A app de R permíteche acceder a todos os teus servizos de cliente directamente dende o móbil. Cun par de clics podes consultar o consumo de datos e chamadas, configurar o teu router ou o wifi, restrinxir chamadas e moito máis. Se aínda non a descargaches, xa estás a tardar: dispoñible para Android e iOS.
Consultar o consumo de datos e chamadas
A app de R permíteche saber en todo momento o consumo de datos e chamadas que levas realizado antes de que chegue a factura.
- consumo de tarifa plana de datos: entra na app e sigue a ruta móbilR > consumo de tarifa plana de datos. Aí verás o consumo de datos da túa liña móbilR dende a última factura emitida, con posibilidade de contratar un novo bono se superas a tarifa contratada e estás en velocidade reducida.
- consumo dende última factura: dende a app, sigue a ruta móbilR > consumo móbil dende a última factura. Aquí atoparás toda a info sobre o consumo que levas realizado en chamadas telefónicas, gastos de TV, etc. acumulado dende a última factura emitida, para cada conta de facturación.
Configurar o router dende o móbil
Entra na app e sigue a ruta configurar > configurar internet > configurar o meu router para establecer os parámetros do teu router ou resolver problemas da túa conexión a internet.
Configurar wifi permíteche configurar as distintas redes wifi, modificar o nome do punto wifi, a canle e o contrasinal. Nas opcións avanzadas poderás configurar dhcp/ dns, firewall e NAT e outros parámetros. Ademais, podes realizar autodiagnóstico, ping ou reiniciar. + info
Configurar o teu wifi
Configura a túa conexión wifi dende o móbil. Entra na app e sigue a ruta internet > ver ou cambiar parámetros wifi. Aí poderás configurar as distintas redes wifi, modificar o nome e contrasinal do punto wifi e buscar a mellor canle para evitar interferencias.
Ademais, podes solicitar o estudo SOS wifi que nos permitirá mellorar, optimizar e solucionar incidencias da túa rede wifi. Entra na aplicación e pulsa internet > SOS wifi. + info
Configurar contas de correo
A app de R ponche moi fácil a creación e configuración das túas contas de correo R. Como sabes, por ser cliente da internet dispós de 5 caixas de correo gratuítos de 10 GB e tochomail R de 1 GB para enviar arquivos moi pesados.
Entra na aplicación e sigue a ruta configurar > configurar contas correo R. Dende aí podes crear unha nova caixa de correo ou editar unha conta existente para modificar os seus parámetros. + info
Controlar o gasto do teu teléfono móbil
Limita os consumos na túa factura de teléfono móbil. Sigue a ruta configurar > configurar móbilR > control de gasto e verás dúas opcións diferentes:
- control de saldo: establece o que queres gastar ao mes en chamadas e mensaxes, só en consumo de datos ou ben sobre todo
- control parental: controla canto gastar e, unha vez alcanzado o límite, a liña pode chamar ata a 5 números seleccionados
Configurar as restricións na túa liña de móbilR
Selecciona os servizos que queres ter activos ou limitados no teu móbil para controlar o gasto. Sigue a ruta configurar > configurar móbilR > restricións on/off. Aí podes elixir as restricións que mellor che veñan para as chamadas nacionais e internacionais, enviar sms, conectar a internet ou servizos premium. + info
Configurar chamadas perdidas e en espera
Dende o móbil podes activar a chamada en espera para recibir novas chamadas mentres falas por teléfono ou desviar a chamada. Sigue a ruta configurar > configurar móbilR > configurar chamadas en espera.
Para configurar as chamadas perdidas, ve a configurar > configurar móbilR > configurar chamadas e aí poderás elixir se queres recibir un sms de aviso e en que circunstancia. + info
Configurar os desvíos de chamadas e contestador do teu móbilR
Para desviar as chamadas da túa liña móbil ao contestador ou a outro número de teléfono, dende a app de R vai a configurar > configurar móbilR > configurar desvíos. Aí poderás elixir cando desviar as chamadas, se tes o móbil apagado, comunicas ou non contestas. + info
Restrinxir chamadas no teléfono fixo
Controla o gasto e impide as chamadas a números de alto custo do teu teléfono fixo. Entra na app e pulsa teléfono > configurar teléfono > restricións de chamadas, selecciona a túa liña fixa e marca as restricións que desexes: números internacionais, números de tarificación adicional... + info
Configurar o contestador do teléfono fixo
Activa a función “reenvío de mensaxe a correo electrónico” para recibir na túa caixa de correo as mensaxes que che deixen no contestador ou o fax. Entra na aplicación e sigue a ruta configurar > configurar teléfono > configurar contestador voz e fax. + info
Suspender temporalmente o teu combo marmota
Se tes contratado un combo marmota na túa segunda vivenda, podes suspender temporalmente o servizo dun dos teus combos directamente dende o móbil. Dende a app vai a os meus produtos e servizos > suspensión temporal de servizo, escolle o combo que queres suspender temporalmente e indica o día e a hora á que queres activar o combo da túa segunda vivenda e desactivar o teu combo principal. + info
Contactar con R
Dende a app de R tamén podes resolver as túas consultas vía chat, ademais de avisarnos dunha avaría, poñer unha reclamación, tramitar as túas citas e moito máis. Só tes que pulsar o botón contacta con R e atoparás varias opcións de xestión:
- a miña cita de instalación: podes ver as citas pendentes, fixalas e modificar a data ou a hora.
- avisar dunha avaría ou ver o seu estado: diagnóstico completo tanto para a túa conexión de internet como para o servizo móbil.
- ver estado ou poñer unha reclamación: podes abrir unha nova reclamación ou consultar o estado das que abrises .
- chat: podes chatear cun operador para preguntarlle calquera cousa todos os días laborables, de 10 a 22 h.
Como ves, poñémoscho moi fácil para que xestiones todo o que necesitas de forma rápida e sinxela dende o teu móbil a través da app de usuario de servizos R.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata pronto!