Nas Festas de Santiago Apóstol, a capital de Galicia, afeita a recibir cos brazos abertos a todos os seus visitantes, recibe na segunda quincena de xullo un aluvión de turistas e de peregrinos debido a que Santiago de Compostela, e toda Galicia, conmemoran o día do Apóstolo, o 25 de xullo, festivo en Galicia.

En todas as parroquias galegas teñen as súas festas patronais. Son as que reúnen a toda a familia e as que fan piña coa veciñanza. En Santiago de Compostela as súas festas teñen un sentido máis amplo. Ás xa constantes visitas dos peregrinos súmase o feito de que o Apóstolo é o patrón de toda Galicia, polo que son máis que unhas festas locais, son as festas de toda Galicia.

As festas do Apóstolo de Santiago de Compostela 2026 son coñecidas en toda a nosa xeografía. Ten actos, como os fogos do 24 de xullo ou a ofrenda ao Apóstolo, que son universais. Pero esta celebración é moito máis, hai 10 días de festa en xullo, este ano do mércores 22 ao venres 31 de xullo de 2026, cuxo día grande é o 25 de xullo.

Programa das Festas do Apóstolo 2026

cartel fiestas apostol 2026
Imaxe: Concello de Santiago

Durante a segunda quincena de xullo, a capital galega énchese de actividades festivas e culturais de todo tipo. Música de todos os estilos, danza e teatro, desfiles e festivais ao aire libre invaden Compostela.

A tradicional reunión do Día de Padrón e as exhibicións de traxes rexionais e bailes populares son outras das citas destas festas, que pechan o 31 de xullo con outra tirada de fogos artificiais.

O Concello de Santiago, como novidade, xa anunciou que este ano, a parte dos fogos de luces do día 24 e 31 de xulloo, haberá un espectáculo de luz ou videomapping que se proxectará sobre o Pazo de Raxoi cunha duración aproximada de nove minutos e con varios pases durante os días 24, 25 e 26 de xullo, para que haxa varias oportunidades para velo:

  • A noite do venres 24 de xullo proxectarase entre as 00:00 e as 02:00 horas cada 15 minutos.
  • O sábado 25 e o domingo 26 de xullo comezará ás 23:00 horas e prolongarase ata a 01:00, tamén con intervalos de 15 minutos.

Un amplo programa das Festas de Santiago Apóstolo 2026, do 22 ao 31 de xullo, que publica o Concello de Santiago e detallamos para que non perdas detalle.

Mércores, 22 de xullo 2026

  • 20:00 h. Praza da Quintana: Concerto Real Filharmonía de Galicia.
  • 21:30 h. Praza do Obradoiro: Pregón.

Xoves, 23 de xullo 2026

  • 10:00 h. Avío-Praza de Vigo: Alborada a cargo dos Muiñeiros do Sarela.
  • 12:00 h. Praza da Quintana: Mostra de Danza Urbana con AVD 173.
  • 17:30 h. Parque de Galeras: Festa Pícara: Apertura de xogos e obradoiros.
  • 18:00 h. Parque de Galeras: Festa Pícara: Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.
  • 19:30 h. Parque de Galeras: Festa Pícara: Concerto de Gramola Gominola .
  • 21:00 h. Parque de Galeras: Festa Pícara: Fin de fiesta.
  • 21:00 h. Praza da Quintana: Concerto de Julian Marley.
  • 22:00 h. Alameda: Verbena popular coa orquestra Finisterre.

Venres, 24 de xullo 2026

  • 10:00 h. Pontepedriña-San Fins de Solovio: Alborada a cargo da A.C. Pana Raiada.
  • 12:00 h. Rúa Nova: Encontro de Xigantes e cabezudos, pasando pola Praza da Quintana (12:00) e pola Praza do Toural (12:30).
  • 21:00 h. Praza da Quintana: Concerto de Lila Downs e de Belém Tajes.
  • 22:00 h. ) Alameda: Verbena popular coa orquestra Compostela.
  • 23:30 h. Espectáculo Pirotécnico dende a Alameda, a Cidade da Cultura e dende o Parque de Carlomagno.
  • 00:00-02:00 Pazo de Raxoi: Espectáculo de luz (videomapping).

