A paixón que che transmitiron os teus pais cando aprendiches a andar en bicicleta segue máis viva que nunca, pero agora ten novas regras. O móbil converteuse no mellor aliado para os ciclistas, que a través de aplicacións moi sinxelas comparten as súas rutas, márcanse retos ou monitoran a súa carreira.

Puntos fortes

  • Fas comunidade
  • Segues a túa evolución
  • Coñeces rutas doutros usuarios
  • Monitoras os teus resultados: calorías, velocidade, etc.
  • Estás sempre localizado

As 5 apps máis top

  • Strava: Activa a app antes de coller a bici e poderás saber durante e despois de facer a túa ruta como che foi: distancia, ritmo, velocidade, elevación, mapa interactivo do percorrido, etc. Participa nos retos mensuais, segue a outros usuarios, únete a clubs, comparte as túas rutas e fotos tamén nas túas redes sociais, compite por ser o mellor dun trazado e moito máis. Próbaa se tes un móbil Android ou iOS.

  • Wikiloc: vale para moitos deportes, pero ten especial tirón entre ciclistas. Por que? Basicamente pola cantidade de rutas que podes atopar e descargar ata sen conexión a internet. Filtras o que che interesa: quilómetros, desniveis, áreas xeográficas..., gravas as túas rutas sobre o mapa, sacas fotos e marcas puntos de interese. Está dispoñible para Android e iOS.

  • Komoot: Bastante útil para planificar as túas saídas en bicicleta, ten o plus de que che vai guiando por voz para que poidas desfrutar da paisaxe e sincroniza os teus itinerarios e fotos en todos os teus dispositivos. Próbaa no teu móbil Android ou iOS.

  • MapMyRide: Crea a túa propia ruta, recibe consellos de adestramento, que che virán moi ben se es amateur, e afronta desafíos. Dispoñible para Android e iOS.

  • Relive: con esta app podes converter as túas saídas en bicicleta en vídeos 3D para presumir cos teus amigos. Rexistra a túa ruta, mira as túas estatísticas e a túa localización en tempo real e, sobre todo, pásao pipa. Próbaa no teu móbil Android ou iOS.

Xa ves que hai unha chea de aplicacións. O noso consello é que as descargues no teu móbilR e vaias probando ata decidirte pola que máis che gusta.

E se xa as coñecías, cóntanos que tal van.