Queremos aforrarche un desgusto: como os móbiles son escorregadoiros e caen ou se estragan cando menos o esperas, propoñémosche o noso seguro móbil de R. Estas son as súas vantaxes, coberturas e os pasos que cómpre seguir se rompe a pantalla, sofre unha avaría ou se cho rouban.
Antes de lanzarte a whatsappear, ver os teus vídeos favoritos ou xogar en liña co teu flamante novo móbil, bota unha ollada ás coberturas do noso seguro móbil.
Coberturas do seguro móbil de R
Verás que é un seguro moi completo, para que gañes en tranquilidade cando vaias renovar o teu smartphone en móbilR.
Dano por accidente: líquidos, roturas… Co noso seguro móbil cubrímosche os custos de reparación, incluídas a man de obra, as pezas, a retirada e a entrega do aparello. Se non é posible arranxalo ou cando a reparación custa máis que o teléfono, dámosche un terminal similar ao teu reacondicionado (refurbished).
Roubo, furto ou atraco: se che rouban o teléfono, dámosche unha nova tarxeta SIM e o mesmo modelo de móbil que tiñas ou, se non é posible, un terminal de mellor calidade.
Máis avarías que non cobre a garantía: os móbiles nunca deixan de sorprender, así que imos aínda máis aló do que cobre a garantía do teléfono.
Reparacións co seguro móbil de R
Sempre faremos as reparacións a través de servizos técnicos oficiais, ou non oficiais seleccionados. Queremos manter a garantía do fabricante mentres os terminais estean en cobertura.
E ocuparémonos da reparación ata cubrir o tempo que fixa a garantía legal se se estraga o móbil e o fabricante nos di que foi manipulado por un servizo técnico non oficial.
Móbil de cortesía co seguro de móbil de R
Non quedarás sen móbil mentres se repara o teu, xa que che deixamos un e devólvesnolo cando che entreguemos o teu, reparado ou substituído.
Ademais, o noso servizo de recollida e entrega no teu domicilio é gratis tanto para recoller o móbil para arranxar como para entregarche un substituto temporal.
Chamadas e datos tras un roubo
Aínda por riba de roubarche o móbil pode ocorrer que, ademais, se adicaran a realizar chamadas con el antes de que puideses avisarnos para que bloqueemos a liña.
Non te preocupes: farémonos nós cargo do custo desas chamadas, cun límite de 2.000€ e durante un prazo máximo de 72 horas.
Que fago se teño un problema co meu móbil e teño seguro?
Debes chamarnos canto antes, ou nun prazo non superior a 7 días laborables, ao teléfono 915 909 789. A partir dese momento xa nos ocupamos nós da incidencia.
Comezaremos por indicarche a documentación que precisamos para realizar o trámite. Debes ter a man os datos da póliza e a factura que acredite a compra do móbil.
En canto temos constancia da túa incidencia, enviámosche rapidamente un móbil novo ou un de substitución mentres nos ocupamos do teu.
Nos casos de roubo, recibirálo en só 24 horas; se se trata dunha avaría ou dano, en aproximadamente 24-36 horas recollémolo no teu domicilio e tardamos máis ou menos o mesmo en levarcho de volta cando esté reparado.
Prezo do seguro móbil de R
Dende só 1,74€/mes, podes contratar un seguro móbil en R para o teu smartphone, tableta ou smartwatch e ter protección completa ante roubos, roturas e avarías.
O prezo dependerá do custo do terminal. Como é lóxico, non é o mesmo un terminal básico que un de gama alta, co que a cota mensual varía segundo o smartphone que teñas.
Seguro móbil gratis en R
A primeira cota é gratis, así que non comezarás a pagar ata o segundo mes.E, ademais, o noso seguro móbil R non ten compromiso de permanencia.
Como contratar o seguro móbil de R
Podes contratar o seguro móbil de R de forma rápida e sinxela a través do teléfono, vía online ou acudindo en persoa a algunha das nosas tendas.
En calquera caso, o seguro está operativo dende o momento en que teñas na túa man o novo terminal.
Se prefires pensalo un pouquiño, tes ata 30 días, dende que adquires o teléfono, para contratar o seguro móbil R.
Contrátao e deixa que nós nos ocupemos das avarías, roubos ou das roturas de pantalla do teu teléfono.