A Romaría de San Roque Vigo 2026 celébrase do 14 ao 17 de agosto con música, tradición e gastronomía. A romaría urbana da cidade inclúe concertos, mercado de artesanía e comida, procesión... Contámosche todo o programa da Romaría de San Roque Vigo 2026, que se celebra na contorna da finca de San Roque en Vigo.
Programa da Romaría de San Roque Vigo 2026

A finca de San Roque de Vigo celebra cada ano a súa popular romaría, que comeza o venres 14 de agosto e termina o luns17 de agosto.
Catro días para gozar de concertos, misas e procesións, atraccións ou xogos para os máis peques, zona de mesas para comer sardiñas e polbo e moito máis.
Podes descargar o programa da Romaría de San Roque Vigo 2026, que publica a Irmandade Cultural e Social de San Roque de Vigo.
Venres, 14 de agosto 2026
- 19:00 h. Apertura da finca.
- 22:00 h. Concerto de San Rockers.
- 00:00 h. Concerto do grupo Seguridad Social.
Sábado, 15 de agosto 2026
- 10:00 h. Apertura da finca. Pola mañá: pasarrúas e concerto pola finca de Erdeiros dos Morenos.
- 13:30 h. Sesión vermut con Manolo Violinista.
- 21:30 h. Concerto de Tona.
- 23:00 h. Concerto de Bafana Bafana.
- 00:30 h. Concerto de Familia Caamango.
Domingo, 16 de agosto 2026
- 08:00 h. Apertura da finca. Pola mañá: pasarrúas e animación coa Escola de música de Beade e Charanga Costamekrelo.
- 12:00 h. Coral Riomao - Misa Maior.
- 13:00 h. Procesión e actuación da Banda Escola de Música de Beade.
- 20:00 h. Concerto de Son das Tabernas.
- 22:30 h. El último guateque, os grandes éxitos pop e rock dos 60 e 70.
- 00:30 h. Concerto do grupo Tenessee.
Luns, 17 de agosto 2026
- 10:00 h. Apertura da finca.
- 12:00 h. Concerto da Banda de Música Unión Musical de Coruxo.
- 13:30 h. Sesión vermut e xantar popular coa tradicional empanada "furru".
- 18:30 h. Mago Jorge Lorenzo.
- 20:00 h. Nen@s Party San Roque. Festa infantil con discoteca infantil e animación.
- 22:00 h. Nexus Disco.
Mercado da Romería San Roque Vigo 2026

Ademais de todos eses concertos e actividades no recinto de festas na finca de San Roque de Vigo, podes gozar de mercado de artesanía, zona de mesas para comer sardiñas e polbo, foodtrucks e moito máis.
Na imaxe de arriba podes ver o plano con toda a información sobre a localización do mercado, o escenario principal e o palco, etc. para que o teñas sempre a man.
Tamén podes descargar aquí debaixo o mapa da Romaría de San Roque Vigo 2026:
Esperamos que che resulte útil para gozar desta festa de verán en Vigo.
Lembra as datas, Romaría de San Roque Vigo 2026 do 14 ao 17 de agosto.
Fonte imaxe de cabeceira: Irmandade de devotos de San Roque
