Pensando en vacacións? Bótalle un ollo aos festivos de 2024 en Galicia. O Día das Letras Galegas cae en venres e o 25 de xullo é xoves, que che dá para un acueduto no verán. Consulta aquí tamén as pontes que hai en Galicia en 2024. E os festivos locais da Coruña, Santiago

Esperamos que este calendario laboral che axude a planificar o teu 2024.

Festivos 2024 en Galicia

Que días son festivos en Galicia en 2024? En total hai 14 festivos 2024 en Galicia, como no resto de Comunidades. Deles, 8 son festivos nacionais, 4 son autonómicos e 2 locais de cada Concello.

O DOG xa fixo público o calendario laboral 2024 onde determina todos os festivos 2024 en Galicia.

Este ano, o 8 de decembro, a Inmaculada Concepción, cae en domingo, polo que Galicia substitúeo polo 17 de maio, Día das Letras Galegas. Tamén elixe o 25 de xullo, Santiago Apóstolo, como festivos propios. Consulta aquí debaixo todos os festivos 2024 en Galicia:

  • 1 de xaneiro - Aninovo
  • 6 de xaneiro – Día de Reis
  • 28 de marzo – Xoves Santo
  • 29 de marzo - Venres Santo
  • 1 de maio - Festa do Traballo
  • 17 de maio – Día das Letras Galegas
  • 25 de xullo – Día Nacional de Galicia
  • 15 de agosto - Asunción da Virxe
  • 12 de outubro - Festa Nacional
  • 1 de novembro - Todos os Santos
  • 6 de decembro - Día da Constitución
  • 25 de decembro - Nadal

Pontes en Galicia 2024

Á vista destes festivos, que pontes hai en Galicia en 2024? Cun ou dous días de vacacións que pidas podes facer algún que outro acueduto 😉.

  • Ponte de Semana Santa Galicia 2024: non é exactamente unha ponte, só que os festivos de Semana Santa en Galicia son o 28 de marzo, Xoves Santo, e o 29 de marzo, Venres Santo. Se podes coller días antes ou despois, fas unha ponte grande.
  • Ponte do 1 de maio Galicia 2024: este ano, o 1 de maio é mércores. Con días antes ou despois, collerías a ponte de maio.
  • Ponte das Letras Galegas 2024: máis que ponte, é unha fin de semana longa, porque o 17 de maio é venres.
  • Ponte do 25 de xullo en Galicia 2024: o Día Nacional de Galicia, 25 de xullo, cae en xoves en 2024. Se podes ter libre o venres, vaia ponte de xullo gozas.
  • Ponte do 15 agosto 2024 en Galicia: en pleno agosto as pontes sentan mellor para alongar as vacacións. O 15 de agosto, Asunción da Virxe, é xoves. Se tes o venres libre, afortunado para gozar desta ponte 2024 en Galicia.

Sen ser pontes, hai festivos en Galicia en 2024 que caen en luns ou en venres, iso significa que tes varias fins de semana longas para descansar. Son o luns 1 de xaneiro, o venres 1 de novembro e o venres 6 de decembro.

Festivos locais en Galicia 2024

Festivos en Galicia

Se botaches contas, verás que faltan 2 días festivos, son as festas locais que propón cada Concello.

Contámosche cales son os festivos locais en Galicia 2024 nas principais cidades galegas.

Festivos locais 2024 na Coruña

  • Martes, 13 de febreiro: Martes de Entroido
  • Luns, 24 de xuño: San Xoán

Xa ves que aquí tes unha fin de semana longa para celebrar o San Xoán da Coruña e dar a benvida ao verán.

Festivos locais 2024 en Santiago

  • Xoves, 9 de maio: Día da Ascensión
  • Venres, 16 de agosto: San Roque

As Festas da Ascensión en Santiago contarán con festivo o xoves 9 de maio, interesante ponte 2024 en Santiago, se colles libre o venres 10. Sen esquecer o festivo autonómico do xoves 25 de xullo, que pedindo o venres, permíteche gozar por todo o alto das Festas do Apóstolo.

Festivos locais 2024 en Ferrol

  • Martes, 19 de marzo: San Xosé
  • Luns, 1 de abril: Luns de Pascua

Ferrol celebra cada 18 de marzo a Festa das Pepitas, así que en 2024 tes o martes 19 para descansar. E tamén se alonga a Semana Santa de Ferrol co Luns de Pascua como festa local, que coincide coa celebración da romaría de Chamorro.

Festivos locais 2024 en Pontevedra

  • Mércores, 14 de febreiro: Mércores de Cinza
  • Xoves, 11 de xullo: San Benitiño de Lérez

Se podes coller o venres 12 de xullo, terás unha súper ponte para gozar da popular romaría.

