A app de R permíteche saber en todo momento o consumo de datos e chamadas que levas realizado antes de que chegue a factura. E todo isto pódelo consultar dende o teu móbilR con só un par de clics. Poñémoscho moi fácil porque para nós é importante que sempre esteas informado dos teus servizos con R . Se aínda non descargaches a app de servizos de cliente R xa estás a tardar: para Android e para iOS.

Consumo de tarifa plana de datos

App de R consumo de datos

Entra na app e segue a ruta móbilR > consumo de tarifa plana de datos. Aí verás o consumo de datos da túa liña móbilR dende a última factura emitida, con posibilidade de contratar un novo bono se superas a tarifa contratada e estás en velocidade reducida.

A gráfica móstrache os datos que levas gastados da túa tarifa móbil e wificlientes ata o momento, así como os que che quedan por desfrutar.

Podes ver a tarifa que tes contratada, os GB que gastaches e cantos días faltan para poñer a cero o contador e volver ter dispoñibles todos os teus datos.

Dende esta pantalla, tes a opción de resetear a tarifa plana ou contratar un bono temporal, por se quedaches sen datos antes de terminar o ciclo de facturación . Atoparás tamén unha ligazón cuns cuantos consellos para aforrar datos no teu móbil.

Sen saír de aí, podes dirixirte directamente aos consumos de chamadas, pulsando o botón consumo de voz e sms.

App de R consumo de datos

Consumo dende última factura

Como che diciamos, dende o consumo de tarifa plana de datos podes acceder ao consumo de chamadas. Pero tamén podes entrar na app e seguir a ruta móbilR > consumo móbil dende a última factura.

App de R consumo de llamadas

Aquí atoparás toda a info sobre o consumo que levas realizado en chamadas telefónicas, gastos de TV, etc. acumulado dende a última factura emitida, para cada conta de facturación.

Pero ollo, non se trata dunha consulta en tempo real, hai unhas marxes de actualización:

  • os eventos de TV, as chamadas do fixo e as chamadas e SMS móbiles actualízanse cada 6 horas.
  • o consumo de datos móbil actualízase unha vez cada 24 horas.
  • os consumos en roaming do móbil poden actualizarse ata con 1 semana de atraso.

Na pantalla verás un resumo dos consumos realizados, se queres ver en detalle as chamadas que realizaches, pulsa en ver detalle e mostrarache a listaxe completa, que podes descargar nun arquivo Excel ou CSV.

Como ves é máis que rápido saber se te estás pasando tirando de datos do móbil ou te despistaches máis da conta ao teléfono. E se ves que necesitas aumentar os teus datos, consulta as tarifas de móbilR e atopa a que máis se axusta ás túas necesidades.

Aquí tes máis posts sobre a app de R:

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!