Este Nadal, colle os patíns e lánzate á pista. En Galicia contamos con pistas de xeo repartidas polos nosas vilas e cidades. Toma nota de onde están e cales son os seus horarios e prezos.
Pista de xeo na Coruña
Os/as coruñeses/as poden comezar a gozar das súa pista de xeo do Nadal o venres 1 de decembro.
Estará situada ao aire libre e en pleno centro da cidade herculina, na praza de María Pita, ata despois de Reis.
A pista mide 30 metros de longo e 20 de ancho, espazo suficiente para facer as delicias de pequenos/as e de adultos.
Horario e prezo da pista de xeo da Coruña
A pista de xeo da Coruña abrirá polas tardes de luns a venres, de 16:45 a 22:15 horas.
As fins de semana, abre mañá e tarde: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 23:00 horas.
Ademais, os días sinalados como Noiteboa e Noitevella abrirá de forma ininterrompida de 11:00 a 18:00 horas e outras datas especiais, como Nadal, Aninovo ou Reis, permanecerá aberta en horario de tarde ata avanzada a noite, en concreto, de 18:00 a 22:45 horas.
O custo da entrada son 9 euros por persona, patíns incluidos. Para centros escolares, redúcese a 3,5 euros.
Pista de xeo en Ourense
Os/as ourensáns afán gozar dunha pista de xeo natural instalada na terraza superior do "Ponte Vella Centro Comercial y Ocio". En 2023, alí estará dende o domingo 21 de decembro ao domingo 21 de xaneiro.
Dous meses para gozar dunha gran pista que mide máis de 300 m² e conta con efectos de luz led, música e outras sorpresas.
Horario da pista de xeo en Ourense
A pista de xeo de Ourense abre todos os días da semana.
Pero o seu horario é diferente en función da data.
Ata o 21 de decembro e do 8 ao 21 de xaneiro, abre de 17:00 a 21:00 horas de luns a venres e de 11:00 a 22:00 sábados, domingos e festivos.
En plenas vacacións, do 22 de decembro ao 8 de xaneiro, o seu horario é de 11:00 a 22:00 todos os días, pero hai catro excepcións. En datas especialmente sinaladas, como Noiteboa e Noitevella, estará aberta de 11:00 a 17:30 horas; en Nadal e Aninovo, de 17:00 a 22:00 horas.
Prezo da pista de xeo de Ourense
O prezo xeral para acceder á pista de xeo en pases de 30 minutos é de 7 euros. Hai descontos especiais para grupos e outras modalidades e pódense alugar uns resultóns andadores para os/as máis pequenos/as por 2 euros.
Podes adquirir previamente a túa entrada online a través da páxina oficial.
Pista de xeo en Pontevedra
En 2023 Pontevedra estrea pista de xeo en pleno centro, na praza de España, durante o Nadal.
Unha pista de xeo ao aire libre, cuberta cunha carpa transparente e acompañada de “tirolesa” e tobogán, que conforma un auténtico "Bosque dos Xogos", tal e como lle chaman de maneira oficial.
Datas, horarios e prezos da pista de xeo de Pontevedra
A pista de xeo de Pontevedra estará en funcionamento do 5 de decembro ao 2 de xaneiro.
O horario da pista de xeo de Pontevedra é:
• 6 de decembro ao 21 de decembro: de 17:00 a 22:00 de luns a venres e de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00 horas as fins de semana e festivos.
• A partir do 22 de decembro, estará aberta todos os días de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00 horas.
• Os días de Noiteboa e Noitevella contará cun horario especial un pouquiño máis reducido, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
A entrada é gratuíta presentando un ticket de compra do comercio local por persoa.
Pista de xeo en Vigo
Os/as vigueses/as gozan de pista de xeo e karts en Samil dende o venres 1 de decembro ao domingo 28 de xaneiro. Un atractivo a sumar ás súas máis que populares luces de Nadal.
A entrada xeral custa 8 euros e permite disfrutar de ambas as dúas pistas, xeo e karts, durante 50 minutos. Para familias numerosas, o custo redúcese a 5 euros.
Horario da pista de xeo de Vigo
Ata o inicio das vacacións escolares, o seu horario é de 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas de luns a venres e de 11:00 a 20:30 horas as fins de semana e festivos.
Chegadas as vacacións, abrirá todos os días da semana de 11:00 a 22:30 horas.
Días especiais como Noiteboa, Noitevella e o 5 de xaneiro, de 11:00 a 19:00 horas. E outras datas sinaladas, como o día de Nadal, Aninovo e Reis, só abriría pola tarde, entre as 16:30 e as 22:30 horas.
Pista de xeo en Santiago
Dende o venres 22 de decembro, os santiagueses teñen unha pista de xeo ecolóxica na Alameda.
Pensada para gozar en familia, súmase a outras atraccións, como un rocódromo e xogos infantís.
Todas as actividades son gratuítas e a única limitación é que o aforo esté completo.
Horario pista de xeo de Santiago
A pista de xeo de Santiago abre todos os días en horario de mañá e tarde.
En xeral, o seu horario é de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas.
Pero hai días especiais, como Noiteboa e Fin de Ano, nos que só abre pola mañá.
Ademais, os días de Nadal, Aninovo e 6 de xaneiro permanecerá pechada.
Más pistas de xeo en Galicia
As pistas de xeo son un popular plan de Nadal en moitas vilas e localidades galegas. Aquí tes algunhas delas:
• Oleiros tamén contará coa súa propia pista de xeo do Nadal. Estará aberta todos os días dende o venres 1 de decembro e cada usuario poderá gozar dela durante 30 minutos aboando 6 euros.
• Vilagarcía, cunha gran pista de xeo montada no recinto feiral de Fexdega a partir do venres 1 de decembro.
• Vimianzo. Esta localidade contará, por terceira vez, cunha pista de xeo natural na praza do Concello dende o día 14 de decembro.
• Sanxenxo. Por primeira vez instalarase unha pista de xeo no aparcadoiro de Nauta, integrada dentro do "Ice Park", a nova aposta de entretemento do Nadal deste concello das Rías Baixas.
• Ribadeo. Do 3 de decembro ao 7 de xaneiro, veciños/as e visitantes de Ribadeo poden desfrutar dunha pista de xeo instalada na Avenida Rosalía de Castro. O precio xeral son 5 euros, pero hai desconto por compras en comercios locais.
• Ortigueira. Do 27 ao 30 de decembro, "Ortigueira on ice", unha pista de patinaxe sobre xeo gratuíta que tamén conta con música e xogos infantís.
Outros, como Barbadás, A Guarda, Celanova, Ribadavia, Redondela ou Xove trunfaron coas súas pistas de xeo do Nadal nos últimos anos. Esperamos que tamén repitan en 2023 :)
Así que prepárate para vivir o Nadal en familia gozando das mellores pistas de xeo en Galicia.