaitas Malveiras.
- 21:00 h. Rúas de Vilagarcía: Pasarrúas Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa.
- 23:00 h. Rúas de Vilagarcía: Festicultores Troupe.
Domingo, 16 de agosto 2026
- 11:45 h. Praza de España: Traslado de San Roque.
- 12:00 h. Zona húmida: Festa da Auga.
- 20:30 h. Calles de Vilagarcía: procesión San Roque.
- 22:00 h. Alameda: concerto Abril Fado Atlántico.
Lunes, 17 de agosto 2026
- 12:30 h. Rúas de Vilagarcía: pasarrúas Grupo de Gaitas e Baile Mar de Arousa
- 19:30 h. Rúas de Vilagarcía e Praza de Galicia: Animaclown. Acrocircus.
- 21:00 h. Rúas de Vilagarcía: pasarrúas Grupo de Gaitas Froallo.
- 22:30 h. Avda. da Mariña: verbena popular con Orquestra New York.
Martes, 18 de agosto 2026
- 11:00 h. Rúas de Vilagarcía: Festaclown Social - Animaclown. Iguatuke.
- 12:30 h. Rúas de Vilagarcía: pasarrúas Grupo de Gaitas Brisas do río Ulla.
- 12:30 h. Praza da Ravella: Superroquiños. O autoestopista galáctico.
- 19:30 h. Praza de Galicia: Certame Festaclown "Finito infinito".
- 21:00 h. Rúas de Vilagarcía: pasarrúas Grupo de Gaitas Treobada de Guillán.
- 21:00 h. Praza da II República: Mostra Festaclown "Xelebreixon".
- 21:00 h. Parque da Xunqueira: concerto The Eskarallas.
- 22:30 h. Parque da Xunqueira: concerto Marky Ramone.
Mércores, 19 de agosto 2026
- 11:00 h. Parque Miguel Hernández: Festaclown Social "Ecos do pasado".
- 12:30 h. Rúas de Vilagarcía: pasarrúas Grupo de Gaitas Airiños do Carril.
- 12:30 h. Praza da Ravella. Superroquiños. Breaking broken dreams.
- 19:30 h. Praza de Galicia. Certame Festaclown "Las Cossas Nostras".
- 21:00 h. Rúas de Vilagarcía: pasarrúas Grupo de Gaitas Santa Plácida de Rubiáns.
- 21:00 h. Praza da II República: Mostra Festaclown "Fins al Cel".
- 21:00 h. Parque da Xunqueira: concerto de MK Maik.
- 22:30 h. Parque da Xunqueira: concerto de De Ninghures.
Xoves, 20 de agosto 2026
- 11:00 h. Parque Miguel Hernández: Festaclown Social "Marítimas".
- 12:30 h. Praza da Ravella. Superroquiños "Lidiar".
- 19:30 h. Praza de Galicia. Certame Festaclown "5.0".
- 21:00 h. Praza da II República: Mostra Festaclown "Sen patrón".
- 21:00 h. Rúas de Vilagarcía: pasarrúas Grupo de Baile Perla de Arousa.
- 22:30 h. Parque da Xunqueira: concerto de Barry B.
Venres, 21 de agosto 2026
- 11:00 h. Praza de Galicia: Festaclown Social "BSO".
- 12:00 h. Rúas de Vilagarcía: pasarrúas Grupo de Gaitas os Xirifeiros.
- 12:30 h. Praza da Ravella. Superroquiños "Flash".
- 19:30 h. Praza de Galicia. Certamen Festaclown "Wasa".
- 21:00 h. Rúas de Vilagarcía: pasarrúas Grupo de Gaitas Lumarada de Cornazo.
- 21:00 h. Praza da II República: mostra Festaclow "Check out".
- 22:30 h. Parque da Xunqueira: concerto de Chenoa.
Sábado, 22 de agosto 2026
- 10:30 a 13:00 h. Casa Consistorial / Salón García: XX Gran Capítulo da Confraría dos Viños de Rías Baixas.
- 11:00 h. Parque Miguel Hernández: Festaclown Social "Costureiriña bonita".
- 12:30 h. Rúas de Vilagarcía: pasarrúas Grupo de Gaitas e Baile A Nosa Señora da Xunqueira.
- 12:30 h. Praza da Ravella. Superroquiños "Intringulis".
- 19:30 h. Praza de Galicia. Certame Festaclown "Miss Elastic".
- 21:00 h. Rúas de Vilagarcía: pasarrúas Grupo de Gaitas Mocedade da Torre 83.
- 21:00 h. Praza da II República: mostra Festaclow "Collage".
- 22:30 h. Avda. da Mariña: verbena popular con Grupo Assia.
- 24:00 h. Praias da Concha - Compostela: Combate Naval. Espectáculo pirotécnico.
Domingo, 23 de agosto 2026
- 12:30 h. Rúas de Vilagarcía: pasarrúas Grupo de Gaitas A Queimada.
- 21:30 h. Rúas de Vilagarcía: Desfile de carrozas de verán.
Ao longo destes días podes gozar de atraccións e postos de alimentación na zona TIR e no parque Miguel Hernández.
A orixe da Festa da Auga de Vilagarcía
A festa naceu de xeito espontáneo no ano 1984, cando a acalorada veciñanza, apurada pola calor que padecían ese mes de agosto, comezou a pedir auga ás casas despois da procesión matinal. No momento en que a primeira casa respondeu a petición, pódese dicir que naceu a Festa da Auga.
A celebración foi gañando adeptos ano tras ano ata converterse nunha das máis multitudinarias de toda España. A Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa, que fusiona tradición relixiosa e pagá, foi declarada de Interese Turístico Nacional.
Consellos prácticos para a Festa da Auga
Para gozar da Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa hai que ir preparado. Ás veces parece unha parvada pero nunca está de máis lembrarlle certas cousas aos que acoden a ela:
- É unha boa idea levar roupa lixeira, chancletas e traxe de baño. Sempre roupa cómoda para ser mollada.
- Lembra traer unha faldriqueira ou mochila impermeable para poñer o móbil e o diñeiro, en fin, todo o que non se poida mollar.
- Durante a procesión do Santo está prohibido botar unha soa pinga de auga.
- Tamén está prohibido verter auga fóra da “zona húmida” delimitada polo Concello.
Se cumprimos todas estas normas básicas, como se fai todos os anos, todos gozaremos da mellor Festa da Auga Vilagarcía 2026. Se nunca estiveches, non o dubides, mergúllate nela.
Fonte imaxe de cabeceira: Turismo Concello Vilagarcía