Festivos locais 2024 en Vigo

  • Martes, 13 de febreiro: Martes de Entroido
  • Venres, 16 de agosto: Día de San Roque

Mega ponte en Vigo en agosto 2024, ao ser festivo o día 15 e o 16.

Festivos locais 2024 en Lugo

  • Martes, 13 de febreiro: Martes de Entroido
  • Sábado, 5 de outubro: San Froilán

O día grande das festas de San Froilán Lugo en 2024 cae en sábado.

Festivos locais 2024 en Ourense

  • Martes, 13 de febreiro: Martes de Entroido
  • Luns, 11 de novembro: Día de San Martiño

Festa local para celebrar ao grande o Entroido en Galicia e festivo de luns 11 de novembro en Ourense para celebrar o Magosto en Galicia.

Festivos locais por concellos en Galicia 2024

  • A Arnoia: 22 de maio (Santa Rita) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Abadín: 13 de febreiro (martes de entroido) e 27 de setembro (San Cosme)
  • A Baña: 22 de xaneiro (San Vicente) e 9 de setembro (Romería de Cadeiras)
  • Abegondo: 13 de febreiro (martes de entroido) e 25 de abril (San Marcos)
  • A Bola: 3 de febreiro (martes de entroido) e 3 de maio (Santa Cruz)
  • A Capela: 5 de agosto (festa patrocinal) e 16 de agosto (San Roque)
  • A Cañiza: 20 de maio (Pascuilla) e 15 de outubro (Santa Teresa)
  • A Coruña: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • A Estrada: 26 de xuño e 27 de xuño (San Paio)
  • A Fonsagrada: 13 de febreiro (martes de entroido) e 9 de setembro (Romaría de Cadeiras)
  • A Guarda: 16 de xullo (Virxe do Carme) e 23 de setembro (Festividad del Patio)
  • A Gudiña: 26 de febreiro (festivo local) e 26 de agosto (San Bartolomé)
  • Agolada: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • A Illa de Arousa: 8 de xaneiro (San Xulián) e 13 de febreiro (martes de entroido)
  • A Lama: 26 de xullo (festivo local) e 5 de agosto (festa patronal)
  • A Laracha: 13 de febreiro (martes de entroido) e 6 de agosto (San Roque)
  • Alfoz: 13 de febreiro (martes de entroido) e 5 de agosto (festa patronal)
  • Allariz: 13 de febreiro (martes de entroido) e 31 de maio (venres do Boi)
  • A Merca: 27 de maio (Espíritu Santo) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Ames: 9 de maio (Ascensión) e 24 de xuño (San Xoán)
  • A Mezquita: 5 de agosto (festa patronal) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Amoeiro: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Antas de Ulla: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • A Pastoriza: 13 de febreiro (martes de entroido) e 18 de outubro (San Lucas)
  • A Peroxa: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • A Pobra do Caramiñal: 19 de agosto (Carmen do Pincheiros) e 16 de setembro (luns del Nazareno)
  • A Pobra de Trives: 26 de agosto (San Bartolomé) e 11 de novembro (San Martiño)
  • A Pontenova: 13 de febreiro (martes de entroido) e 7 de outubro (luns das Feiras)
  • A Pobra do Brollón: 13 de febreiro (martes de entroido) e 27 de agosto (San Vitorio)
  • Aranga: 13 de febreiro (martes de entroido) e 3 de maio (Santa Cruz)
  • Arbo: 112 de xullo (San Benito) e 16 de agosto (San Roque)
  • Ares: 21 de maio (Voto de Chanteiro) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Arzúa: 24 de xuño (San Xoán) e 16 de xullo (Virxe do Carme)
  • Arteixo: 13 de febreiro (martes de entroido) e 26 de xuño (festivo local)
  • A Rúa: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • As Neves: 29 de xullo (festivo local) e 5 de agosto (festa patronal)
  • As Nogais: 13 de febreiro (martes de entroido) e 2 de agosto (festas patronais)
  • As Pontes de García Rodríguez: 13 de febreiro (martes de entroido) e 22 de xullo (Virxe do Carme)
  • As Somozas: 13 de febreiro (martes de entroido) e 26 de xullo (festivo local)
  • A Teixeira: 13 de febreiro (martes de entroido) e 25 de novembro (Santa Catuxa)
  • A Veiga: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Avión: 13 de febreiro (martes de entroido) e 5 de agosto (festas patronais)
  • Baiona: 16 de xullo (Virxe do Carme) e 26 de speitembre (San Cosme)
  • Baleira: 13 de febreiro (martes de entroido) e 12 de agosto (Nosa Señora da Piedade)
