"O Paraíso do Marisco" está no Grove. Cada ano, decenas de miles de persoas achéganse a esta localidade costeira para saborear os mellores produtos do mar e, de paso, gozar dos concertos e do amplísimo programa da Festa do Marisco do Grove 2026, do 1 ao 12 de outubro.
No Grove conseguiron unha festa que fusiona dous dos seus grandes tesouros: o turismo e a pesca.
A Festa do Marisco do Grove é un evento gastronómico que cada ano reúne a máis visitantes, dispostos a degustar e saber máis sobre os peixes e mariscos da costa grovense, xa recoñecida como o "Paraíso do Marisco".
É ademais unha Festa de Interese Turístico Nacional desde 2013.
Cando é a Festa do Marisco do Grove 2026
A Festa do Marisco no Grove 2026 celebra a súa edición número 63 e terá lugar do 1 ao 12 de outubro.
Doce días nos que miles de persoas enchen O Grove para degustar mexillóns, vieiras, lagostinos, zamburiñas, bogavante, camaróns ou nécoras.
Por que estas datas? En outubro o marisco está no seu momento óptimo de maduración e resulta especialmente carnoso. Xa o asegura o dito: os mellores meses para comer marisco son os meses con erre.
Programa da Festa do Marisco do Grove 2026
A Festa do Marisco no Grove 2026 arrinca o xoves 1 de outubro e, a partir de aí, prepárate para gozar da mellor gastronomía, da música e dunha chea de actividades lúdicas, deportivas e culturais ata o luns 12 de outubro.
Xoves, 1 de outubro de 2026 - Inauguración Festa do Marisco do Grove 2026
-
10:00 h. Auditorio de O Grove: Inauguración do XXVIII FOROACUI.
-
19:00 h. Inauguración da LXIII Festa do Marisco do Grove e apertura dos postos de venda de marisco.
-
22:30 h. Carpa de concertos: Concertos do Marisco. Os Firrás.
Venres, 2 de outubro de 2026
-
09:45 h. Auditorio do Grove: XXVIII FOROACUI.
-
11:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
11:30 h. Praza do Corgo: Inauguración da Feira de Oportunidades Grovestock.
-
17:00 h. Praza do Corgo: Actividades infantís da Festa do Marisco, xogos tradicionais.
-
19:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
20:00 h. Sala das Cunchas do Concello: Conferencia "XXXVIII Ciclo Cultivando o mar".
-
23:00 h. Carpa de concertos: Concertos do Marisco. 9Louro. Djow.
Sábado, 3 de outubro de 2026
-
11:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
16:00 h. Campo de Regatas do Porto do Grove: Regata de dornas "a vela" da Festa do Marisco. Entrega de trofeos ás 18:30 h.
-
17:00 h. Praza do Corgo: Actividades infantís da Festa do Marisco, xogos tradicionais.
-
19:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
19:30 h. Sala das Cunchas do Concello: Presentación de "Formar para servir", de Francisco Miguel Otero Prol, Carabecho.
-
23:00 h. Carpa de concertos: Concertos do Marisco. Ocean Colour Scene. Dj Nanein.
-
Durante todo o día: Gaiteiros e Cabezudos de Gogque.
Domingo, 4 de outubro de 2026
-
09:30 h. Diante do Concello: XI Xuntanza Internacional de Vespas e Lambrettas.
-
11:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
12:00 h. Campo de Regatas Porto do Grove rumbo á ponte da Toxa: Desafío Arousa: regata de dornas "a remo". Entrega de trofeos ás 14:30 h.
-
12:30 h. Praza do Corgo: Actuación de baile tradicional da Asociación Cantodorxo.
-
17:00 h. Praza do Corgo: Actividades infantís da Festa do Marisco, xogos tradicionais.
-
19:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
20:00 h. Carpas de degustación: Pandereteiras de Cantodorgo.
-
22:00 h. Carpa de concertos: Concertos do Marisco. Cinco en Zocas. Sés.
-
Durante a mañá: Grupo de Gaitas de Cantodorxo.
Luns, 5 de outubro de 2026
-
12:00 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
19:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
22:30 h. Carpa de concertos: Concertos do Marisco. @ de Viño.
