Cando viaxas ao estranxeiro xorden as dúbidas sobre se chamar ou navegar por internet dende o teu móbil de R é gratis no país de destino. E é normal que haxa confusión, porque o roaming non é igual en todos os países. Preguntádesnos moito polo roaming en Reino Unido. Así que imos explicarche que é o roaming, como se activa o roaming no teu móbilR, en que países é gratis o roaming e cales son as tarifas de roaming nas zonas onde si ten un custo.
Que é o roaming e para que serve
Se saes de viaxe ao estranxeiro, o teu móbil conéctase ás redes móbiles doutros operadores para que poidas seguir falando e navegando, aínda que esteas fóra de España. Iso é o roaming.
E dependendo do país ao que viaxes, chamar, conectarte a internet ou enviar un SMS pode ser gratis ou ter un custo. Iso varía dependendo da zona onde se atope o país de destino.
En que países tes o roaming sen custo co teu móbil de R
Hai que pagar o roaming en Reino Unido? Por se non tes claro cales son os países onde xa podes falar e navegar sen custo, deixámosche aquí a lista. Son os chamados países do Espazo Económico Europeo.
Aquí o roaming é gratis e está incluído na túa tarifa móbil de R. E para a túa comodidade, vén activado por defecto, para que non teñas que facer nada.
Non teñen ningún custo extra no teu móbilR as comunicacións no Espazo Económico Europeo (os países da Unión Europea xunto con Islandia, Liechtenstein e Noruega).
Roaming en Reino Unido en R
No caso de Reino Unido, xa non forma parte da Unión Europea. Por esa razón:
1. Agora ten custo tanto chamar, como recibir chamadas e como navegar por internet. Podes ver as tarifas de roaming de R na nosa web.
2. Se queres usar o roaming, tes que activalo na nosa app ou área privada. Antes, ao ser un país no que este servizo non tiña custo, estaba activado por defecto en todas as nosas liñas. Agora, ao ter custo, tes que activalo.
Suíza e Andorra
Andorra e Suíza están dentro da Unión Europea, pero non no Espazo Económico Europeo.
Por tanto, neses dous países falar e navegar por internet si ten un custo.
Que países cobran o roaming dende o teu móbil de R
Como vés de ver, Andorra e Suíza, e o resto dos países que non están no Espazo Económico Europeo. Desde eles, chamar e navegar ten un custo que varía segundo a zona na que se atope o país ao que viaxes: zona 1, zona 2 ou zona 3.
Por se a xeografía non é o teu 😉, podes ver aquí a lista de países:
Países da zona 1 de roaming en R:
Reino Unido, Guernsey, Illa de Man, Jersey
Países da zona 2 de roaming en R:
Andorra, Xapón, Exipto, Cabo Verde, Illas Feroe, Kosovo, Guinea Bissau, Taxikistán, Bolivia, Nova Zelandia, Armenia, México, Colombia, República Dominicana, Arxentina, Perú, Brasil, China, India, Chile, Indonesia, Honduras, Costa Rica, Ecuador, Paraguai, Filipinas, Vietnam, Xeorgia, Nicaragua, Malasia, Guatemala, Israel, Hong Kong, Corea do Sur, O Salvador, Sri Lanka, Azerbaixán, Mali, Macao, Taiwán, Kazaxistán, Bielorrusia, Arxelia, Uruguai, Groenlandia, Kirguistán, Rusia, Singapur, Tailandia, Uzbekistán, Australia, Suíza, Estados Unidos, Turquía, Canadá, Serbia, Montenegro, Bosnia e Herzegovina, Marrocos, Porto Rico, Panamá.