  • Baltar: 13 de febreiro (martes de entroido) e 19 de marzo (San José)
  • Bande: 13 de febreiro (martes de entroido) e 26 de agosto (San Bartolomé)
  • Baños de Molgas: 13 de febreiro (martes de entroido) e 6 de agosto (festas de Escairón)
  • Baralla: 27 de agosto (San Vitorio) e 28 de agosto (festa dos Dolores)
  • Barbadás: 13 de febreiro (martes de entroido) e e 11 de novembro (San Martiño)
  • Barreiros: 13 de febreiro (martes de entroido) e 27 de setembro (San Cosme)
  • Barro: 14 de xuño (Festa do Viño) e 4 de outubro (San Breiro)
  • Beade: 2 de xullo (Santa Isabel) e 16 de agosto (San Roque)
  • Beariz: 16 de agosto (San Roque) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Becerreá: 2 de febreiro (Candelaria) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Begonte: 13 de febreiro (martes de entroido) e 28 de xuño (San Pedro)
  • Bergondo: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (San Roque)
  • Betanzos: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (San Roque)
  • Boborás: 13 de xuño (San Antonio) e e 19 de setembro (festa da Saleta)
  • Boimorto: 13 de febreiro (martes de entroido) e 2 de setembro (San Xil)
  • Boiro: 24 de xuño (San Xoán) e 16 de xullo (festa do Carme)
  • Boqueixón: 22 de xaneiro (San Vicente) e 9 de maio (Ascensión)
  • Bóveda: 2 de setembro (San Gil) e 16 de setembro (A Barquiña)
  • Brión: 9 de maio (Ascensión) e 27 de setembro (San Cosme)
  • Bueu: 16 de xullo (Virxe do Carme) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Burela: 3 de xuño (festa patronal) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Cabana de Bergantiños: 13 de febreiro (martes de entroido) e 1 de agosto (San Fins)
  • Cabanas: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Caldas de Reis: 24 de xuño (San Xoán) e 16 de agosto (San Roque)
  • Calvos de Randín: 3 de febreiro (martes de entroido) e 5 de agosto (festas patronais)
  • Camariñas: 23 de abril (San Xurxo) e 16 de xullo (Virxe do Carme)
  • Cambados: 11 de xullo (San Benito) e 18 de xullo (Santa Marina)
  • Cambre: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (San Roque)
  • Campo Lameiro: 13 de xuño (San Antonio) e 30 de setembro (San Miguel)
  • Cangas: 22 de marzo (venres de los Dolores) e 26 de agosto (San Bartolomé)
  • Carballeda de Avia: 3 de febreiro (martes de entroido) e 20 de maio (Pascuilla)
  • Carballeda de Valdeorras: 3 de febreiro (martes de entroido) e 8 de abril (luns del Cristo)
  • Carballedo: 22 de xullo (Virxe do Carme) e 16 de agosto (festivo local)
  • Carballo: 24 de xuño (San Xoán) e 25 de xuño
  • Cariño: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de xullo (Virxe do Carme)
  • Carnota: 13 de febreiro (martes de entroido) e 31 de outubro (festa local)
  • Carral: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Cartelle: 21 de marzo (San Benito) e 22 de agosto (Nosa Señora do Mundil)
  • Catoira: 29 de xullo (festivo local) e 5 de agosto (Desembarco Vikingo)
  • Castrelo de Miño: 3 de febreiro (martes de entroido) e 5 de agosto (festas patronais)
  • Castrelo de Val: 17 de xaneiro (San Antonio) e 14 de febreiro (mércores de Ceniza)
  • Castro Caldelas: 12 de febreiro (luns de entroido) e 9 de setembro (Romería de Cadeiras)
  • Castro de Rei: 13 de febreiro (martes de entroido) e 5 de agosto (festas patronais)
  • Castroverde: 13 de febreiro (martes de entroido) e 26 de xullo (festivo local)
  • Cedeira: 13 de xuño (San Antonio) e 26 de xullo (festivo local)
  • Cee: 24 de xuño (San Xoán) e 16 de agosto (San Roque)
  • Celanova: 1 de marzo (San Rosendo) e 16 de agosto (San Roque)
  • Cenlle: 3 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Cerceda: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Cerdedo-Cotobade: 29 de xullo (festivo local) e 19 de agosto (Os Pincheiros)
  • Cerdido: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Cervantes: 13 de febreiro (martes de entroido) e 20 de maio (Pascuilla)
  • Cervo: 16 de xullo (Virxe do Carme) e 16 de agosto (San Roque)
