Ola. A app de R ponche moi fácil a creación e configuración das túas contas de correo R. Como sabes, por ser cliente da internet dispós de 5 caixas de correo gratuítos de 10GB e tochomail R de 1GB para enviar arquivos adxuntos moi pesados. Sen spam, sen virus, sen publicidade e personalizables con dominios gratuítos como r.gal, galicia.com ou mundo-r.com. Se aínda non os deches de alta, explicámosche como facelo dende a app de servicios R (Android e iOS).

Entra na aplicación e segue a ruta configurar > configurar caixas correo R. Dende aí podes crear unha nova caixa de correo ou editar unha conta existente para modificar os seus parámetros.

Para crear unha nova caixa de correo de e-mail, só tes que indicar un nome, escoller o teu dominio gratuíto (tamén podes contratar un dominio personalizado) e poñer un contrasinal.

Unha vez dada de alta a conta, poderás continuar creando novas caixas de correo e editar as que xa tes. Poderás configurar todo, todo e todo ao teu gusto para ter a túa conta protexida : modificar o teu contrasinal, cambiar as políticas de antispam e antivirus, reenviar o teu correo a outras direccións e engadir outras direccións á túa conta de correo.

App de R correo antispam

Unha vez finalizada a configuración, pulsa o botón utilizar e escolle onde queres utilizar a túa conta de correo: mensaxeríaR, Outlook, Outlook Express ou outro lector de correo.

App de R correo gestor

E listo, así de fácil. Agora xa podes acceder á túa conta vía:

Neste vídeotutorial explicámosche todas as vantaxes da nova mensaxería R:

E se tes dúbidas, tamén podes consultar o manual de mensaxería R.

Vémonos pronto con máis utilidades da app de R.

Aquí tes máis posts sobre a app de R: