Agosto é un mes especial para Foz porque celebra as festas patronais de San Lorenzo. O día grande das festas de San Lourenzo de Foz 2026 é o luns 10 de agosto, cando teñen lugar os fogos. O programa das festas de San Lourenzo de Foz 2026, do 7 ao 11 de agosto, inclúe ademais verbenas e orquestras que che contamos aquí.

Programa das festas de San Lourenzo en Foz 2026

cartel fiestas san lourenzo foz 2026
Imaxe: Concello de Foz

Aínda que durante todo o mes de agosto hai unha chea de actividades para que goces da tempada estival na localidade da Mariña lucense, o programa das festas de San Lourenzo en Foz 2026 arrinca co pregón o venres 7 de agosto e finaliza o martes 11 de agosto.

Entre as actividades das festas patronais de San Lourenzo en Foz destacan o pregón, as verbenas nocturnas coas orquestras na explanada portuaria e o grande espectáculo pirotécnico de fogos artificiais que se lanzan a madrugada do 10 ao 11 de agosto no Paseo de Laredo - A Rapadoira.

É que o 10 de agosto é o día grande as festas, que é o día de San Lourenzo.

Consulta aquí o programa das festas de San Lourenzo Foz 2026, do 7 ao 11 de agosto.

Repasamos as principais actividades destas Festas de Interese Turístico de Galicia.

Luns 3, martes 4 e mércores 5 de agosto 2026

  • 22:00 h. Campo da Cabana: Wipeou

Xoves, 6 de agosto 2026

  • 21:00 h. Praza Rosalía de Castro: Actuación de Mar Aberto.

Venres, 7 de agosto 2026

  • 20:30 h. Praza Rosalía de Castro: pregón a cargo de José Manuel Romero Moreno (Conde de Fontao). A continuación, concerto do grupo Pantera Rosa.

Sábado, 8 de agosto 2026

  • 14:00 h. Explanada do peirao: Sesión vermú con Eric Hidalgo Prime.

  • 23:00 h. Explanada do peirao: verbena con Eric Hidalgo Prime e a orquestra Miramar.

Domingo, 9 de agosto 2026

  • 14:00 h. Sesión vermú con orquestras Magos e Finisterre.

  • 23:00 h. Verbena con orquestras Magos e Finisterre.

Luns, 10 de agosto 2026 - Día Grande de San Lourenzo

  • 12:00 h. Igrexa parroquial: Misa. Procesión con O Feitizo. Vermú con Platinum.

  • 23:00 h. Explanada do peirao: verbena con Platinum e América de Vigo.

  • 23:59 h. Paseo de Laredo - A Rapadoira: espectáculo de fogos artificiais.

Martes, 11 de agosto 2026

  • 22:00 h. Praza Conde de Fontao: verbena fin de fiesta co grupo Nostalgia.

Outras festas de Foz

As patronais son, sen dúbida, unhas das festas de Foz máis especiais, pero hai máis.

Sen ir máis lonxe, o mesmo mes de agosto celébrase a Festa Normanda Foz 2026, do 27 ao 30 de agosto.

Famoso é tamén o Entroido de Foz e as Festas do Carme; de feito, o 16 de xullo é festivo local 2026 en Foz.

Pero agora toca gozar das festas de San Lourenzo en Foz 2026, do 7 ao 11 de agosto.

Fonte imaxe de cabeceira: Turismo de Galicia