Que remate o verán non significa que rematen as festas e as feiras populares. Unha das máis esperadas do outono é As San Lucas de Mondoñedo 2026, do 16 ao 25 de outubro, considerada unha das feiras tradicionais máis importantes de Galicia. Contámosche todas as actividades e o programa das San Lucas de Mondoñedo 2026.
A festa das San Lucas en Mondoñedo é, sobre todo, de gando. Pero non faltan as verbenas, as bandas de música, os xogos tradicionais e os concertos todos os días, e sen esquecer a exposición de produtos agroalimentarios e de maquinaria agrícola.
O acto central das San Lucas é a feira cabalar, cunha asistencia masiva de público. O concurso de gando no recinto feiral complétase cun concurso de andaina galega, un concurso de cans e diversas exhibicións caninas.
Programa As San Lucas Mondoñedo 2026

O programa das San Lucas Mondoñedo 2026 será, como todos os anos,moi variado e cheo de eventos para todos os públicos, do 16 ao 25 de outubro, aínda que a feira cabalar leva o centro de atención.
As actividades máis importantes sempre teñen establecido un día específico:
- O 17 de octubre, o “día das vésperas”, é un dos momentos máis espectaculares, cando os cabalos chegan ata as rúas de Mondoñedo e fan o seu paso pola Praza da Catedral. Tamén é o día do pregón.
- O 18 de outubro, día de San Lucas, é cando se celebra a “Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar As San Lucas”. Nela pódense ver todos os cabalos que viven en semiliberdade durante todo o ano nos montes da contorna.
- O 19 de outubro coñécese como o “día medio”. Este ano, a xornada seguinte ao día grande das San Lucas, o luns 19 de outubro, é festivo local en Mondoñedo 2026.
- O último día das festas, o 20 de outubro, é o “día das maulas”, que significa o día das “sobras”. É dicir, cando se vende o último da feira. Ese día hai prezos especiais, a maioría das veces todo é a metade de prezo. Día especial para conseguir todas as gangas.
Pero a festa das San Lucas en Mondoñedo 2026 comezará días antes, xa dende o venres16 de outubro, para que goces do desfile de cabalos polas rúas de Mondoñedo ata o Campo da Feira, orquestras na Alameda, concertos e espectáculos de doma na Praza da Catedral, xogos e bailes, charangas e moito máis.
Xa se coñece por completo o programa das San Lucas de Mondoñedo 2026, que organizan o Concello de Mondoñedo e a Asociación As San Lucas de Mondoñedo. Podes consultalo aquí debaixo:
Venres, 16 de outubro 2026
- 13:00 h. Disparo de bombas de palenque e repique de campás anunciando o comezo da festa.
- 20:30 h. Casa do Concello: Recepción de autoridades e do pregoeiro e saída da comitiva acompañado do grupo de gaitas Carricantos.
- 21:00 h. Auditorio Pascual Veiga: Pregón a cargo de Luis Rego Valcarce. Ao seu remate actuación do Coro Mestre Pacheco da Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo.
- 22:00 h. Alameda: Verbena a cargo das orquestras Los Players e New York.
Sábado, 17 de outubro 2026: Día das vésperas
- 11:15 h. Alborada a cargo do grupo de gaitas Os Carricantos.
- 11:30 h. Auditorio Pascual Veiga: Homenaxe de As San Lucas a Xosé Vizoso. Charla de artistas da Mariña arredor da obra e da memoria de Vizoso.
- 12:15 h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de PRG.
- 12:45 h. Exhibición de Doma de cabalos de pura raza galega.
- 13:15 h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de PRG.
- 13:15 h. Fonte Vella: Inauguración da rúa Xosé Vizoso.
- 14:00 h. Alameda: Sesión vermú coa orquestra Suavecito.
- 17:30 h. Comezo da chegada dos cabalos a Mondoñedo en dirección ao campo da Feira. Retransmitirase a través dunha pantalla grande na Praza da Catedral. Haberá unha zona de bancadas cun prezo de 10€ por persoa e poderanse mercar os tíckets na Oficina de Turismo.
- 18:45 h. Tradicional paso dos cabalos pola Praza da Catedral.
- 21:00 h. Pasacalles de la charanga Carmiña.
- 21:00 h. Alameda: Verbena popular coas orquestras Suavecito e Marbella.
