As festas patronais das vilas e das cidades galegas son as máis esperadas cada ano. Na Estrada non son menos e este ano durante cinco días non faltará a música, o baile e as ganas de diversión para celebrar o San Paio. As Festas da Estrada 2024 celébranse do 25 ao 29 de xuño e contámosche aquí todo o programa e os concertos.

Dende o martes 25 de xuño pola noite e ata o sábado 29, a veciñanza da Estrada e alrededores teñen unha cita co seu patrón, San Paio, para celebralo cun amplo programa de actividades e concertos que dará cabida a todo tipo de actuacións, tamén aos artistas locais. Aínda que o sábado 22 xa haberá un aperitivo co acendido da iluminación da festa.



Programa das festas na Estrada 2024

Programa de las fiestas en A Estrada 2024
Imaxe: Turismo A Estrada

O Concello da Estrada fixo un programa para as festas da Estrada 2024 para todos os públicos.

As actuacións musicais gañan peso coas orquestras Panorama, América, Cinema, Asia e Galilea, entre outras, e con artistas e grupos como o DJ local Marcos Magán, a banda Gin Toni's ou música máis indie e actual de The Rapants.

Como aperitivo o sábado 22 será a carreira Nocturna Estradense, a partires das 23.00 horas, coincidindo co acendido da iluminación da festa. E os máis peques están de sorte, porque ese mesmo día comezarán a funcionar as atraccións na contorna da praza da Feira.

Este é o programa das festas da Estrada 2024:

Sábado, 22 de xuño

  • 12:00 h. Partido no Novo Municipal da Estrada polo 50ª Aniversario do CD Estradense.
  • 12:15 h. Encontro da Asociación de Fillos e Amigos da Estrada.
  • 15:00 h. Gala do 50ª Aniversario do CD Estradense de veteranos no Pazo Xerlís.
  • 22:00 h. Acendido da iluminación da festa e Carreira Nocturna.


Martes, 25 de xuño

  • 10:00 h. Tirada de bombas de palenque.
  • 11:30 h. Desfile da banda de música Tíralle do Aire.
  • 12:30 h. Pregón de Lito Garrido e César Romero.
  • 13:00 h. "Chupinazo" anunciando o inicio oficial das festas e brindis con sidra estradense.
  • 14:00 h. Sesión vermú co dúo Punto Zero no aparcadoiro do Invictus.
  • 15:00 h. Desfile da banda de música Tíralle do Aire.
  • 19:00 h. Exhibición de baile Stradanza e Lil Kits (gañadores de Got Talent 2023).
  • 20:00 h. Actuación do Doutor Zaius na Zona dos Viños.
  • 21:30 h. Concerto de Broken Peach na Praza Galicia.
  • 23:00 h. Actuación de The Rapants na Praza do Concello.
  • 00:30 h. Verbena da Orquestra Galilea na Porta do Sol.


Mércores, 26 de xuño

  • 10:00 h. Tirada de bombas de palenque anunciando o día de San Paio.
  • 11:00 h. Pasarrúas da Banda Cultural da Estrada.
  • 11:30 h. Pasarrúas da banda de música Mil 9.
  • 11:30 h. Torneo de fútbol 3x3 na Alameda.
  • 12:30 h. Misa rezada.
  • 13:00 h. Concerto da Banda Cultural da Estrada.
  • 14:00 h. Sesión vermú con Chiky's no aparcadoiro do Froiz.
  • 17:00 h. Pasarrúas da Charanga Mil 9.
  • 17:30 h. Torneo de fútbol 3x3 na Alameda.
  • 19:00 h. Actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.
  • 19:45 h. Tradicional desfile da Banda Militar da Brilat dende o Concello ata a Igrexa parroquial.
  • 20:00 h. Misa solemne de San Paio cantada pola coral Támega de Verín seguida da procesión acompañada pola Brilat e pola Banda Cultural da Estrada. Ao seu remate, concerto da Banda Militar na Praza da Igreza.
  • 21:30 h. Batucada da Escola Latexo.
  • 22:00 h. A Charanga Támega actúa na zona urbana.
  • 23:00 h. Actuación de DJ Marcos Magán na Praza de Galicia.
  • 00:30 h. Verbena coa orquestra Panorama na Praza de Galicia.


