A capital de Galicia, afeita a recibir cos brazos abertos a todos os seus visitantes, recibe na segunda quincena de xullo un aluvión de turistas e de peregrinos debido a que Santiago de Compostela, e toda Galicia, conmemoran o día do Apóstolo, o 25 de xullo, festivo en Galicia.

En todas as parroquias galegas teñen as súas festas patronais. Son as que reúnen a toda a familia e as que fan piña coa veciñanza. En Santiago de Compostela as súas festas teñen un sentido máis amplo. Ás xa constantes visitas dos peregrinos súmase o feito de que o Apóstolo é o patrón de toda Galicia, polo que son máis que unhas festas locais, son as festas de toda Galicia.

As festas do Apóstolo de Santiago de Compostela 2025 son coñecidas en toda a nosa xeografía. Ten actos, como os fogos do 24 de xullo ou a ofrenda ao Apóstolo, que son universais. Pero esta celebración é moito máis, hai 15 días de festa en xullo, este ano do venres 18 ao xoves 31 de xullo de 2024, cuxo día grande é o 25 de xullo.

Programa das Festas do Apóstolo 2025

festas apostolo 2025 cartel
Imaxe: Turismo de Santiago

Durante a segunda quincena de xullo, a capital galega énchese de actividades festivas e culturais de todo tipo. Música de todos os estilos, danza e teatro, desfiles e festivais ao aire libre invaden Compostela.

A tradicional reunión do Día de Padrón e as exhibicións de traxes rexionais e bailes populares son outras das citas destas festas, que pechan o 31 de xullo con outra tirada de fogos artificiais.

Un amplo programa das Festas de Santiago Apóstolo 2025, do 18 ao 31 de xullo, que publica o Concello de Santiago e detallamos para que non perdas detalle.

Venres, 18 de xullo

  • 19:30 h. Alameda: XLVII Torneo de chave.
  • 20:00 h. Praza de San Martín Pinario: Danza no Camiño, coas actuacións de Adama (Andalucía), Kowaw (Taiwán), Asceta (Extremadura) e Onde pousa a humidade (Galicia).
  • 21:30 h. Praza do Obradoiro: Pregón a cargo de Blanca Millán.
  • 22:00 h. Praza da Quintana: Concerto de Biznaga.
  • 22:00 h. Alameda: Verbena co grupo Alcázar.

Sábado, 19 de xullo

festas apostol santiago banda
Fonte: Concello de Santiago
  • 10:00 h. Alborada a cargo da A.C. O Castro de Figueiras.
  • 12:00 h. Praza da Quintana: Mostra de Danza Urbana.
  • 12:30 h. Alameda: As Tareixas, concerto de música infantil.
  • 17:00 h. Alameda: XLVII Torneo de chave.
  • 21:00 h. Praza da Quintana: Xornadas de Folclore Gallego.
  • 22:00 h. Alameda: Verbena co grupo Bomba.
  • 23:45 h. Patio do antigo CEIP Ramón Cabanillas: XII Foliada con A.F. Cantigas e Agarimos.

Domingo, 20 de xullo

  • 10:00 h. Alborada a cargo da A.C. Mñúsica e Baile Tradicional de Conxo.
  • 10:00 h. Praia Fluvial de Chaián: Festa do Escalo: XLIX Concurso de Ciprínidos, co dúo D’Vicio.
  • 12:15 h. Todo o día é o Día do Traxe coa concentración de participantes e desfile dende as Sete Portas ata o Obradoiro. Misa en San Paio de Antealtares (13:00 h.), recepción na Casa do Concello (14:00 h.), concentración de participantes en San Martín Pinario (16:00 h.), desfile de traxes tradicionais dende San Martín Pinario ata a praza da Quintana (19:00 h.) e unha exhibición, concurso de traxes e entrega de diplomas (19:45 h.).

Luns, 21 de xullo

  • 10:00 h. Alborada a cargo da A.C. Armadanzas.
  • 22:00 h. Praza da Quintana: Concerto de Sés.