- 22:30 h. Praza do Seminario: Concerto de Keepers e de The Rapants. Entrada de balde.
Domingo, 18 de outubro 2026: As San Lucas de Mondoñedo
- 08:00 h. Campo da Feira: Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar.
- 11:00 h. Santuario dos Remedios: Misa na honra de San Lucas.
- 11:15 h. Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Souto Ximaro.
- 12:00 h. Casa do Concello: Recepción oficial da Corporación Municipal de Ferrol.
- 13:30 h. Campo da Feira: Entrega de premios do Concurso de Gando.
- 14:00 h. Sesión vermú coa orquestra Salsarena.
- 16:15 h. Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Souto Ximaro.
- 16:30 h. Concurso de andadura.
- 17:00 h. Catedral de Mondoñedo: Concerto de Abraham Cupeiro.
- 17:15 h. Saída dos cabalos dende o Campo da Feira cara ao monte.
- 18:00 h. Casa da Xuventude: Espectáculo de Micromina Títeres.
- 18:00 h. Alameda: Sesión de tarde con Salsarena, Principal e D'Kriss.
- 19:30 h. Catedral de Mondoñedo: Concerto de Abraham Cupeiro.
- 21:15 h. Praza da Catedral: Doma nocturna, con Kevin Ferreira, Javier Simón e Lola Elías.
- 22:30 h. Alameda: Continúa a verbena con Salsarena, Principal e D'Kriss.
Luns, 19 de outubro 2026: Día do neno
- 11:00 h. Praza Jaime Cabot: Xogos populares.
- 11:15 h. Alborada a cargo do grupo de gaitas Os Carricantos.
- 13:00 h. Cemiterio Vello: Homenaxe a Pascual Veiga.
- 14:00 h. Sesión vermú coa orquestra Costa Dorada.
- 14:00 h. Pavillón Municipal de Deportes: Comida baile da terceira idade. Previa inscrición. Haberá música en directo.
- 19:00 Catedral: Misa Solemne.
- 19:00 h. Alameda: Actuación das orquestras Costa Dorada e Capitol.
- 20:30 h. Praza da Catedral: Doma nocturna, con Kevin Ferreira, Javier Simón e Lola Elías.
Martes, 20 de outubro 2026: Día das maulas
- 14:00 h. Sesión vermú coa orquestra Trébol.
- 19:00 h.Alameda: Actuación das orquestras Trébol e Los Satélites.
Mércores, 21 de outubro 2026
- 18:30 h. Auditorio Pascual Veiga: Charla O lobo e a xente con mesa redonda.
Xoves, 22 de outubro 2026
- 19:30 h. Auditorio Pascual Veiga: Espectáculo de maxia de Marcos Waldemar: Inherente. Venda de entradas a partir das 19:00 horas na entrada.
Venres, 23 de outubro 2026
- 16:30 h. Arroxo: Roteiro do Camiño de Santiago. Con inscrición obrigatoria. Traslado dende a Estación de Autobuses.
- 20:30 h. Auditorio Pascual Veiga: Monólogo de David Perdomo.
- 22:00 h. Praza do Concello: Verbena popular co grupo Los Coleguitas de Venezuela.
Sábado, 24 de outubro 2026
- 11:30 h. Recinto da Granxa: Concurso de Andadura Galega.
- 12:00 h. Praza da Catedral: Xogos tradicionais con Xotramu.
- 12:30 h. Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Souto Ximaro.
- 14:00 h. Praza do Concello: Sesión vermú de Zest.
- 16:30 h. Recinto da Granxa: Concurso de Andadura Galega.
- 17:00 h. Praza do Concello: Pasarrúas e Encontro Folclórico, coa participación de Os do 21 do Vicedo, A Subela de Foz e Ledicia de Burela.
- 20:30 h. Praza da Catedral: Concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.
- 22:30 h. Praza da Catedral: Concerto gratuito de Luar na Lubre.
Domingo, 25 de outubro 2026
- 11:30 h. Alborada a cargo do grupo de gaitas Os Carricantos.
- 13:00 h. Catedral: Concerto de órgano a cargo de Avelino Vázquez Groba. Entrada de balde.
- 14:00 h. Praza do Concello: Sesión vermú coa actuación do grupo Súper Glu.
- 18:00 h. Pazo de Santomé: Presentación do libro Espiritualidad.
