En R somos moi nosos. Tanto que nos gusta ser orixinais en cada cousiña que facemos. Ou polo menos tirar para a casiña.
Por iso, cando lanzamos o servizo de móbilR hai moitos anos, quixemos que a nosa SIM non fose unha tarxeta SIM sen máis. Tiramos por un deseño diferente. É certo que a tarxeta non se ve, porque está dentro do móbil, pero a nosa idea é que cando a recibises, fose distinta. Ademais, a SIM é importante gardala, porque aí está a información tanto do PIN como do código PUK. Lembra que temos un post moi completo explicándoche como podes consultar o código PIN e PUK da SIM de R.
En todo caso, a SIM de móbilR ten dous deseños, un simulando unha lata de xoubas (que ricas están) e outro un pouco máis retro, simulando aqueles míticos cassettes cos que escoitabamos as nosas cancións favoritas no coche ou na casa.
Tamaños das tarxetas SIM
Como sabes, hai terminais móbiles que teñen distintos formatos na tarxeta SIM. Hai anos, as SIMs para os teléfonos eran moito máis grandes. A partir de aí, xurdiron os teléfonos con microSIM. No seu día, incluso tiñamos un cortador de tarxetas. A SIM cortábase directamente e funcionaba sen ningún problema (sempre e cando se cortase ben).
E agora, a maioría dos smartphones xa teñen una nano SIM. Como podes ver na imaxe, unha tarxeta SIM é o dobre de grande que unha nano SIM, polo que cos anos se avanzou, ofrecendo o mesmo servizo na metade de espazo.
Estes son os tamaños das tarxetas SIM:
- SIM: 25 mm de longo
- microSIM: 15 mm de longo
- nanoSIM: 12 mm de longo
Formatos da tarxeta SIM de R
De seguro que te preguntas que como sabes se o teu teléfono móbil necesita unha tarxeta ou outra. Que como tes que facer para pedirnos un tamaño ou outro.
Pois ben, isto non é problema, porque agora, tanto se necesitas unha SIM en móbilR, como se usas unha nano SIM en R, enviámosche unha mesma tarxeta con triple corte.
Deste xeito, podes abrir o teu terminal, ver que tamaño precisa e, segundo o tipo de SIM que use, escoller un modelo ou outro. É moi intuititivo e sinxelo.
E no caso de que te equivoques, podes volver introducir a SIM na tarxeta, e recortala co tamaño superior.
Vamos, que está todo pensado. Non só che enviamos unha tarxeta cun deseño chulo, senón algo que busca ser práctico e con utilidade.