Queres saber onde celebra o Samaín en Galicia 2026? Percorremos as principais localidades onde podes gozar desta festa a noite do sábado 31 de outubro. Contámosche as actividades e programación do Samaín en Ourense, Briz, Allariz, Ferrol, Cedeira, A Coruña ou Pontevedra para que goces desta tradición tan nosa.
Unha festa de orixe celta para celebrar o fin da colleita e a chegada do frío inverno que conta cunha longa tradición e historia que vai máis aló dos habituais disfraces e cabazas. Así é o Samaín en Galicia 2026.
Samaín en Ourense 2026

Imaxe: Concello de Ourense
En toda a provincia de Ourense xa é unha das festas máis populares do outono e a súa capital énchese de actividades de todo tipo, lúdicas e festivas, para dar a benvida ao mes de novembro co Samaín.
Este é o programa do Samaín en Ourense 2026:
Sábado, 31 de outubro 2026
- 17:00 - 19:45 h. Parque de San Lázaro: Obradoiro infantil de maquillaxe e decoración de cabazas.
- 18:00 - 23:00 h. Praza do Bispo Cesáreo: Túnel do Terror.
- 19:00 - 19:45 h. Desfile de Halloween. Sairá do Parque de San Lázaro e pasará pola Rúa do Paseo e pola Praza Maior.
- 19:45 h. Zona de Viños: Animación de Rúa.
- 20:00 - 21:00 h. Praza Maior: Concerto Infantil con Uxía Lambona e a Banda Molona.
- 21:00 h. Praza de San Martiño. Flashmob Zombi.
- 19:00 - 23:30 h. Praza de Santa Eufemia: Santa Eufemia Encantada por Chaioso.
- 00:00 - 03:00 h. Rúa Progreso: Concerto da orquestra París de Noia.
- 00:00 - 03:00 h. Praza Maior: Sesión de DJ A Gramola. Debes estar disfrazado para asistir.
Samaín en Briz 2026
A Finca de Briz - Parque dos Sentidos, en Marín, celebra unha das festas de Samaín máis multitudinarias. E é que o Samaín Briz 2026 prevé reunir como cada ano a miles de persoas durante a tarde e a noite do 31 de outubro.
Como todos os anos haberá os populares roteiros do terror, animación, área infantil, decoración e moito terror. Os espectáculos serán na contorna da laguna principal, eo “PequeSamaín” estará en toda a zona do Auditorio.
O evento volverá a ter este ano roteiros do terror, de entrada gratuita, na que haberá que acceder facendo ringleiras, pero tamén haberá percorridos de acceso libre por toda a finca con distintas estacións do medo.
A organización conta para realizar os actos coa colaboración de varias comparsas todos os anos. Estase a preparar todo para o Samaín de Briz 2026 o 31 de outubro. O Concello de Marín aínda non publicou o programa definitivo con todas as actividades e todos os horarios. Espérase que, como todos os anos a apertura sexa ás 18:30 horas e na Finca de Briz - Parque dos Sentidos (Marín) a entrada sexa libre e gratuíta.
Cando se publique o programa contarémoscho todo aquí, pero espérase que non falte como todos os anos:
- Pequesamaín: con pintacaras, xogos infantís e en familia e animación musical.
- Roteiros de medo para todos os públicos.
- Estacións do medo.
- Espectáculos temáticos.
Agora só cabe esperar ao programa definitivo para saber os horarios.
Samaín en Allariz 2026
A cidade ourensá de Allariz implícase cada ano co Samaín, celebrando durante varios días o seu programa Allariz de Medo.
O Samaín en Allariz 2026 celébrase a fin de semana do 31 de outubro ata o 1 de novembro.
A ambientación chega dende o 31 de outubro por distintas rúas da vila creando un ambiente único que acompañará toda a fin de semana a visitantes e a veciños. O Concello de Allariz aínda non anunciou o programa dos actos cos horarios do Samaín de Allariz 2026. Cando o faga contarémoscho todo aquí.
O que si se espera, como en anos anteriores, é que non falte no programa do Samaín en Allariz 2026:
- Ambientación de Samaín polas rúas, nas que as ánimas, esqueletos e druidas pasearán con todos os visitantes e veciños.
- Desfile da Santa Compaña polo casco histórico.
- Discomóbil e actuacións musicais.
Cando se publique o programa contarémoscho todo aquí.
Samaín en Ferrol 2026
Son varios os puntos onde se celebra o Samaín en Ferrol 2026, pero a festa que congrega a máis xente é Quilómetro do Terror no barrio de Catabois, que se celebra sempre dende un par de días antes do 31 de outubro.
A Asociación Echo Catabois organiza este Samaín tan especial no que se involucran todos os locais de hostalería e comercios. Ademais do desfile “Volta das ánimas”, celébranse visitas á Casa do Terror.
Aínda non se fixo público o programa cos horarios do Samaín Ferrol 2026. Estaremos atentos a ver que día comezan as actividades. Para que te fagas unha idea, o ano pasado as actividades empezaban a partir das 19:00 horas no número 252 coa Casa do Terror e o día 31 de outubro tamén había un desfile do máis terrorífico.
Samaín en Cedeira 2026
De medo pásano tamén en Cedeira cunha fin de semana de terror. Do 31 de outubro ao 1 de novembro poderás gozar do Samaín en Cedeira 2026, como todos os anos, nas carpas do Paseo da Mariña.
E non te perdas o pasarrúas de pantasmas polo casco antigo. O Concello de Cedeira aínda non publicou o programa definitivo do Samaín en Cedeira 2026, cando o faga contarémoscho todo por aquí, falando das actividades e dos horarios.