Tren Sanluqueiro
Durante os días grandes das Festas das San Lucas 2026 o Concello pon a disposición de toda a vecindade e de visitantes o famoso Tren Salunqueiro que percorrerá toda a vila para facilitar a mobilidade de todos os que o desexen.
O Tren Sanluqueiro estará dispoñible os días 17, 18 e 19 de outubro dende as 11:00 da mañá ata as 21:30 h. con saída cada 30 minutos. O seu percorrido circular é o seguinte, con saída dende a Estación de bus e chegada ao Campo da Festa.
- Estación de bus.
- Avenida Bos Aires.
- Os Muíños.
- Rotonda da gasolineira.
- Campo da Festa.
As San Lucas en Mondoñedo, unha feira case milenaria

As San Lucas de Mondoñedo é unha festa case milenaria. Crese que a súa primeira edición foi en 1156. Ese ano, o rei Afonso VII de León concedeu o título de Cidade a esta vila do interior da provincia de Lugo. Ademais do título, concedeulle o permiso para a celebración dunha feira de oito días. E aí é onde nace As San Lucas.
Esa é a versión menos oficial. A outra é que o bispo Martín iniciou estas festas para celebrar a consagración da catedral en 1246. A pesar destes comezos incertos, o que si sabemos é que é unha festa con séculos de historia.
Se vos preguntades de que vai a feira das San Lucas de Mondoñedo, a resposta é de cabalos. Aínda que hai todo tipo de gando, os espectáculos ecuestres son os protagonistas indiscutibles. Se contar cos negocios arredor da compravenda de cabalos.
A feira do cabalo, un traballo de meses
As San Lucas de Mondoñedo non é só unha semana de traballo. Para telo todo preparado, os gandeiros necesitan meses de preparación.
Os días previos á feira, os gandeiros percorren os montes en busca dos seus cabalos. Viven en semiliberdade arredor de Mondoñedo todo o ano. Só nun par de ocasións son reunidos e levados á cidade.
A primeira é en xuño ou xullo. Baixan os cabalos para proceder á rapa. Entón os cabalos son saneados e as crías xa adultas son marcadas marcan con lume para que se saiba a quen pertencen. É o que se coñece como a “rapa das bestas”, que seguramente coñecedes máis dunha doutro pobo. É unha das festas máis antigas e tradicionais de Galicia.
A segunda ocasión prodúcese en outubro, cando se baixan para proceder ao seu desfile e venda nas San Lucas.
Aínda que os cabalos viven en semiliberdade durante o ano nos montes veciños, non son libres ao cento por cento. Teñen dono e moitos deles teñen un destino claro: ben a venda a particulares ou as carnicerías.
En definitiva, a súa vida está moi preto da liberdade total, pero sempre ben coidados. Os seus donos ou gandeiros aseguran que non lles falte alimentos cando as inclemencias meteorolóxicas os ameazan, como os días de neve no inverno, e vacinan ou tratan as súas feridas cando é necesario.
A baixada dos cabalos das San Lucas de Mondoñedo
O momento máis espectacular e esperado das San Lucas é cando os cabalos, guiados polos seus donos e donas, atravesan a Praza da Catedral de Mondoñedo en distintos rabaños.
Prodúcese ao solpor do día anterior ao día de San Lucas, o día anterior á gran feira cabalar, é dicir, o 17 de outubro. Isto faise para que os cabalos non teñan que pasar moito tempo na cidade, fóra do seu medio natural. Nunca máis de 24 horas.
Por alí pasarán todos os gandeiros e gandeiras con todos os seus cabalos para que ao día seguinte poidan participar na “Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar As San Lucas”. Este desfile ou exhibición de todos os cabalos dura ao redor de media hora e o espectacular xiro do rabaño na praza da catedral enmárcase na procura do premio á mellor gandeiría participante.
O cabalo é o gran atractivo destas festas. Un espectáculo que non debes perder. Mondoñedo recibe sempre cos brazos abertos a todos os curiosos e visitantes. Non o dubides máis. Ven ás San Lucas de Mondoñedo 2026 sen pensalo e poderás admirar a beleza dos seus cabalos salvaxes.
Fonte imaxe cabeceira: "As San Lucas 2007" por xamieiro, CC BY-NC-SA 2.0