  • Chandrexa de Queixa: 3 de febreiro (martes de entroido) e 2 de setembro (San Gil)
  • Chantada: 27 de agosto (San Vitorio) e 18 de outubro (San Lucas)
  • Coirós: 13 de febreiro (martes de entroido) e 8 de marzo (Día Internacional da Muller)
  • Coles: 14 de febreiro (mércores de ceniza) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Corcubión: 25 de abril (San Marcos) e 16 de xullo (Virxe do Carme)
  • Coristanco: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Cortegada: 11 de xullo (San Benito) e 26 de xullo (festivo local)
  • Cospeito: 13 de febreiro (martes de entroido) e 8 de setembro (Nosa Señora da Virxe do Monte)
  • Covelo: 20 de maio (Pascuilla) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Crecente: 13 de maio (Fátima) e 16 de agosto (San Roque)
  • Cualedro: 14 de febreiro (mércores de ceniza) e 13 de xuño (San Antonio)
  • Culleredo: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Cuntis: 11 de xullo (San Benito) e 16 de agosto (San Roque)
  • Curtis: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Dodro: 1 de abril (luns de Pascua) e 16 de setembro (A Barquiña)
  • Dozón: 22 de xullo (Virxe do Carme) e 13 de decembro (Santa Lucía)
  • Dumbría: 24 de xuño (San Xoán) e 10 de decembro (Santa Baia)
  • Entrimo: 3 de febreiro (martes de entroido) e 2 de agosto (festas patronais)
  • Esgos: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Fene: 14 de febreiro (mércores de ceniza) e 6 de agosto (festa patronal)
  • Ferrol: 19 de marzo (San José) e 1 de abril (luns de Pascua)
  • Folgoso do Courel: 19 de agosto (Carmen dos Pincheiros) e 5 de decembro (festivo local)
  • Fornelos de Montes: 1 de abril (luns de Pascua) e 12 de agosto (Nosa Señora da Piedade)
  • Foz: 16 de xullo (Virxe do Carme) e 10 de agosto (San Lorenzo)
  • Frades: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Friol: 13 de febreiro (martes de entroido) e 15 de xullo (Santa Isabel)
  • Gomesende: 16 de xullo (festivo local) e 16 de agosto (festivo local)
  • Gondomar: 11 de xullo (San Benito) e 16 de agosto (San Roque)
  • Guitiriz: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Guntín: 13 de febreiro (martes de entroido) e 8 de xullo (Virxe do Carme)
  • Fisterra: 1 de abril (luns de Pascua) e 8 de setembro (Nosa Señora da Virxe do Monte)
  • Irixoa: 12 de febreiro (luns de entroido) e 13 de febreiro (martes de entroido)
  • Lalín: 23 de setembro (festividad del Patio) e 24 de setembro (festivo local)
  • Láncara: 13 de febreiro (martes de entroido) e 19 de agosto (Carmen de Os Pincheiros)
  • Larouco: 9 de setembro (Romería de Cadeiras) e 13 de decembro (Santa Lucía)
  • Laxe: 16 de agosto (San Roque) e 30 de agosto (santa Rosa)
  • Laza: 14 de febreiro (mércores de ceniza) e 3 de maio (Santa Cruz)
  • Leiro: 3 de maio (Santa Cruz) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Lobeira: 22 de xaneiro (San Vicente) e 13 de febreiro (martes de entroido)
  • Lobios: 13 de febreiro (martes de entroido) e 12 de agosto (Nosa Señora da Piedade)
  • Lourenzá: 13 de febreiro (martes de entroido) e 2 de setembro (San Gil)
  • Lousame: 25 de abril (San Marcos) e 27 de setembro (San Cosme)
  • Lugo: 13 de febreiro (martes de entroido) e 5 de outubro (San Froilán)
  • Maceda: 13 de febreiro (martes de entroido) e 13 de agosto (festa patronal)
  • Malpica de Bergantiños: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (Festa do Mar)
  • Manzaneda: 13 de febreiro (martes de entroido) e 5 de agosto (festa patronal)
  • Mañón: 13 de febreiro (martes de entroido) e 9 de setembro (Romería de Cadeiras)
  • Marín: 24 de xuño (San Xoán) e 16 de xullo (Virxe do Carme)
  • Maside: 13 de febreiro (martes de entroido) e 27 de agosto (San Vitorio)
  • Mazaricos: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Meaño: 11 de xullo (San Benito) e 13 de decembro (Santa Lucía)
  • Meira: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (San Roque)
  • Meis: 1 de abril (luns de Pascua) e 11 de xullo (San Benito)
  • Melide: 1 de abril (luns de Pascua) e 16 de xullo (Virxe do Carme)