Martes, 22 de xullo

festas apostol santiago xigantes
Fonte: Concello de Santiago
  • 10:00 h. Alborada a cargo de Muiñeiros do Sarela.
  • 12:00 h. Parque Eugenio Granell: A Festa Pícara.
  • 22:00 h. Praza da Quintana: Concerto de Yousson N’Dour.

Mércores, 23 de xullo

  • 10:00 h. Alborada a cargo da A.V. As Brañas de Andrés.
  • 20:30 h. Estadio Verónica Boquete de San Lázaro: Partido benéfico: SD Compostela-RC Deportivo da Coruña. Entradas en www.sdcompostela.com e nas oficinas e na tenda oficial do club.
  • 18:00 h. Parque de Galeras: Combos A Casa do Rock, coa participación de Namentres, Monday Monkeys, BusStop, Rocke Experience, QDL, Steelberries, ParaZmol, Hombres Hell e Bruto.
  • 21:00 h. Praza da Quintana: Concerto da Real Filharmonía de Galicia.

Xoves, 24 de xullo

  • 10:00 h. Alborada a cargo de Enxebres de San Lázaro.
  • 12:00 h. Praza da Quintana: Encontro de Xigantes e Cabezudos.
  • 12:30 h. Praza do Toural: Encontro de Xigantes e Cabezudos.
  • 21:00 h. Parque de Galeras: Concerto de Aksak.
  • 22:00 h. Praza da Quintana: Concerto de Saxos do Averno.
  • 22:00 h. Alameda: Verbena popular coa Orquestra Alianza.
  • 23:30 h. Espectáculo Pirotécnico dende a Alameda, a Cidade da Cultura e dende o Parque de Carlomagno.

Venres, 25 de xullo

blogR festas apostol santiago botafumeiro
Fonte: Turismo de Santiago
  • 12:00 h. Comparsa de Cabezudos, saída do Teatro Principal e percorrido: rúa Nova, Praza das Praterías, Fonseca, rúa do Franco, Praza do Toural, rúa Nova, Caldeirería, Praza de Abastos, Praza de Cervantes, Santo Agostiño, rúa Travesa, Casas Reais, Preguntoiro, Fonte Sequelo e rúa Nova.
  • 21:00 h. Parque de Galeras: Concerto de Ker Kuez.
  • 22:00 h. Praza da Quintana: Actuación de Maika Makovski.

Sábado, 26 de xullo

  • 10:00 h. Alborada a cargo da A.C. Pena Maior de Marrozos.
  • 20:30 h. Parque de Eugenio Granell: Compostela Cinema: Chicken Run 2. El amanecer de los Nuggets.
  • 21:00 h. Parque de Galeras: Concerto de Aída Saco.
  • 22:00 h. Praza da Quintana: Concerto de Lura.
  • 22:00 h. Alameda: Verbena coa Orquestra Los Coleguitas.
  • 22:30 h. Parque de Eugenio Granell: Compostela Cinema: El secreto del orfebre.

Domingo, 27 de xullo

  • 12:00 h. TRAD FEST no Museo do Pobo Galego, Praza da Quintana, Praza de Mazarelos, Parque de Bonaval e Igrexa de San Domingos de Bonaval. Cunha feira de Artesanía todo o día en Mazarelos. Coas actuacións da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, Chruinne, Pesdelán, Mediarea, Xiro, Faltriqueira, Irmaus da Raia Seca, Cocanha, Tres pasos e Baiuca.
  • 21:00 h. Parque de Galeras: Concerto de Francisco Castro Trío.
  • 22:30 h. Praza da Lavacolla: Compostela Cinema: Antes de Nós.

Luns, 28 de xullo

  • 10:00 h. Alborada a cargo de Enxebres de San Lázaro.
  • 13:00 h. Praza do Obradoiro: Día de Padrón en Santiago: Bandas Municipais de Música de Padrón e de Santiago.
  • 20:00 h. Praza de Mazarelos: Concerto Peregrinos Musicais: Jeroen Der Herder, violonchelo (Países Baixos) e Evelina Vorontsova, piano (Países Baixos).
  • 21:00 h. Parque de Galeras: Concerto de Patrik García e Ginko Biloba.
  • 22:00 h. Praza da Quintana: Concerto de Samesugas.
  • 22:30 h. Praza da Veciñanza da Gracia: Compostela Cinema: Xustiza Artificial.

