Do 27 ao 30 de agosto ten lugar a Festa Normanda de Foz 2026, coa que se rememora o errado desembarco viquingo na localidade. E faino cun completo programa de actividades no Campamento Normando ou na praia de Tupide, onde se celebra a Gran Representación do Ataque Normando. Consulta aquí todo o programa da Festa Normanda Foz 2026.
Programa da Festa Normanda de Foz 2026
A Festa Normanda de Foz celébrase dende o ano 2011 e trasládanos ao século X, cando as costas galegas eran arrasadas polos normandos. A localidade mariñá foi unha das que sufriu un intento de desembarco viquingo, aínda que non frutificou. Agora lembran aquela época e, de paso, honran ao que a lenda popular considera o seu heroe salvador, o "Bispo Santo".
O programa da Festa Normanda de Foz 2026 comeza o xoves 27 de agosto coa apertura do Mercado Normando no Paseo da Ribeira e finaliza o domingo 30 de agosto.
Catro días de celebracións onde non faltan as representacións teatrais, a música, os pasarrúas, as exposicións, os talleres, os xogos populares, a gastronomía… e, sobre todo, a Gran Representación do Ataque Normando na praia de Tupide.
A Asociación Desembarco Normando publicou os detalles do programa da Festa Normanda de Foz 2026, que che contamos por aquí para que goces do desembarco viquingo Foz 2026.
Xoves, 27 de agosto 2026
- 20:30 h. Paseo da Ribeira: Apertura do Mercado Normando. Pregón de Mercedes González. Praza Conde de Fontao: Entrega Focego Maior.
- 21:00 h. Festival Folclórico. Participan: O Feitizo, Mermicolium, Cova do Can.
Venres, 28 de agosto 2026
- 12:00 h. Paseo da Ribeira: Apertura do Mercado Normando.
- 11:00 a 13:00 e 16:30 a 20:30 h. Historia viva: demostración da vida cotiá e oficios da época. Pasarrúas de Upsala.
- 19:30 a 20:30 h. Pasarrúas Vikingo.
- 20:30 h. Recreación histórica da obra de teatro "Aínda non un Obispo Santo".
- 22:30 h. Dende Praza Conde de Fontao a recinto normando: Pasarrúas con Louband.
- 22:30 h. Cosme Deejany e Djs da casa.
Sábado, 29 de agosto 2026
- 11:00 h. Paseo da Ribeira: Apertura do Mercado Normando.
- 11:00 a 13:00 e 16:30 a 20:30 h. Historia viva: demostración da vida cotiá e oficios da época.
- 12:00 h. Pasarrúas de Upsala, Axeigo e Mermicolion.
- 13:00 h. Praza Conde Fontao: sesión vermut con Mekanika Rolling Band e Xogo Normando (Levantamiento de Petanca).
- 17:30 h. Praia de Tupide: Gran Representación Ataque Normando.
- 18:30 h. Xogos Normandos.
- 19:30 h. De Tupide a Praza Conde Fontao: pasarrúas de Upsala, Axeigo e Mermicolion.
- 19:30 a 20:30 h. Pasarrúas Vikingo.
- 21:00 a 23:00 h. Praza Conde de Fontao: actuación de Tambukada.
- 23:45 h. Preparación ritual Funeral Normando.
- 00:00 h. Funeral Normando. Espectáculo de Trip Malabar con lume e pirotecnia acompañado de Upsala. A continuación, Disquetera, Cosme Deejay e Dj's da casa.
Domingo, 30 de agosto 2026
- 11:00 h. Paseo da Ribeira: Apertura do Mercado Normando.
- 11:00 a 13:00 h. Historia viva: demostración da vida cotiá e oficios da época.
- 16:30 h. Praia de Tupide: Desembarco Infantil. A continuación, Festa da Escuma no recinto normando.
Desembarco Viquingo Foz 2026
O Desembarco Viquingo Foz 2026 conta con dúas representacións históricas estelares.
A máis vistosa é a representación do Ataque Normando, que ten lugar o sábado na contorna da praia de Tupide. Alí rememórase o errado desembarco e afundimento dos barcos viquingos.
Ataviados con vestimenta da época, veciños e voluntarios escenifican aguerridos combates sobre a area e a praia. Especialmente vistosas resultan as recreacións de naves viquingas.
E a outra grande escena histórica da Festa Normanda de Foz 2026 represéntase o venres, en forma de obra teatra: o milagre de San Gonzalo que impediu a incursión.
Agora che contamos quen é San Gonzalo e cal é a súa lenda.
A lenda de San Gonzalo

Nunha época na que as invasións viquingas se repetían no Reino de Galicia, unha gran frota normanda tentou arribar á costa de Foz.
Por aquel entón, o bispo de San Martiño de Mondoñedo era Gonzalo, un home moi respectado e querido polos veciños.
Di a tradición popular que San Gonzalo, xa vello e enfermo, guiou ao pobo de Foz ata o alto dun monte para salvalo do inminente saqueo das hordas viquingas que estaban a piques de desembarcar na costa.
Dende alí arriba, San Gonzalo e os focenses vían chegar a impresionante frota invasora; asustados e indefensos, comezaron a rezar. Entón, o ceo nubrouse e comezou unha forte tempestade que foi afundindo unha a unha as naves viquingas.
Nese mesmo lugar, o Alto da Grela, eríxese hoxe a capela de San Gonzalo (o "Bispo Santo") e celébrase unha tradicional romaría.
E, dende 2011, a errada invasión viquinga recórdase tamén coa popular Festa Normanda en Foz, que suma actividades e adeptos cada ano.
Non perdas a Festa Normanda de Foz 2026, do 27 ao 30 de agosto; que pecha o programa festivo de agosto, que comezou coas Festas de San Lourenzo Foz 2026.
Fonte imaxe cabeceira: Pablo Cid Gómez - Festa Normanda Foz.
