Nin esperes nin desesperes, configura dende a app de R as chamadas perdidas e en espera. Se estás a falar por teléfono e recibes outra chamada ou se tentan contactar contigo pero tes o teléfono apagado, podes elixir a maneira como responderá o teu teléfono fixo ou móbil. Dende a app de servizos R (Android e iOS) podes configuralo directamente dende o teu smartphone con só un par de clics.

Chamadas en espera

Dende a app segue a ruta:

  • configurar > configurar móbilR > configurar chamadas en espera
  • configurar > configurar teléfono > configurar chamadas en espera

Elixe a liña que queres modificar e apareceranche as seguintes opcións:

App de R llamda en espera

Como ves, podes activar a chamada en espera para recibir novas chamadas mentres falas por teléfono. Un dobre ton avisarache que tes unha nova chamada e poderás aceptar a chamada en espera e reter ou terminar a actual, ou ben ignorar a indicación.

A outra opción é indicar que soe o ton de ocupado ou desviar a chamada. Se che quere volverá chamar .

Chamadas perdidas

Configura as chamadas perdidas do teu teléfono móbil. Dentro da app segue a ruta configurar > configurar móbilR > configurar chamadas

App de R llamadas perdidas

Se queres, enviámosche un SMS á túa liña cando perdas unha chamada. Poderás seleccionar en que circunstancias queres recibir a notificación: se estás a comunicar, apagado ou fóra de cobertura, ou ambas as situacións.

A que non mentiamos con que non ías tardar nada? Se é que todo se pode configurar dende a app de R. E se non mira estoutros posts cargados de utilidades:

Un saludo.