  • Melón: 3 de maio (Santa Cruz) e 13 de xuño (San Antonio)
  • Mesía: 13 de febreiro (martes de entroido) e 13 de xuño (San Antonio)
  • Miño: 13 de febreiro (martes de entroido) e 29 de xuño (San Pedro)
  • Moaña: 16 de xullo (Virxe do Carme) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Moeche: 13 de febreiro (martes de entroido) e 23 de abril (San Xurxo)
  • Mondariz: 20 de maio (Pascuilla) e 16 de agosto (San Roque)
  • Mondariz-Balneario: 12 de febreiro (luns de entroido) e 20 de maio (Las Pascuillas)
  • Mondoñedo: 16 de setembro (luns de A Barquiña) e 18 de outubro (San Lucas)
  • Monfero: 12 de febreiro (luns de entroido) e 13 de febreiro (martes de entroido)
  • Monforte de Lemos: 2 de abril (martes de Pascua) e 13 de xuño (San Antonio)
  • Montederramo: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (San Roque)
  • Monterrei: 26 de xullo (festivo local) e 16 de agosto (San Roque)
  • Monterroso: 13 de febreiro (martes de entroido) e 10 de xullo (San Cristóbal)
  • Moraña: 19 de xullo (Santa Justa) e 13 de decembro (Santa Lucía)
  • Mos: 13 de xuño (San Antonio) e 7 de agosto (San Mamede)
  • Mugardos: 14 de febreiro (mércores de ceniza) e 21 de maio (Voto de Chanteiro)
  • Muíños: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Muras: 13 de febreiro (martes de entroido) e 1 de xullo (San Pedro Muras)
  • Muros: 24 de xuño (San Xoán) e e 16 de xullo (Virxe do Carme)
  • Muxía: 1 de abril (luns de Pascua) e 16 de setembro (A Barquiña)
  • Narón: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Navia de Suarna: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de setembro (luns de A Barquiña)
  • Neda: 13 de febreiro (martes de entroido) e 9 de setembro (Romería de Cadeiras)
  • Negueira de Muñiz: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (San Roque)
  • Negreira: 12 de xullo (San Cristóbal) e 16 de setembro (A Barquiña)
  • Nigrán: 24 de xuño (San Xoán) e 1 de agosto (San Fins)
  • Nogueira de Ramuín: 16 de agosto (San Roque) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Noia: 26 de abril (San Marcos) e 16 de xullo (Virxe do Carme)
  • O Barco de Valdeorras: 22 de maio (Santa Rita) e 16 de setembro (luns de A Barquiña)
  • O Bolo: 16 de agosto (San Roque) e 13 de decembro (Santa Lucía)
  • O Carballiño: 3 de febreiro (martes de entroido) e 17 de setembro (festas patronais)
  • O Corgo: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Oia: 20 de maio (Pascuilla) e 7 de agosto (San Mamede)
  • Oímbra: 14 de febreiro (mércores de ceniza) e 26 de xullo (festivo local)
  • O Incio: 13 de febreiro (martes de entroido) e 15 de maio (San Cidre)
  • O Irixo: 13 de maio (Fátima) e 16 de agosto (San Roque)
  • Oleiros: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • O Páramo: 13 de febreiro (martes de entroido) e 10 de xuño (San Antonio)
  • O Pereiro de Aguiar: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • O Pino: 9 de maio (Ascensión) e 22 de xullo (Virxe do Carme)
  • O Porriño: 11 de xullo (San Benito) e 23 de setembro (Festividad del Patio)
  • Ordes: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (San Roque)
  • O Saviñao: 13 de febreiro (martes de entroido) e 6 de agosto (festas de Escairón)
  • O Rosal: 13 de febreiro (martes de entroido) e 26 de xullo (festivo local)
  • Oroso: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de setembro (luns de A Barquiña)
  • Ortigueira: 13 de febreiro (martes de entroido) e 29 de xullo (festivo local)
  • Ourense: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Ourol: 13 de maio (Fátima) e 26 de agosto (San Bartolomé)
  • Outeiro de Rei: 13 de febreiro (martes de entroido) e 8 de xullo (Virxe do Carme)
  • Outes: 14 de febreiro (mércores de ceniza) e 24 de xuño (San Xoán)
  • O Valadouro: 13 de febreiro (martes de entroido) e 9 de setembro (Romería de Cadeiras)
  • O Vicedo: 13 de febreiro (martes de entroido) e 5 de agosto (festas patronais)
  • Os Blancos: 3 de febreiro (martes de entroido) e 16 de setembro (luns de A Barquiña)