Martes, 6 de outubro de 2026
-
12:00 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
19:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
20:00 h. Carpas de degustación: Pandereteiras de ASXUPEN.
-
22:30 h. Carpa de concertos: Concertos do Marisco. David Chiquillo e Lote.
Mércores, 7 de outubro de 2026
-
12:00 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
12:00 h. Sala das Cunchas do Concello: XXI Premio Nacional Lola Torres de Gastronomía.
-
19:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
22:30 h. Carpa de concertos: Concertos do Marisco. A Banda do Sequío.
Xoves, 8 de outubro de 2026
-
12:00 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
18:00 h. Recinto da festa: Miradoiro da Lonxa: XVIII Xornadas Gastronómicas "A cociña do mar".
-
19:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
20:00 h. Carpas de degustación: Pandereteiras de Adro Vello.
-
22:30 h. Carpa de concertos: Concertos del Marisco. Caballito.
Venres, 9 de outubro de 2026
-
11:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
17:00 h. Praza do Corgo: Actividades infantís da Festa do Marisco, xogos tradicionais.
-
19:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
20:00 h. Auditorio do Grove: Gala de entrega das "Centolas de Ouro 2026".
-
23:00 h. Carpa de concertos: Concerto do Marisco. Fla-Meco. Sangijuelas del Guadiana.
-
Durante a tarde-noite: Grupo de Gaitas de Cantodorxo.
Sábado, 10 de outubro de 2026
-
Durante todo o día: Luce o teu traxe tradicional galego.
-
11:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
11:30 h. Praza do Corgo: Presentación do cartel da Festa do Marisco 2027.
-
12:00 h. Praza do Corgo: Concerto Festa do Marisco da Banda de Música do Grove.
-
17:00 h. Praza do Corgo: Actividades infantís da Festa do Marisco, xogos tradicionais.
-
18:30 h. Casa da Terceira Idade: Concurso de Platos de Mexilón Amegrove.
-
19:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
19:30 h. Auditorio do Grove: Concerto Festa do Marisco da Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove.
-
23:00 h. Carpa de concertos: Concerto del Marisco. Carlos Sadness. Dj Manu Tf.
-
23:30 h. Praza do Corgo: "Noite Meiga" con A.C. Cantodorxo e Gran Queimada.
-
Durante todo o día: Gaiteros e Cabezudos de Gogue.
Domingo, 11 de outubro de 2026
-
Durante todo o día: Luce o teu traxe tradicional galego.
-
11:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
17:00 h. Praza do Corgo: Actividades infantís da Festa do Marisco, xogos tradicionais.
-
19:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
22:30 j. Carpa de concertos: Concertos do Marisco. Freshkiños. Dorian.
-
Durante todo o día: charanga Fanfarria Furruxa.
Luns, 12 de outubro de 2026
-
Durante todo o día: Luce o teu traxe tradicional galego.
-
11:30 h. Apertura das casetas de venda de marisco.
-
Durante a mañá: charanga Fanfarria Furuxa.
Concertos da Festa do Marisco do Grove 2026

Á marxe da gastronomía, a música e os concertos teñen gran presenza na Festa do Marisco.
Nos chamados "Concertos do Marisco" hai opcións para todos os gustos. E todas as actuacións son gratis.
Aquí tes os concertos da Festa do Marisco do Grove 2026:
Xoves, 1 de outubro 2026
- Recinto Festa do Marisco: Os Firrás.
Venres, 2 de outubro 2026
- Recinto Festa do Marisco: 9Louro e Djow.
Sábado, 3 de outubro 2026
- Recinto Festa do Marisco: Ocean Colour Scene e Nanein DJ.
Domingo, 4 de outubro 2026
- Recinto Festa do Marisco: Sés e Cinco en Zocas.
Luns, 5 de outubro 2026
- Recinto Festa do Marisco: @ De Viño.
Martes, 6 de outubro 2026
- Recinto Festa do Marisco: David Chiquillo e Lote.
Mércores, 7 de outubro 2026
- Recinto Festa do Marisco: A Banda do Sequío.
Xoves, 8 de outubro 2026
- Recinto Festa do Marisco: Caballito.
Venres, 9 de outubro 2026
- Recinto Festa do Marisco: Sanguijuelas del Guadiana e Fla-meco.
