Pensando en vacacións? Bótalle un ollo aos festivos de 2024 en Galicia. O Día das Letras Galegas cae en venres e o 25 de xullo é xoves, que che dá para un acueduto no verán. Consulta aquí tamén as pontes que hai en Galicia en 2024. E os festivos locais da Coruña, Santiago

Esperamos que este calendario laboral che axude a planificar o teu 2024.

Festivos 2024 en Galicia

Que días son festivos en Galicia en 2024? En total hai 14 festivos 2024 en Galicia, como no resto de Comunidades. Deles, 8 son festivos nacionais, 4 son autonómicos e 2 locais de cada Concello.

O DOG xa fixo público o calendario laboral 2024 onde determina todos os festivos 2024 en Galicia.

Este ano, o 8 de decembro, a Inmaculada Concepción, cae en domingo, polo que Galicia substitúeo polo 17 de maio, Día das Letras Galegas. Tamén elixe o 25 de xullo, Santiago Apóstolo, como festivos propios. Consulta aquí debaixo todos os festivos 2024 en Galicia:

  • 1 de xaneiro - Aninovo
  • 6 de xaneiro – Día de Reis
  • 28 de marzo – Xoves Santo
  • 29 de marzo - Venres Santo
  • 1 de maio - Festa do Traballo
  • 17 de maio – Día das Letras Galegas
  • 25 de xullo – Día Nacional de Galicia
  • 15 de agosto - Asunción da Virxe
  • 12 de outubro - Festa Nacional
  • 1 de novembro - Todos os Santos
  • 6 de decembro - Día da Constitución
  • 25 de decembro - Nadal

Pontes en Galicia 2024

Á vista destes festivos, que pontes hai en Galicia en 2024? Cun ou dous días de vacacións que pidas podes facer algún que outro acueduto 😉.

  • Ponte de Semana Santa Galicia 2024: non é exactamente unha ponte, só que os festivos de Semana Santa en Galicia son o 28 de marzo, Xoves Santo, e o 29 de marzo, Venres Santo. Se podes coller días antes ou despois, fas unha ponte grande.
  • Ponte do 1 de maio Galicia 2024: este ano, o 1 de maio é mércores. Con días antes ou despois, collerías a ponte de maio.
  • Ponte das Letras Galegas 2024: máis que ponte, é unha fin de semana longa, porque o 17 de maio é venres.
  • Ponte do 25 de xullo en Galicia 2024: o Día Nacional de Galicia, 25 de xullo, cae en xoves en 2024. Se podes ter libre o venres, vaia ponte de xullo gozas.
  • Ponte do 15 agosto 2024 en Galicia: en pleno agosto as pontes sentan mellor para alongar as vacacións. O 15 de agosto, Asunción da Virxe, é xoves. Se tes o venres libre, afortunado para gozar desta ponte 2024 en Galicia.

Sen ser pontes, hai festivos en Galicia en 2024 que caen en luns ou en venres, iso significa que tes varias fins de semana longas para descansar. Son o luns 1 de xaneiro, o venres 1 de novembro e o venres 6 de decembro.

Festivos locais en Galicia 2024

Festivos en Galicia

Se botaches contas, verás que faltan 2 días festivos, son as festas locais que propón cada Concello.

Contámosche cales son os festivos locais en Galicia 2024 nas principais cidades galegas.

Festivos locais 2024 na Coruña

  • Martes, 13 de febreiro: Martes de Entroido
  • Luns, 24 de xuño: San Xoán

Xa ves que aquí tes unha fin de semana longa para celebrar o San Xoán da Coruña e dar a benvida ao verán.

Festivos locais 2024 en Santiago

  • Xoves, 9 de maio: Día da Ascensión
  • Venres, 16 de agosto: San Roque

As Festas da Ascensión en Santiago contarán con festivo o xoves 9 de maio, interesante ponte 2024 en Santiago, se colles libre o venres 10. Sen esquecer o festivo autonómico do xoves 25 de xullo, que pedindo o venres, permíteche gozar por todo o alto das Festas do Apóstolo.

Festivos locais 2024 en Ferrol

  • Martes, 19 de marzo: San Xosé
  • Luns, 1 de abril: Luns de Pascua

Ferrol celebra cada 18 de marzo a Festa das Pepitas, así que en 2024 tes o martes 19 para descansar. E tamén se alonga a Semana Santa de Ferrol co Luns de Pascua como festa local, que coincide coa celebración da romaría de Chamorro.

Festivos locais 2024 en Pontevedra

  • Mércores, 14 de febreiro: Mércores de Cinza
  • Xoves, 11 de xullo: San Benitiño de Lérez

Se podes coller o venres 12 de xullo, terás unha súper ponte para gozar da popular romaría.

Festivos locais 2024 en Vigo

  • Martes, 13 de febreiro: Martes de Entroido
  • Venres, 16 de agosto: Día de San Roque

Mega ponte en Vigo en agosto 2024, ao ser festivo o día 15 e o 16.

Festivos locais 2024 en Lugo

  • Martes, 13 de febreiro: Martes de Entroido
  • Sábado, 5 de outubro: San Froilán

O día grande das festas de San Froilán Lugo en 2024 cae en sábado.

Festivos locais 2024 en Ourense

  • Martes, 13 de febreiro: Martes de Entroido
  • Luns, 11 de novembro: Día de San Martiño

Festa local para celebrar ao grande o Entroido en Galicia e festivo de luns 11 de novembro en Ourense para celebrar o Magosto en Galicia.

Consulta este post cando vaias planificar as túas vacacións, porque che será de grande axuda saber os festivos 2024 en Galicia, as festas locais da Coruña ou de Santiago e do resto de cidades galegas e as pontes que hai en Galicia en 2024.

Tamén podes consultar as datas do curso escolar no Calendario escolar Galicia 2023 – 2024.