  • Oza-Cesuras: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Paderne: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (San Roque)
  • Paderne de Allariz: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Padrenda: 24 de xuño (San Xoán) e e 7 de outubro (luns das Feiras)
  • Padrón: 1 de abril (luns de Pascua) e 6 de maio (San Xoán do Raio)
  • Palas de Rei: 13 de febreiro (martes de entroido) e 13 de setembro (Ecce Hommo)
  • Pantón: 19 de agosto (Carmen dos Pincheiros) e 9 de setembro (Romería de Cadeiras)
  • Parada de Sil: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Paradela: 13 de febreiro (martes de entroido) e 15 de maio (San Cidre)
  • Pazos de Borbén: 15 de xaneiro (San Amaro) e 1 de abril (luns de Pascua)
  • Pedrafita do Cebreiro: 13 de xuño (San Antonio) e 9 de setembro (Romería de Cadeiras)
  • Piñor: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Poio: 24 de xuño (San Xoán) e 24 de setembro (festivo local)
  • Pol: 13 de febreiro (martes de entroido) e 26 de agosto (San Bartolomé)
  • Ponteareas: 3 de xuño (festa patronal) e 30 de setembro (San Miguel)
  • Ponte Caldelas: 1 de abril (luns de Pascua) e 28 de agosto (festa de los Dolores)
  • Pontedeume: 8 de maio (San Miguel de Breamos) e 10 de setembro (festa das Peras)
  • Ponteceso: 16 de setembro (A Barquiña) e 17 de setembro (festa patronal)
  • Pontedeva: 13 de febreiro (martes de entroido) e 23 de agosto (festa del Mar)
  • Pontevedra: 14 de febreiro (mércores de ceniza) e 11 de xullo (San Benito)
  • Portas: 21 de marzo (San Benito) e 1 de abril (luns de Pascua)
  • Porqueira: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de xullo (Virxe do Carme)
  • Petín: 17 de xaneiro (San Antonio) e 26 de xullo (festivo local)
  • Pontecesures: 8 de xaneiro (San Xulián) e 8 de xullo (Virxe do Carme)
  • Porto do Son: 12 de febreiro (luns de entroido) e 9 de setembro (Romería de Cadeiras)
  • Portomarín: 13 de febreiro (martes de entroido) e 2 de setembro (San Gil)
  • Punxín: 13 de febreiro (martes de entroido) e 8 de abril (luns del Cristo)
  • Quintela de Leirado: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de xullo (Virxe do Carme)
  • Quiroga: 1 de abril (luns de Pascua) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Rábade: 13 de febreiro (martes de entroido) e 14 de agosto (Nosa Señora da Asunción)
  • Rairiz de Veiga: 24 de xuño (San Xoán) e 24 de setembro (festivo local)
  • Redondela: 8 de abril (luns del Cristo) e 30 de maio (xoves da Coca)
  • Rianxo: 16 de xullo (Virxe do Carme) e 20 de setembro (A Guadalupe)
  • Ribadeo: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (San Roque)
  • Ribadumia: 1 de abril (luns de Pascua) e 21 de maio (venres do Boi)
  • Ribas de Sil: 16 de agosto (San Roque) e 30 de outubro (San Claudio)
  • Ribeira: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xullo (A Dorna)
  • Ribeira de Piquín: 13 de febreiro (martes de entroido) e 23 de abril (San Xurxo)
  • Riós: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (San Roque)
  • Riotorto: 13 de febreiro (martes de entroido) e 18 de outubro (San Lucas)
  • Rodeiro: 10 de xuño (San Antón) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Rois: 1 de abril (luns de Pascua) e 15 de maio (San Cidre)
  • Rubiá: 9 de maio (Ascensión) e 23 de agosto (festa do Mar)
  • Sada: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (San Roque)
  • Salceda de Caselas: 13 de febreiro (martes de entroido) e 22 de xullo (Virxe do Carme)
  • Salvaterra de Miño: 13 de maio (Fátima) e 10 de xuño (San Antón)
  • Samos: 13 de febreiro (martes de entroido) e 15 de xullo (Santa Isabel)
  • San Amaro: 13 de febreiro (martes de entroido) e 15 de xullo (Santa Isabel)
  • San Cibrao das Viñas: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • San Cristovo de Cea: 10 de xullo (San Cristóbal) e 23 de setembro (Festividad del Patio)
  • Sanxenxo: 1 de abril (luns de Pascua) e 4 de setembro (Santa Rosalía)
  • Sandiás: 14 de febreiro (mércores de ceniza) e 1 de abril (luns de Pascua)
  • Santiago de Compostela: 9 de maio (Ascensión) e 16 de agosto (San Roque)
