Se tes problemas de conexión wifi podes solucionalos facilmente dende o teu móbil a través da app de R (dispoñible para Android e iOS). A aplicación móbil dos teus servizos de cliente permíteche configurar o teu wifi para cambiar o contrasinal ou cambiar a banda por unha que non estea saturada.

Ademais, podes solicitar o estudo SOS wifi que nos permitirá mellorar, optimizar e solucionar incidencias da túa rede wifi. E todo isto directamente dende o teu móbil, sen necesidade de estar na casa.

App de R configuración del wifi

Entra na app e segue a ruta internet > ver ou cambiar parámetros wi-fi. Aí poderás configurar as distintas redes wifi, modificar o nome do punto wifi, a canle e o contrasinal.

Cambiar a canle

A calidade do wifi depende das interferencias que teñamos en cada momento, podendo cambiar ao longo do día. Se notas que o teu wifi empeorou, posiblemente estean a interferir outras wifis próximas.

O router envía o sinal inalámbrico wifi por medio dunha frecuencia no aire. Esta frecuencia funciona como unha estrada (se está moi ocupada retárdase o tráfico). Tes a opción de utilizar diferentes canles, pero en R aconsellamos utilizar as canles 1, 6 ou 11.

A través da app podes buscar a mellor canle para evitar interferencias. Ademais, se tes un router dobre banda de R, podes usar a banda 5G para conseguir un maior rendemento wifi. Dende a aplicación móbil podes e debes configurar a banda de 5Ghz con distinto nome que a rede de 2,4Ghz para saber en todo momento a cal estás conectado.

A banda de 5Ghz permíteche maior velocidade na conexión a internet, pero con menor cobertura. Para conectarte en lugares máis afastados do router, a rede 2,4Ghz ten maior alcance.

Se non dispós de dobre banda, podes tela se contratas o noso combo 350 megas.

Cambiar contrasinal e nome do wifi

Dende esta mesma pantalla tamén podes modificar o nome do punto wifi e o contrasinal. Utiliza esta opción se esqueciches a clave de wifi ou se sospeitas que algún dispositivo está a utilizar a túa rede. Debes ter en conta que se cambias o nome do wifi ou o contrasinal debes cambialos nos teus equipos (PC, tablets, móbiles, etc).

E lembra que se cambias os parámetros do wifi dende un dispositivo conectado por wifi perderás a conexión ata que cambies a configuración dese dispositivo.

Abre a app de R e segue a ruta internet > SOS wifi. Aquí atoparás consellos e solucións para mellorar a cobertura do teu wifi. Ademais, poderás solicitar un estudo personalizado para mellorar o sinal wifi na túa casa ou empresa.

SOS wifi é un servizo de R que inclúe un estudo personalizado da túa rede wifi, a mellora e optimización da mesma e a resolución de incidencias do teu wifi.

O servizo é gratuíto para clientes de 200 ou máis megas, mantemento bronce ou superior (en residencial), mantemento prata ou superior (en empresa), ou en alta ou incremento de servizos que requiran instalación, e 45€ (37,20 sen IVE) no resto de casos.

O estudo vale moito a pena, porque inclúe entre outros traballos:

  • medir a potencia do sinal e se están ocupados as canles
  • cambiar o lugar do router ou cambiar o router se fose necesario
  • revisar a instalación e configurar os repetidores instalados polo cliente
  • estender a cobertura con repetidores ou PLCs
  • revisión anual gratuíta

Queremos que a túa experiencia wifi sexa completa, así que aquí nos tes para resolver calquera dúbida. Tamén podes consultar na web de respostas todas as preguntas sobre como funciona o wifi, sobre o servizo SOS wifi, sobre o cablerouter wi-fi dobre banda de R e sobre como usar o PLC wifi.

Xestiona todos os teus servizos de cliente dende a app de R.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!