Chega o outono e as estreas non teñen descanso na televisión que che ofrecemos en R. SkyShowtime estrea as segundas tempadas de Marshals - T2 e de Dexter Resurrection - T2. Como todos os anos, outubro é o mes de Halloween e podes ver o Especial Sitges en Dark, que é a canle convidada de outubro. E hai máis series, en SciFi destaca The Ark - T3.

Se o que buscas son documentais, National Geographic emite un programa especial sobre a DANA de Valencia como parte da serie Fenómenos extremos e Discovery Channel celebra a Semana del espacio coa expedición Artemis II como protagonista.

Se tes a opción Total TV, goza en familia da Spidey and the Avengers: Halloween Team-Up! en Disney Channel, e mira os partidazos do mes: en DAZN, o clásico Barcelona - Real Madrid e os mellores encontros do Celta e do Dépor.

E que hai das plataformas de streaming? Netflix estrea unha nova entrega de Lupin - T4, HBO Max a serie Kill Jackie e Prime Video a moi esperada Reina Roja: Loba Negra.

Dámosche máis detalles sobre estas estreas de outubro de 2026.

Marshals - T2, en SkyShowtime

O actor Luke Grimes volve ás nosas vidas coa estrea da segunda tempada de Marshals - T2 en SkyShowtime. Novas historias familiares coa personaxe de Kayce Dutton dentro dos Navy SEAL en Montana. Para os que perderon a primeira tempada, non hai problema, poden poñerse ao día e prepararse para os novos episodios que chegarán o 9 de outubro a SkyShowtime.

  • Baixo demanda: dispoñible dende o 9 de outubro en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Dexter Resurrection - T2, en SkyShowtime

Dexter Morgan regresa a Nova York na esperadísima segunda tempada de Dexter Resurrection - T2, que se estreará en SkyShowtime o 31 de outubro. Na nova tempada, Dexter atópase atrapado entre dous asasinos: un que coñece moi ben e outro que ten aterrorizada a cidade de Nova York. A estrea en exclusiva en SkyShowtime a partir do 31 de outubro.

  • Baixo demanda: dispoñible dende o 31 de outubro en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Especial Sitges, en Dark: dial 65

Especial Sitges en Dark

Outubro é un mes especial para Dark, xa que volve ter a súa cita anual co Festival de Cinema de Sitges, que celebra a súa 59ª edición do 8 ao 18 deste mes. Durante os días do festival, Dark ofrecerá unha selección de filmes que se proxectaron no certame nos últimos anos, para que todos e todas poidades gozalos dende a comodidade dos vosos fogares. Ademais, Dark é a canle convidada (canle 11) en outubro.

  • Estrea: do 8 ao 18 de outubro, ás 21:20 h, en Dark (dial 65).
  • Emisión: todos os días ás 21:20 h.
  • Baixo demanda: en rebobina.

Programa do Especial Sitges en Dark:

  • Xoves, 8 de outubro: Aterrados (2017)
  • Venres, 9 de outubro: Overlord (2018)
  • Sábado, 10 de outubro: Pearl (2022)
  • Domingo, 11 de outubro: Noche de caza (2023)
  • Luns, 12 de outubro: Apéndice (2023)
  • Martes, 13 de outubro: Frankie Freako (2024)
  • Mércores, 14 de outubro: Wake Up (2023)
  • Xoves, 15 de outubro: tusk (2014)
  • Venres, 16 de outubro: It follows (2017)
  • Sábado, 17 de outubro: Barbarian (2022)
  • Domingo, 18 de outubro: Cuando acecha la maldad (2023)

The Ark - T3, en SciFi: dial 18

A tripulación restante da Ark One regresa con novas aventuras mentres continúan a súa busca de superviventes da Terra. A misión está lonxe de rematar, e a capitana Sharon Garnet e o resto da equipa enfrontaranse a novos perigos e, sobre todo, deberán esforzarse para manter o rumbo da nave e sobrevivir. Non perdas The Ark - T3, en SciFi a partir do 1 de outubro, con dous episodios todos os xoves.

  • Estrea: xoves 1 outubro, ás 22:00 h, en SciFi (dial 18).
  • Emisión: todos os xoves, dobre episodio, a las 22:00 h.
  • Baixo demanda: en rebobina.

Fenómenos extremos, en National Geographic: dial 71

Fenómenos extremos en National Geographic

O mes de outubro quedou marcado no calendario español pola desgracia da DANA de Valencia. Para conmemorar o segundo aniversario do suceso, o 29 de outubro, National Geographic estrea un episodio especial da súa serie Fenómenos extremos, titulado: La DANA de Valencia. A serie analiza fenómenos meteorolóxicos tremendamente destrutivos como o caso da DANA ou o dos incendios forestais en Portugal e España, destacando a importancia de comprender o clima extremo para aprender leccións que nos poidan axudar a afrontar futuros desastres naturais.