  • Santiso: 13 de xuño (San Antón) e 24 de xuño (San Xoán)
  • San Sadurniño: 13 de febreiro (martes de entroido) e 2 de xullo (Santa Isabel)
  • San Xoán de Río: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Santa Comba: 24 de xuño (San Xoán) e e 1 de xullo (San Pedro de Muras)
  • Sarreaus: 12 de febreiro (luns de entroido) e 9 de setembro (Romería de Cadeiras)
  • Sarria: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Silleda: 26 de agosto (San Bartolomé) e 19 de setembro (festa da Saleta)
  • Sober: 9 de setembro (Romería de Cadeiras) e 16 de setembro (A Barquiña)
  • Sobrado: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Soutomaior: 1 de abril (luns de Pascua) e 6 de agosto (festa patronal)
  • Taboada: 13 de febreiro (martes de entroido) e 12 de agosto (Nosa Señora da Piedade)
  • Taboadela: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Teo: 9 de maio (Ascensión) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Toén: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Tomiño: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de setembro (A Barquiña)
  • Toques: 15 de maio (San Cidre) e 2 de setembro (San Gil)
  • Trabada: 25 de abril (San Marcos) e e 16 de agosto (San Roque)
  • Trasmiras: 13 de febreiro (martes de entroido) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Trazo: 16 de agosto (San Roque) e 16 de setembro (A Barquiña)
  • Triacastela: 13 de febreiro (martes de entroido) e 9 de setembro (Romería de Cadeiras)
  • Tordoia: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de maio (San Isidro Labrador)
  • Touro: 13 de febreiro (martes de entroido) e 1 de abril (luns de Pascua)
  • Tui: 13 de febreiro (martes de entroido) e 8 de abril (luns del Cristo)
  • Val do Dubra: 9 de maio (Ascensión) e 2 de agosto (fiestra patronal)
  • Valdoviño: 14 de febreiro (mércores de ceniza) e 24 de xuño (san Xoán)
  • Valga: 2 de febreiro (Candelaria) e 24 de xuño (San Xoán)
  • Vedra: 23 de setembro (festividad del Patio) e 10 de decembro (Santa Baia)
  • Verea: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Verín: 17 de xaneiro (San Antonio) e 14 de febreiro (mércores de Ceniza)
  • Viana do Bolo: 14 de febreiro (mércores de ceniza) e 16 de agosto (San Roque)
  • Vigo: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (San Roque)
  • Vilaboa: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Vila de Cruces: 12 de agosto (Nosa Señora da Piedade) e 13 de agosto (festa patronal)
  • Vilagarcía de Arousa: 22 de maio (Santa Rita) e 16 de agosto (San Roque)
  • Vilalba: 13 de febreiro (martes de entroido) e 31 de agosto (San Ramón)
  • Vilar de Santos: 1 de abril (luns de Pascua) e e 5 de agosto (festa patronal)
  • Vilardevós: 14 de febreiro (mércores de ceniza) e 16 de agosto (San Roque)
  • Vilamarín: 13 de febreiro (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Vilamartín de Valdeorras: 23 de abril (san Xurxo) e 22 de xullo (Virxe do Carme)
  • Vilanova de Arousa: 15 de xaneiro (San Amaro) e 16 de setembro (luns de A Barquiña)
  • Vilar de Barrio: 13 de xuño (San Antonio) e 1 de agosto (San Fins)
  • Vilariño de Conso: 12 de febreiro (luns de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
  • Vilarmaior: 12 de febreiro (luns de entroido) e 13 de febreiro (martes de entroido)
  • Vilasantar: 13 de febreiro (martes de entroido) e 26 de xullo (festivo local)
  • Vimianzo: 22 de xaneiro (San Vicente) e 12 de agosto (Nosa Señora da Piedade)
  • Viveiro: 13 de febreiro (martes de entroido) e 16 de agosto (San Ramón)
  • Xermade: 13 de febreiro (martes de entroido) e 12 de agosto (Nosa Señora da Piedade)
  • Xinzo de Limia: 13 de febreiro (martes de entroido) e 18 de xullo (Santa Marina)
  • Xove: 13 de xuño (San Antonio) e 2 de setembro (San Gil)
  • Xunqueira de Ambía: 29 de abril (San Pedro) e 16 de agosto (San Roque)
  • Xunqueira de Espadanedo: 13 de febreiro (martes de entroido)e 8 de xullo (Virxe do Carme)
  • Zas: 16 de xullo (Virxe do Carme) e 26 de xullo (festivo local)