Sábado, 25 xullo 2026

  • 12:00 h. Comparsa de Cabezudos, saída do Teatro Principal e percorrido: rúa Nova, Praza das Praterías, Fonseca, rúa do Franco, Praza do Toural, rúa Nova, Caldeirería, Praza de Abastos, Praza de Cervantes, Santo Agostiño, rúa Travesa, Casas Reais, Preguntoiro, Fonte Sequelo e rúa Nova.
  • 21:00 h. Xornadas do Folclore. Con AF Cantigas e Agarimos, AF Colexiata de Sar, GBMT Brincadeira e OCT Ultreia.
  • 22:00 h. Alameda: Verbena popular. Con Tania Veiras e os Cumbiapop.
  • 23:00-01:00 Pazo de Raxoi: Espectáculo de luz (videomapping).

Domingo, 26 de xullo 2026

  • 11:45 h. Todo o díaé o Día do Traxe coa concentración de participantes e desfile dende as Sete Portas ata o Obradoiro. Misa en San Paio de Antealtares, recepción na Casa do Concello, concentración de participantes, desfile de traxes tradicionais e unha exhibición, concurso de traxes e entrega de diplomas.
  • 12:00 h. TradFest: Praza da Quintana: Concerto BMSC Horizonte Tradi da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.
  • 12:30 h. TradFest: Igrexa da Universidade: Ana Alcaide: A maxia dos instrumentos antiguos.
  • 13:30 h. TradFest: Praza de Mazarelos: Martín Bruhm: Floclore.
  • 16:00 h. TradFest: Igrexa da Universidade: Vox Stellae.
  • 17:00 h. TradFest: Praza de Mazarelos: Ferrinhas Bravas.
  • 17:45 h. TradFest: Praza de Mazarelos: Faiscas da Pontraga.
  • 18:45 h. TradFest: Praza de Mazarelos: Os da Porfía.
  • 19:45 h. TradFest: Igrexa da Universidade: O Gajo.
  • 20:30 h. TradFest: Praza de Mazarelos: Alan MacDonald & Chick Macauley + Friends.
  • 22:00 h. Praza da Quintana: Concerto de Felisa Segade.
  • 23:00 h. Praza da Quintana: Concerto de X. M. Budiño.
  • 23:00-01:00 Pazo de Raxoi: Espectáculo de luz (videomapping).

Luns, 27 de xullo 2026

  • 13:00 h. Praza do Obradoiro: Día de Padrón en Santiago: Bandas Municipais de Música de Padrón e de Santiago.
  • 20:00 h. Praza da Lavacolla: Compostela Cinema: Flow.
  • 20:00 h. Teatro Principal: Concerto Peregrinos Musicais: Horizontes Atlánticos con Jean Johnson, clarinete (Escocia) e Ilona Timchenko, piano (España).
  • 21:00 h. Praza da Quintana: Concerto de La Perra Blanco.
  • 22:00 h. Praza da Lavacolla: Compostela Cinema: Sirat.

Martes, 28 de xullo 2026

  • 10:00 h. Salgueiriños-Praza 8 de marzo: Alborada a cargo da A.C. O Castro de Figueiras.
  • 17:00 h. Alameda: Xadrez ao aire libre, partidas amistosas, lentas oo rápidas, de todos os niveles e idades. Inscrición gratuíta na zona de xogo.
  • 20:00 h. Praza da Veciñanza da Gracia: Compostela Cinema: Wallace y Gromit: La Venganza.
  • 20:00 h. Praza de San Martín Pinario: Concerto Peregrinos Musicais: Séculos de violín con Serguei Milstein, violín (Francia) e Alexander Arutjunian, violín (Portugal).
  • 21:00 h. Praza da Quintana: Concerto Festa Xitana Galega: A Tarara.
  • 22:00 h. Praza da Veciñanza da Gracia: Compostela Cinema: San Simón.

Mércores, 29 de xullo 2026

10:00 h. Fontiñas-Praza da Inmaculada: Alborada a cargo da A.V. As Brañas de Andrés.

17:00 h. Alameda: Xadrez ao aire libre, partidas amistosas, lentas ou rápidas, de todos os niveis e idades. Inscrición gratuíta na zona de xogo.

20:00 Centro Cultural Verdía: Compostela Cinema: A Galiña Turuleca.

20:00 h. Teatro Principal: Concerto Peregrinos Musicais: Mapas Musicais, con Marco Rinaudo, piano (Italia) e Stefano Visintainer, piano (Italia).

21:00 h. Praza da Quintana: Concerto de Bewis de la Rosa e Eris MacKenzie.

22:00 h. Centro Cultural Verdía: Compostela Cinema: Romería.

