Continuamos achegándoche as utilidades da app de R. E hoxe queremos falar de ti, porque cremos que a inmediatez e a proximidade co cliente nos fai ser quen somos. Para poñerche en contacto connosco facilitámosche moitas canles (teléfono, correo, redes sociais…), pero igual non sabías que tamén podes resolver as túas consultas vía chat dende a app de servizos R (Android e iOS). Ademais de chatear cun operario, dende a aplicación tamén podes avisarnos dunha avaría, poñer unha reclamación, tramitar as túas citas e moito máis.

Para acceder a algún destes servizos, só tes que abrir a app e pulsar o botón contacta con R. Aí atoparás varias opcións de xestión:

  • A miña cita de instalación: podes ver as citas pendentes, fixalas e modificar a data ou a hora.
  • Avisar dunha avaría ou ver o seu estado: en ocasións pode fallar a túa conexión ou ben un servizo. Na nosa aplicación móbil podes facer un diagnóstico completo e directo do teu servizo, coma se o estivese a ver un técnico contigo. Aí verías se hai unha incidencia na túa zona, se hai algo mal configurado, como tratar de resolvelo...Tes un diagnóstico completo tanto para a túa conexión de internet como para o servizo móbil:

    app de R diagnóstico

    app de R diagnóstico móvilE se a incidencia é máis complexa, podes abrir directamente unha avaría e o noso servizo técnico contactará contigo para facer outro tipo de probas.
  • Ver estado ou poñer unha reclamación: esperamos que non sexa necesario, pero se é así, podes abrir unha nova reclamación ou consultar o estado das que abrises

    app de R reclamación
  • Chat: se prefires, podes chatear cun operador para preguntarlle calquera cousa. Responderá as túas dúbidas todos os días laborables, de 10 a 22h.

    app de R chat

Se non coñecías algunha destas ferramentas, esperamos que a partir de agora botes man delas porque son verdadeiramente útiles.

Aquí tes máis posts sobre a app de R:

Un saúdo!