Consulta este post cando vaias planificar as túas vacacións, porque che será de grande axuda saber os festivos 2024 en Galicia, as festas locais da Coruña ou de Santiago e do resto de cidades galegas e as pontes que hai en Galicia en 2024.

Tamén podes consultar as datas do curso escolar no Calendario escolar Galicia 2024 – 2025.

E como este ano case terminou, deixámosche por aquí os festivos en Galicia 2025 para que organices as vacacións con tempo.

Festivos 2025 en Galicia

Que días son festivos en Galicia en 2025? En total hai 14 festivos 2025 en Galicia, como no resto de Comunidades. Deles, 9 son festivos nacionais obrigatorios, 3 elíxeos a Comunidade galega e 2 locais de cada Concello.

O DOG xa fixo público o calendario laboral 2025 de Galicia onde determina todos os festivos do ano.

O 12 de outubro, Festa Nacional, cae en domingo, polo que Galicia substitúeo polo 17 de maio, Día das Letras Galegas. Tamén elixe o 25 de xullo, Santiago Apóstolo, como festivos propios. Consulta aquí debaixo todos os festivos 2025 en Galicia:

  • 1 de xaneiro - Aninovo
  • 6 de xaneiro – Día de Reis
  • 17 de abril – Xoves Santo
  • 18 de abril - Venres Santo
  • 1 de maio - Festa do Traballo
  • 17 de maio – Día das Letras Galegas
  • 25 de xullo – Día Nacional de Galicia
  • 15 de agosto - Asunción da Virxe
  • 1 de novembro - Todos os Santos
  • 6 de decembro - Día da Constitución
  • 8 de decembro – Inmaculada Concepción
  • 25 de decembro - Nadal

Pontes en Galicia 2025

Á vista destes festivos, que pontes hai en Galicia en 2025? Cun ou dous días de vacacións que che pidas podes facer algún que outro acueduto 😉.

  • Ponte de Semana Santa Galicia 2025: non é exactamente unha ponte, só que os festivos de Semana Santa en Galicia son o 17 de abril, Xoves Santo, e o 18 de abril, Venres Santo. Se podes coller días antes ou despois, fas unha ponte grande.
  • Ponte do 1 de maio Galicia 2025: este ano, o 1 de maio é xoves. Se podes coller o venres libre gozarás da ponte de maio.
  • Ponte do 25 de xullo en Galicia 2025: o Día Nacional de Galicia, 25 de xullo, cae en venres en 2025. Así que non é exactamente unha ponte, pero si unha fin de semana longa.
  • Ponte do 15 agosto 2025 en Galicia: o mesmo que o anterior, o 15 de agosto coincide en venres, polo que gozarás dunha fin de semana máis longa.
  • Ponte de decembro en Galicia 2025: este ano o 6 de decembro, Día da Constitución, cae en sábado e o 8 de decembro, Inmaculada Concepción, coincide en luns. Así que, de novo, non hai ponte, pero si fin de semana longa.
  • Ponte de Nadal 2025 en Galicia: neste caso, o Día de Nadal, o 25 de decembro, é xoves, polo que, se podes coller libre o venres, terás unha boa ponte.

Entroido 2025 en Galicia

E que hai do Entroido 2025 en Galicia? O martes de Entroido 2025 é o 4 de marzo e a primeira ponte do ano en moitísimas localidades galegas.

É que é festa na Coruña, en Vigo... e, como non en Ourense e moitos municipios da provincia, onde podes gozar dos mellores Entroidos en Galicia 2025. Podes saber máis deles nas seguintes ligazóns:

Festivos locais en Galicia 2025

Contámosche cales son os festivos locais en Galicia 2025 nas principais cidades galegas que xa se coñecen. O resto actualizarémolo en canto se publiquen.

Festivos na Coruña 2025

  • Martes, 4 de marzo: Martes de Entroido
  • Martes, 24 de xuño: San Xoán

Xa ves que aquí tes dúas posibles pontes na Coruña 2025: en Entroido e en San Xoán da Coruña se colles libre o luns.

Festivos en Santiago 2025

  • Xoves, 29 de maio: Día da Ascensión
  • Sábado, 16 de agosto: San Roque

As Festas da Ascensión en Santiago 2025 contarán con festivo o xoves 29 de maio, interesante ponte en Santiago 2025, se colles libre o venres 30.

Festivos en Ferrol 2025

  • Martes, 7 de xaneiro: San Xiao
  • Luns, 21 de abril: Luns de Pascua

Fin de semana súper longo en Ferrol, co luns 6 de xaneiro e martes 7 de xaneiro libres. E se alonga a Semana Santa de Ferrol 2025 co Luns de Pascua como festa local, que coincide coa celebración da romaría de Chamorro.

Festivos en Pontevedra 2024

  • Mércores, 5 de marzo: Mércores de Cinza
  • Venres, 11 de xullo: San Benitiño de Lérez

Festivos en Vigo 2025

  • Martes, 4 de marzo: Martes de Entroido
  • Venres, 28 de marzo: Día da Reconquista

Aquí podes facer ponte en Entroido e gozar dunha fin de semana longa para celebrar a Festa da Reconquista de Vigo 2025.

Festivos locais en Galicia 2025 por localidades

Aínda non se coñece a lista completa de festivos locais en Galicia 2025 por localidade, contarémosvolos por aquí cando se publiquen.