Xoves, 30 de xullo 2026

  • 10:00 h. Conxo-Praza de Fonseca: Alborada a cargo da A.C. Pena Maior de Marrozos.
  • 17:00 h. Alameda: Xadrez ao aire libre, partidas amistosas, lentas ou rápidas, de todos os niveis e idades. Inscrición gratuíta na zona de xogo.
  • 20:00 h. Parque Eugenio Granell: Compostela Cinema: Nocturna.
  • 21:00 h. Praza da Quintana: Concerto de Shego.
  • 22:00 h. Alameda. Verbena popular. Coa orquestra Costa Dorada.
  • 22:00 h. Parque Eugenio Granell: Compostela Cinema: Rondallas.

Venres, 31 de xullo 2026

  • 10:00 h. Vista Alegre-Alameda: Alborada a cargo da AC Grupo Novo Río Sarela.
  • 21:00 h. Rúa de San Pedro: Cantos de Taberna con Xirandaina, San Lázaro e Os Estalotes
  • 22:00 h. Praza da Quintana: Concerto de The Rapants.
  • 22:00 h. Alameda: Verbena popular. Coa orquestra Suavecito.
  • 23:30 h. Alameda: Espectáculo Pirotécnico de fin de festa.

Festigal 2026: Máis música nas Festas do Apóstolo

cartel festigal 2026
Imaxe: Festi.gal

Xunto coas Festas do Apóstolo, Santiago de Compostela acolle cada ano o Festigal, unha cita imprescindible para os amantes da música galega. Dous días, o 24 e o 25 de xullo, de concertos e de actividades para todas as idades.

Os concertos terán lugar o 24 de xullo a partir das 21:45 horas e o 25 de xullo, Día de Santiago, a partir das 17:30 horas no Campus Vida. Toma nota dos grupos que actuarán:

Venres, 24 de xullo 2026

  • Fuego Lolita
  • Nadie González
  • Mercedes Peón
  • Grande Amore

Sábado, 25 de xullo 2026

  • Kuartetas
  • Os Carunchos
  • Osquestra Bravú Xangai
  • Maruxa e Coralia Dilleis

En paralelo aos concertos hai outras actividades:

  • Feira do libro: O sábado 25 de xullo, de 16:00 a 21:00 horas, todas as editoriais galegas ofrecerán as últimas novidades da literatura galega contemporánea e os mellores clásicos.
  • Mercado artesanal: A artesanía galega estará dispoñible durante todo o día no Campus Vida o sábado 25 de xullo.
  • Festigal Miúdo: O público máis novo terá o seu propio espazo e programa para gozar o sábado 25 de xullo. A partir das 16:00 no Campus Vida, haberá obradoiros de creación de estreleitas e xogos tradicionais, obras de teatro e obradoiros de música tradicional, entre outras actividades.

Os fogos do Apóstolo

No medio de todos os actos das festas do Apóstolo, destaca o espectáculo pirotécnico. Celébrase a noite do 24 de xullo e dá paso á celebración do Día do Apóstolo.

Dende hai uns anos, e despois da pandemia quedou así, os fogos xa non se botan só dende a praza do Obradoiro. Senón que se botan de forma sincronizada dende varios puntos diferentes da cidade. Este ano dende a Alameda, o parque Carlo Magno e a Cidade da Cultura.

O motivo deste cambio é conseguir que o público que está a celebrar o Día de Santiago a noite anterior ao 25 de xullo poida gozar do espectáculo pirotécnico dende onde estea.

O espectáculo pirotécnico sincronizados constitúe a cita máis espectacular de todas as festas cunha impresionante tirada de fogos artificiais visibles dende calquera punto da cidade, son os chamados "Fogos do Apóstolo".

25 de xullo, "Día de Galicia"

O 25 de xullo de 2023 é o día do Apóstolo Santiago, pero tamén é o "Día de Galicia", o de todos os galegos e galegas. Durante este día a cidade vive a súa festa máis universal. Na catedral celébrase unha misa solemne, onde o botafumeiro, coma case sempre, é o centro de atención.

Fiestas de Santiago Apóstol: la fiesta de toda Galicia
Fonte: Turismo de Santiago

Ofrenda ao Apóstolo Santiago

Un acto institucional relevante ten lugar na misa solemne na catedral o 25 de xullo. O Rei ou un delegado da Casa Real fai a tradicional ofrenda ao Apóstolo Santiago. Se o xefe da Casa Real non pode asistir, designa un "delegado rexio" para facer a ofrenda.

A ofrenda ao Apóstolo é unha cerimonia instituída en 1643 por Felipe IV e ao longo dos anos mantívose a tradición de que Reis, xefes de Estado ou personalidades coas máis altas responsabilidades invocasen ao "Patrón de España" os beneficios divinos para as tarefas humanas.

Fonte imaxe cabeceira: Concello de Santiago.