  • Estrea: sábado 31 outubro, ás 16:00 h, en National Geographic (dial 71).
  • Baixo demanda: en rebobina, dispoñible o 29 de outubro en NG NOW.

Semana del espacio, en Discovery Channel: dial 73

Semana del espacio en Discovery Channel

Os amantes do espazo teñen unha cita imperdible cada outubro para a Semana Mundial do Espazo. Discovery Channel celébraa estreando o documental Artemis II: viaje a la Luna o 4 de outubro, que mostra a historia dende dentro da primeira misión tripulada o pasado abril. Pero, ademais, do 4 ao 10 de outubro, Discovery Channel presenta Secretos del Universo con Morgan Freeman, NASA, archivos desclasificados, Misterios de la llegada a la Luna e moitos máis programas.

  • Estrea: do 4 ao 10 de outubro, en Discovery Channel (dial 73).
  • Baixo demanda: en rebobina.

E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:

Spidey and the Avengers: Halloween Team-Up!, en Disney Channel: dial 9

Spidey and the Avengers: Halloween Team Up! en Disney Channel

Disney Channel ofréceche un plan especial e fantasmagórico para toda a familia para celebrar o Halloween. No especial Spidey and the Avengers: Halloween Team-Up!, Spidey and His Amazing Friends únense a Iron Man and His Awesome Friends. Spidey e os Vingadores teñen unha misión: evitar que a misteriosa Hallows’Eve arruíne o Halloween para sempre.

  • Emisión: Especial HalloWeek a partir do luns 26 de outubro, en Disney Channel (dial 9).
  • Baixo demanda: en rebobina.

Próximos partidazos en DAZN e na LALIGA HYPERMOTION

Goza en R do fútbol durante a tempada 2026 2027

Non perdas o clásico Barcelona - Real Madrid en DAZN este domingo 25 de outubro, nin os partidos do Dépor ou do Celta.

Aquí tes as datas e as horas:

  • Domingo, 11 de outubro, ás 16:15 h: Real Sociedad – Deportivo de A Coruña en DAZN.
  • Domingo, 18 de outubro, ás 16:15 h: Celta – Deportivo Alavés en DAZN.
  • Domingo, 25 de outubro, ás 21:00 h: FC. Barcelona - Real Madrid en DAZN.

Non esquezas que na LALIGA HYPERMOTION podes ver os encontros do Celta Fortuna e na canle Primera Federación Versus e-Learning, no dial 119, tes os partidos do RCD Fabril, do Racing de Ferrol, do CD Lugo, do UD Ourense ou do Pontevedra CF.

Como sabes, tes o paquete de fútbol de DAZN en R por 19,99€/mes durante 12 meses. Poderás ver 5 partidos de LALIGA EA Sports por xornada, en 35 das 38 xornadas.

Destacados en Netflix, HBO Max e Prime Video

Lupin - T4, en Netflix

Nova tempada do ladrón de luva branca Assane Diop. Lupin - T4 estréase en Netflix en outubro. Nos novos episodios, Assane quere comezar unha nova vida despois de pasar catro anos no cárcere, pero un misterioso imitador crúzase no camiño de Lupin.

  • Estrea: venres, 23 de outubro, en Netflix.

Kill Jackie, en HBO Max

Sete asasinos de elite quérena morta, pero Jackie Price ten os seus propios plans. Catherine Zeta-Jones interpreta a Jackie, cuxa vida de luxo se desmorona cando é perseguida por toda Europa. A serie Kill Jackie mestura vinganza, segredos e supervivencia, dispoñible para ver a partir do 2 de outubro en HBO Max.

  • Estrea: venres, 2 de outubro, en HBO Max.

Reina Roja: Loba Negra, en Prime Video

Antonia Scott e Jon Gutiérrez volven con máis acción. A segunda tempada de Reina Roja chega o 2 de outubro en Prime Video. Antonia e Jon seguen a pista de Lola Moreno, que desapareceu en Marbella despois de sobrevivir a un intento de asasinato por parte da mafia rusa; pero Loba Negra, unha asasina a soldo, cambiará todo. A serie é unha adaptación do segundo libro da triloxía de Juan Gómez-Jurado. Non perdas Reina Roja: Loba Negra, este outubro en Prime Video.

  • Estrea: venres, 2 de outubro, en Prime Video.

Todas estas estreas de outubro de 2026 e moito máis contido agárdante na televisión que podes gozar a través de R.