Nos últimos anos, en R realizamos un investimento moi alto actualizando a nosa rede de fibra a FTTH (fibra ata o fogar), onde che ofrecemos routers avanzados con wifi 7 para que teñas a mellor experiencia e cobertura wifi de Galicia.

Pero non só iso, senón que traballamos e traballamos para que teñas a mellor cobertura móbil 5G da comunidade. De feito, o noso obxectivo era acabar este 2026 con 5G no 100% do rural galego habitado e adiantámonos ás nosas previsións.

70 millóns de euros de investimento

Grazas a que o noso grupo foi o principal adxudicatario en Galicia do programa de axudas UNICO 5G_Redes Activas del Ministerio para la Transformación Digital, investíronse 70 millóns de euros en levar o 5G a cada recuncho de Galicia.

Nesta actuación construíronse case 240 novas antenas móbiles en lugares onde non había e tamén se actualizou o equipamento de moitas outras para mellorar a cobertura e a velocidade. Parte dese traballo estase a notar e poderase apreciar máis no futuro, segundo podemos ver en ferramentas de medición independentes como nPerf.

Comparativa de mapas de cobertura móbil en Galicia

nPerf é unha plataforma onde os usuarios miden a calidade da súa rede fixa e móbil. Ben na súa web ou ben na súa aplicación, quen o desexe, pode realizar probas sobre a súa conexión.

O mellor de todo é que con eses datos reais (non o que dicimos nós) fan un mapa de cobertura e velocidade , co que se pode comparar la cobertura entre diferentes compañías. Para que sexa máis sinxelo, o que fixemos é poñerche o mapa de cobertura creado por nPerf onde podes ver os resultados da nosa cobertura e de dous dos principais operadores móbiles con rede propia.

image

Os tres mapas son da web de nPerf o día 25 de maio de 2025.

O 5G móbil máis estendido en Galicia

A primeira vista a conclusión é clara. Se nos centramos nas liñas de cor violeta, que son as referidas ao 5G, en R gozamos agora mesmo da mellor cobertura 5G móbil de Galicia.

En Galicia sufrimos unha xeografía accidentada e unha enorme dispersión, ata o punto de ser a comunidade con máis núcleos de poboación. A pesar diso, miles de galegos xa se conectan cada día a través das redes móbiles de quinta xeración con R.

Ademais, se comparamos Galicia co resto de España, veremos que se fixo un despregamento de 5G móbil moi potente.

Ofrecerche o servizo aquí, coñecer o terreo e estar en contacto convosco permitiunos mellorar e tratar de superarnos. Hoxe, o 5G con R alcanza o 97% da poboación galega. En poucas comunidades poden dicir o mesmo.

5G para o rural galego

Centrámonos en primeiro lugar, e como é lóxico, en chegar co 5G aos lugares onde hai máis poboación e en dar boa cobertura ás infraestruturas de comunicación críticas en Galicia, como autovías, autoestradas e estradas con maior tráfico. Con todo, nos últimos meses a nosa prioridade foi chegar ao rural, en ofrecer 5G a centos de localidades galegas das catro provincias. Porque non todo o mundo vive preto da costa nin nas cidades.

Podemos anunciar que xa completamos a cobertura móbil 5G nos 245 concellos con menos de 10.000 habitantes incluídos no plan UNICO. Son o 80% dos municipios de Galicia e concentran o 20% da poboación. Chegar con 5G a Vigo ou á Coruña é importante, pero tamén o é facelo a poboacións como Negueira de Muñiz ou A Teixeira, dous dos municipios con menos habitantes de Galicia. En R cremos que o rural merece as mesmas oportunidades e gozar dunha boa cobertura móbil e velocidade.

Podes consultar os mapas de cobertura móbil de nPerf aquí.

E se tes curiosidade, contámosche tamén os municipios de pequeno e mediano tamaño onde xa chegamos con 5G móbil:

Concellos da Coruña de menos de 10.000 habitantes con 5G de R

Abegondo, Aranga, Ares, Arzúa, A Baña, Bergondo, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Cerdido, Coirós, Coristanco, Curtis, Dumbría, Fisterra, Frades, Irixoa, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mañón, Mazaricos, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Muros, Muxía, Neda, Negreira, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza-Cesuras, Paderne, Padrón, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rois, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado, As Somozas, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vimianzo e Zas.

Concellos de Lugo de menos de 10.000 habitantes con 5G de R

Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, O Corgo, Cospeito, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Friol, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, O Saviñao, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Xermade e Xove.

Concellos de Ourense de menos de 10.000 habitantes con 5G de R

Allariz, Amoeiro, A Arnoia, Avión, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Beariz, Os Blancos, Boborás, A Bola, O Bolo, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Celanova, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Esgos, Gomesende, A Gudiña, O Irixo, Larouco, Laza, Leiro, Lobeira, Lobios, Maceda, Manzaneda, Maside, Melón, A Merca, A Mezquita, Montederramo, Monterrei, Muíños, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Petín, Piñor, A Pobra de Trives, Pontedeva, Punxín, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ribadavia, Riós , Rubiá, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Xoán de Río, Sarreaus, A Teixeira, Toén, Trasmiras, A Veiga, Verea, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Concellos de Pontevedra de menos de 10.000 habitantes con 5G de R

Agolada, Arbo, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos de Montes, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Mondariz, Moraña, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Valga, Vila de Cruces e Vilaboa.