O que se espera é que, como todos os anos, non falten nas carpas do Paseo da Mariña:
- Obradoiros variados (zonchos, cabazas…) con premios.
- Espectáculos teatrais.
- Pasarrúas pantasmais.
Samaín na Coruña 2026
Na cidade herculina, o Samaín celébrase por todos os barrios a través dunha chea de actividades nos mercados municipais e nos Centros Cívicos.
Entre as actividades máis destacadas do Samaín na Coruña 2026, están os talleres gratuítos para os peques de 4 a 12 anos, que se celebran habitualmente o sábado anterior ao 31 de outubro: obradoiros de marionetas de Samaín, disfraces de cabaza, lapiseiros de araña... É necesaria inscrición previa.
Non faltan tampoco os pasarúas “truco ou trato” dos escolares, para pedir doces polos comercios e establecementos da súa zona.
Tamén se realiza cada ano o concurso de escaparates, podes votar polo teu favorito na páxina web do Concello da Coruña.
O programa deo Samaín A Coruña 2026 adoita continuar os días previos ao 31 de outubro con máis obradoiros e festas infantís nos centros cívicos da cidade. O Concello da Coruña aínda non publicou os horarios e os lugares dses actos, cando o faga actualizarémoscho aquí e poderás consultar as datas e as actividades, xa que é necesaria inscrición no teu centro cívico.
Samaín en Pontevedra 2026
Pantasmas, catrinas, esqueletos e cabazas toman as rúas da cidade do Lérez nunha noite máxica. As rúas e prazas da zona vella de Pontevedra encheranse dos disfraces máis coloridos e terroríficos coa programación especial do Samaín en Pontevedra 2026 o 31 de outubro, será a famosa Noite dos Calacús.
Non faltarán tampouco, como todos os anos, as contadas terroríficas, as visitas guiadas infantís ou para adultos, os pasarrúas e a animación musical que darán o ambiente máis terrorífico do ano.
Aínda non se coñece o programa do Samaín de Pontevedra 2026. As súas actividades serán do máis variadas, pero sempre co público máis novo como centro. Cando se publiquen os actos e os horarios contarémoscho todo aquí. O que se espera que no falten nesas actividades serán:
- Visitas guiadas e teatralizadas dirixidas ao público infantil e familiar.
- Visitas guiadas e teatralizada dirixidas ao público adulto.
- O Mercado do Samaín, con música en vivo e postos de comida e de bebida.
- Obradoiros variados (maquillaxe, colares, disfraces…).
- Contacontos.
Orixe e significado do Samaín
Samaín provén da palabra gaélica "Samhain", que significa "fin do verán".
Era o momento no que os celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán a inverno). Tamén coincidía co momento no que as ánimas dos defuntos visitaban os seus fogares e familiares ao longo da noite.
Segundo a tradición, sería un día no que coincidirían os vivos e os mortos e, para que os atopasen, os vivos poñían luces nas súas xanelas que lles orientasen no seu camiño. Inicialmente adoitaban usar nabos e, un tempo despois, impúxose a cabaza.
Tradición do Samaín en Galicia
O Samaín en Galicia celebrouse ata fai trinta anos, época na que se pasou a celebrar o Día de Defuntos o 1 de novembro.
De feito, trátase dunha celebración errónea, porque o Día de Defuntos é o día 2 de novembro e o día 1 é o Día de Todos os Santos. Aínda que quizais a razón sexa que se trata dunha xornada festiva.
Desde hai uns anos está a recuperarse esta tradición celta grazas, entre outras cousas, á tarefa do profesor Rafael López Loureiro, que documentou a galeguidade do Samaín e promoveu o rescate desta festa por toda Galicia.
Empezou por recuperar na súa Cedeira natal a "tradición das caveiras", que se converteu en todo un reclamo turístico.
Pero hai moitos pobos e vilas de Galicia que contan cos seus propios costumes e tradicións de Samaín.
A cabaza, a gran protagonista do Samaín
Non hai Samaín sen cabazas. Porque o costume máis arraigado desta tradición é a elaboración de cabazas "terroríficas". Decóranse con caras que dan medo, colocándolles pequenos paus a modo de dentes e poñendo unha vela dentro da cabaza para escorrentar aos malos espíritos ao longo desa noite.
Pero cada zona ten o seu propio ritual coas cabazas do Samaín en Galicia.
Así, en Quiroga, despois de decorala, consérvase para empregala como máscara no entroido.
En Ribadavia teñen a súa "Noite Meiga", durante a que veciños/as e visitantes ataviados con disfraces "terroríficos" desfilan polo centro histórico da vila.
En Catoira, esa noite sae a "Procesión das caveiras" a percorrer as rúas. Participan nenos e adultos cos seus disfraces aterradores e levan as súas cabazas iluminadas con velas.
Na zona das Rías Baixas, ás cabazas chámanlles "calacús". Así, en Pontevedra celébrase "A noite dos calacús" na que maiores e pequenos decoran os seus "calacús" nun taller e logo colócanos nas xanelas e portas dos edificios da zona vella da cidade para que iluminen a noite.
Samaín en Galicia, noite de disfraces
Outra das tradicións máis populares desta noite de Samaín en Galicia é disfrazarse.
Cal é o motivo? Antigamente en Galicia vestíanse con peles e cabezas de animais para escorrentar as bruxas e os espíritos malignos.
E así chegamos ata hoxe. Mantéñense os disfraces, aínda que con outro tipo de vestimentas, sempre relacionados con situacións terroríficas e, por suposto, mantendo o bo humor e a alegría.
Deste xeito en Galicia, aínda que o verán terminase, aínda nos quedan moita ganas de festa e o Samaín é unha das nosas celebracións máis antigas.