Países da zona 3 de roaming en R:
Qatar, Albania, Macedonia, Ghana, Seychelles, Congo, Serra Leoa, Congo, Arabia Saudí, Emiratos Árabes, Guam, Xordania, Kenia, Omán, Senegal, Sudáfrica, Togo, Mónaco, Guinea Ecuatorial, Nixeria, Túnez, Gambia, Mauritania, Mauricio, Líbano, Camboxa, Mozambique, Madagascar, Kuwait, Uganda, Baréin, Laos, Mongolia, Güiana, Myanmar, Bahamas, Botsuana, Illas Vírxes Británicas, Benin, Bangladesh, Camerún, Burkina Faso, Costa de Marfil, Cuba, Etiopía, República de Guinea, Liberia, Niger, Pakistán, Palestina, Polinesia Francesa, República Centroafricana, Ruanda, Sudán, Venezuela, Yemen, Haití, Xamaica, Tanzania, Maldivas, Angola, Iraq, Namibia, Nepal, Zambia, Libia, Trinidade e Tobago, Suriname, Afganistán, Malawi, Bermuda, Rep. Democrática do Congo, Curaçao, Antillas Neerlandesas, Burundi, Belice, Anguila, Antiga e Barbuda, Aruba, Barbados, Brunéi, Illlas Caimán, Chad, Dominica, Fixi, Granada, Illas Cook, Montserrat, Nova Caledonia, Papúa Nova Guinea, Reino de Esuatini, Samoa, San Pedro eMiquelón, San Vicente e as Granadinas, San Cristóbal e Neves, Santa Lucía, Santo Tomé e Príncipe, Siria, Tonga, Turkmenistán, Turks & Caicos, Vanuatu, Zimbabue.
E cal é o custo por navegar por internet, facer e recibir chamadas ou enviar SMS nestes países? Segue lendo.
Tarifas de roaming en R
Xa viches a lista de países onde o roaming é gratis co teu móbilR e aqueles onde si hai un custo extra. Como che diciamos, o prezo varía dependendo de se viaxas a zona 1, zona 2 ou zona 3.
Tarifas de roaming R en zona 1:
- Datos: 5€/GB
- Establecemento de chamada: 0,5€ a países da UE e zona 1, de 1,5€ a zona 2 e de 2€ a zona 3
- Prezo por minuto de chamada: 1€ a países da UE e zona 1, de 2€ a zona 2 e de 4€ a zona 3
- Recibir chamadas: 0,5€ de establecemento e 1€/minuto.
SMS: 1,5€/SMS
Tarifas de roaming R en zona 2:
- Datos: 30€/GB
- Establecemento de chamada: 1,5€ a países de la UE, zona 1 y zona 2, y 2€ a zona 3
- Prezo por minuto de chamada: 2€ a países de la UE, zona 1, zona 2, y 4€ de zona 3
- Recibir chamadas: 1,5€ de establecemento e 2€/minuto.
- SMS: 1,5€/SMS
Tarifas de roaming R en zona 3:
- Datos: 30€/GB
- Establecemento de chamada: 2€ a cualquier país
- Prezo por minuto de chamada: 4€ a cualquier país
- Recibir chamadas: 2€ deestablecemento e 4€/minuto.
- SMS: 1,5€/SMS
De todos os xeitos, se queres comprobar as tarifas de roaming en R, podes facer a túa consulta na web mundo-r.com/roaming.
Como activar o roaming en R
Se viaxas a un país onde o roaming é gratis (Espazo Económico Europeo) non tes que facer nada, porque o roaming vén activado por defecto no teu móbil de R.
No caso de que vaias viaxar a un país da zona 1, 2 ou 3, onde si ten un custo navegar por internet ou facer chamadas, terás que activar o roaming dende a web ou a app de clientes R.
Segue estes pasos:
- Selecciona a opción “móbilR”.
- Pulsa o botón “roaming on/off”.
- Elixe a liña móbil que queres activar.
- Indica se queres activar só as chamadas ou só os datos, ou ambas as opcións.
Así de rápido.
Esperamos terche aclarado todas as túas dúbidas sobre o roaming en R. Se che queda algunha pregunta, ponte en contacto connosco e axudarémosche.
Boa viaxe!