Sábado, 10 de outubro 2026
- Recinto Festa do Marisco: Carlos Sadness e Manu TF DJ.
Domingo, 11 de outubro 2026
- Recinto Festa do Marisco: Dorian e Freshkiños.
Festa do Marisco do Grove 2026: degustación de marisco
Sen dúbida, entre os grandes atractivos da festa destacan as exposicións de marisco vivo e os toldos de venda e degustación de mariscos e peixes frescos a prezos populares.
Horario de apertura dos stands de degustación de marisco na Festa do Marisco do Grove 2026:
-
Luns a xoves: 12:00 - 16:30 h. e 19:30 - 22:30 h. O primeiro xoves, día 1 de outubro, abren só en horario de tarde.
-
Venres, sábados e domingos: 11:30 - 17:00 h. e 19:30 - 23:00 h. O último día, luns 12 de outubro, abren só en horario de mañá.
Os postos pechan media hora despois das caixas.
En xeral, primeiro debes elixir que vas tomar e comprar o tícket que logo utilizarás para solicitar o teu pedido.
Que se come na Festa do Marisco do Grove?

Vieiras, zamburiñas, camaróns, berberechos, nécoras, ostras, mexillón de batea... son moitos os mariscos para comprar ou degustar.
O arroz con marisco é unha das racións máis buscadas na Festa do Marisco do Grove, xunto coas ameixas á mariñeira ou ao limón e as navallas á prancha.
E, como en toda boa festa galega, non faltan produtos tan nosos como o polbo á feira nin a empanada e os licores e viños, encabezados polo Albariño.
Para saber que comer na Festa do Marisco do Grove podes consultar aquí a carta e prezos 2026:
- Ameixas á mariñeira con cazola de recordo: 16€
- Ameixas ao natural (6 unidades): 12,00€
- Arroz de mariscos con cazola de recuerdo: 8,50€
- Berberechos ao vapor: 8,00€
- Camarón (150 gramos): 20€
- Croquetas de marisco: 7,00€
- Empanada de atún (ración): 4,50€
- Empanada de mexillón (ración): 6,00€
- Empanada de polbo (ración): 7€
- Empanada de millo e centeo de polbo con queixo (ración): 7€
- Empanada de millo e centeo de zamburiñas (ración): 7€
- Empanada de de millo e centeo de choco na súa tinta (ración): 7€
- Fideos mariñeiros (ameixas, mexillóns, berberechos e zamburiñas) con cazola de recuerdo: 8,50€
- Mexillóns vinagreta (10 unidades): 6€
- Mexillóns tigre (10 unidades): 7,00€
- Mexillóns ao vapor (400 gramos): 5,50€
- Navallas á prancha (8 unidades): 9€
- Nécora (unidad): 10€
- Ostra plana ao natural (6 unidades): 10,50€
- Ostra rizada en salsa vinagreta (6 unidades): 9,50€
- Percebes (200 gramos): 21€
- Polbo á feira con plato de recordo: 18,50€
- Fideuá negra con sepia: 8,50€
- Vieira á galega (unidad): 6,50€
- Zamburiñas - Volandeiras á prancha: 9€
Historia da Festa do Marisco do Grove
A primeira Festa do Marisco do Grove celebrouse en 1963, con postos artesanais realizados con madeira local.
A intención era vender e poñer en valor un dos piares fundamentais da economía grovense, a pesca e o fantástico marisco da súa costa.
Os/as veciños/as implicáronse de cheo dende o primeiro momento, distribuíndo bolsas promocionais de camaróns e nécoras a todos aqueles que circulaban en coche pola zona.
Este recoñecemento e reivindicación plasmouse tamén en símbolo escultórico co "Monumento á Familia Mariscadora", realizado en pedra en 1972 polo escultor local Alfonso Vilar Lamelas.
Na década dos 80, a festa xa gozaba de gran popularidade, así que foi ampliando a súa duración e o seu abanico de actividades ata chegar a ser, a día de hoxe, unha das grandes festas gastronómicas de Galicia.
Así que, se che apetece gozar do mellor marisco, non perdas a Festa do Marisco do Grove 2026, do 1 ao 12 de outubro.
Fonte imaxe de cabeceira: Turismo de O Grove