Xoves, 27 de xuño

  • 10:00 h. Tirada de bombas de palenque.
  • 10:00 h. Festa da Bicicleta.
  • 11:00 h. Pasarrúas da Banda Municipal da Estrada
  • 11:30 h. Actuación da charanga Jalaticos
  • 12:00 h. Pasarrúas da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos Tui e concerto na Porta do Sol
  • 12:00 h. Exhibición da Escola de Esgrima da Estrada
  • 13:30 h. Concerto da Banda Municipal nos xardíns
  • 14:00 h. Sesión vermú na Rúa do Muíño coa actuación do dúo Punto Zero
  • 17:00 h. Pasarrúas da banda de música dos Jalaticos
  • 19:30 h. Exhibición de baile tradicional de Sondodanza
  • 20:00 h. Misa solemne do Santísimo cantada pola Coral Polifónica Estradense e procesión do Santísimo acompañada pola Banda Municipal da Estrada e pola Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos Tui.
  • 22:30 h. Verbena coa orquestra Assia e a orquestra América.


Venres, 28 de xuño

  • 10:00 h. Tirada de bombas de palenque.
  • 10:00 h. Torneo de baloncesto 3x3 na Alameda.
  • 11:30 h. Pasarrúas da charanga NBA acompañada do xigante Barriga Verde
  • 13:30 h. Concerto da Banda Municipal de Agolada.
  • 14:00 h. Sesión vermú con wigga na Zona dos Viños.
  • 15:00 h. Inchables na Praza do Concello e torneo de baloncesto 3x3 na Alameda.
  • 17:30 h. Pasarrúas da charanga NBA.
  • 18:30 h. Teatro en Calvo Sotelo con “Isaura e Iván Contastorias”.
  • 19:30 h. Actuación do dúo flamenco Sara e Kike (finalistas da cuarta edición de Got Talent) na Zona dos Viños.
  • 20:00 h. Festa da escuma.
  • 21:00 h. Concerto da Big Band de Carlos Barruso.
  • 22:30 h. Verbena coa orquestra Cinema na Praza do Concello.
  • 00:30 h. Tributo a Juan Pardo na Praza do Concello.


Sábado, 29 de xuño

  • 10:00 h. Tirada de bombas de palenque.
  • 11:00 h. Pasarrúas de charangas.
  • 12:00 h. Pasarrúas “Pe tras pe” coa Banda de Barbude, Centro Cultural A Ponte Vella e Típico Rancho Amorosa de Portugal.
  • 13:30 h. Concerto de Rancho Típico de Amorosa.
  • 14:00 h. Sesión vermú con Willington Mariachi na rúa Antón Losada.
  • 17:00 h. Pasarrúas de charangas.
  • 18:00 h. Actuación de Sara e Kike na Praza do Mercado.
  • 19:30 h. Concerto de Pants Off na Zona dos Viños.
  • 20:00 h. IV Festival de Música Tradicional coa Banda de Gaitas de Barbude, Centro Cultural A Ponte Vellla e Rancho Tífico Amoroso.
  • 22:00 h. Pasarrúas con Tequexetéldere, Donaire da Coruña e Cantigas e Flores de Lugo.
  • 00.00 h. Fogos artificiais de Fin de Festa na Cañoteira.
  • 02:00 h. Concerto de Gin Tony na Porta do Sol.


Domingo, 30 de xuño

  • 13:00 h. Día do Neno: Concerto da Banda Municipal da Estrada e fichas de atraccións a metade de prezo.

As festas da Estrada 2024 máis espalladas pola vila

Fiestas A Estrada 2024
Imaxe: Turismo A Estrada

A comisión organizadora das festas da Estrada 2024 decidiu este ano como novidade estender a festa a distintos recunchos da zona urbana.

As grandes orquestras e concertos manterán a súa tradicional localización na Praza do Concello, na Praza da Farola e na Praza da Porta do Sol porque son lugares onde encaixan os grandes escenarios das actuacións musicais actuais.

Como novidade, e para que toda a veciñanza dos barrios sintan máis preto o ambiente festivo, a organización anunciou que incluíu na programación outras actuacións de pequeno formato repartidas polos barrios da zona urbana.

As raíces galegas de San Paio

As festas de San Paio celébranse sempre arredor do seu día grande, o 26 de xuño. O que moitos non saben é que Paio foi un santo galego, dada a súa orixe na veciña parroquia de Albeos, no concello pontevedrés de Crecente.

Paio foi un neno nado nunha familia pobre, pero tiña un tío poderoso, era o bispo de Tui. Nado no ano 911, foi enviado a ser educado polo seu tío Hermoigio.

Nese momento, o califa Abd al-Rahman III atacaba Pamplona, onde Paio fora enviado co seu tío. Ambos os dous foron detidos e tras tres anos de catividade o bispo foi posto en liberdade, pero Paio quedou como refén.

Polas súas reiteradas negativas a negar a súa fe, o mozo galego foi cruelmente martirizado con tenazas de ferro. Anos máis tarde Paio foi canonizado, sendo un dos mártires galegos máis coñecidos nos santos católicos.

Fonte imaxe de cabeceira: Turismo A Estrada.