Martes, 29 de xullo

festas apostol santiago traxes

Fonte: Concello de Santiago

  • 10:00 h. Alborada a cargo da A.C. Xirandaina.
  • 20:00 h. Praza de Mazarelos: Peregrinos Musicais: Iakov Zats, viola (Italia), Yuri Golubev, contrabaixo (Italia / Reino Unido) e Evelina Vorontsova, piano (Países Baixos).
  • 21:00 h. Parque de Galeras: Concerto de MJ Pérez.
  • 22:30 h. Centro Sociocultural de Laraño: Compostela Cinema: Rapa: Xente ao Monte.

Mércores, 30 de xullo

  • 10:00 h. Alborada a cargo da A.C. Música e Baile Tradicional de Conxo.
  • 20:00 h. Praza de Mazarelos: Peregrinos Musicais: Quintacorda Ensemble (Portugal), Sergey Arutunyan, violín (Portugal), Ilona Timchenko, piano (España), Yuri Golubev, contrabaixo (Italia / Reino Unido), Jeroen Der Herder, violonchelo (Países Baixos) e Evelina Vorontsova, piano (Países Baixos).
  • 21:00 h. Parque de Galeras: Concerto de Sheila Patricia.
  • 21:00 h. Praza da Quintana: Concerto De paseo con Nino Bravo e Serafín Zubiri. Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.
  • 22:30 h. Centro Sociocultural de Verdía: Os Demos de Barro.

Xoves, 31 de xullo

  • 10:00 h. Alborada a cargo de Muíños do Sarela.
  • 20:00 h. Praza de Mazarelos: Peregrinos Musicais: Michael Dorner, piano (Alemaña) e Ilona Timchenko, piano (España) .
  • 22:00 h. Praza da Quintana: Concerto da Orquestra Bravú Xangai.
  • 22:00 h. Alameda: Verbena popular coa Orquestra Miramar.
  • 23:30 h. Alameda: Espectáculo Pirotécnico de fin de festa.

Os fogos do Apóstolo

No medio de todos os actos das festas do Apóstolo, destaca o espectáculo pirotécnico. Celébrase a noite do 24 de xullo e dá paso á celebración do Día do Apóstolo.

Dende hai uns anos, e despois da pandemia quedou así, os fogos xa non se botan só dende a praza do Obradoiro. Senón que se botan de forma sincronizada dende varios puntos diferentes da cidade. Este ano dende a Alameda, o parque Carlo Magno e a Cidade da Cultura.

O motivo deste cambio é conseguir que o público que está a celebrar o Día de Santiago a noite anterior ao 25 de xullo poida gozar do espectáculo pirotécnico dende onde estea.

O espectáculo pirotécnico sincronizados constitúe a cita máis espectacular de todas as festas cunha impresionante tirada de fogos artificiais visibles dende calquera punto da cidade, son os chamados "Fogos do Apóstolo".

25 de xullo, "Día de Galicia"

O 25 de xullo de 2023 é o día do Apóstolo Santiago, pero tamén é o "Día de Galicia", o de todos os galegos e galegas. Durante este día a cidade vive a súa festa máis universal. Na catedral celébrase unha misa solemne, onde o botafumeiro, coma case sempre, é o centro de atención.

Fiestas de Santiago Apóstol: la fiesta de toda Galicia
Fonte: Turismo de Santiago

Ofrenda ao Apóstolo Santiago

Un acto institucional relevante ten lugar na misa solemne na catedral o 25 de xullo. O Rei ou un delegado da Casa Real fai a tradicional ofrenda ao Apóstolo Santiago. Se o xefe da Casa Real non pode asistir, designa un "delegado rexio" para facer a ofrenda.

A ofrenda ao Apóstolo é unha cerimonia instituída en 1643 por Felipe IV e ao longo dos anos mantívose a tradición de que Reis, xefes de Estado ou personalidades coas máis altas responsabilidades invocasen ao "Patrón de España" os beneficios divinos para as tarefas humanas.

Fonte imaxe cabeceira: Concello de Santiago.