Os días grandes das festas do Cristo do Porriño 2026 teñen lugar a última fin de semana de setembro, ´dicir, do 25 ao 27 de setembro. Non obstante, as festas esténdense ao longo de todo o mes e conclúen a primeira fin de semana de outubro coa famosa Festa dos Callos. Aquí tes o programa das festas do Cristo do Porriño 2026 para que poidas gozar de todos os eventos.
Setembro é un mes especial para toda a veciñanza do Porriño. A súa festa máis esperada, a festa do Cristo da Agonía, celébrase cun amplo programa de actividades e concertos, que abrangue todo tipo de actuacións, música, entretemento, eventos relixiosos e festas gastronómicas. Así son as festas do Cristo do Porriño 2026.
Programa das festas do Cristo do Porriño 2026
Imaxe: Cultura de O Porriño.
A lectura do pregón marca o comezo da fin de semana principal das festas do Cristo do Porriño de 2026. Terá lugar o sábado 26 de setembro ao mediodía e correrá a cargo este ano da bailarina e actriz Janet Novás.
Pero ata entón, xa se terán realizado moitas actividades como parte do programa, que continúa ata o seguinte domingo, o 4 de outubro, cando as festas se pechen co evento gastronómico por excelencia do Porriño, a Festa dos Callos, que este ano chega á súa 33ª edición.
O evento central das festas do Cristo do Porriño é a misa solemne e a procesión do Cristo da Agonía. Sempre ten lugar o último domingo de setembro, que este ano coincide co día 27. Ao mediodía, o Cristo da Agonía é trasladado dende a súa capela ata a igrexa parroquial, onde se celebra a misa solemne. Despois, a procesión percorre as principais rúas da vila, acompañada por bandas de música.
Contámosche deseguido o programa das festas do Cristo do Porriño 2026 que preparou o Concello do Porriño. Toma nota porque hai actividades para todos os gustos durante todo un mes enteiro.
Xoves, 10 de setembro 2026
- 19:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Espectáculo de Maxia de Dani García: Maxia entre liñas.
Venres, 11 de setembro 2026
- 20:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Concerto de Ialma.
Sábado, 12 de setembro 2026
- Todo o día: Campo de fútbol de Atios: Torneo Atios Cup Benxamíns.
- 12:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Contacontos infantil en inglés.
- 16:00 h. Polas rúas da vila: A Nocturna 2026: Trofeo Festas do Cristo de Ciclismo.
- 19:30 h. Praza do Cristo: Festa Flamenca.
Domingo, 13 de setembro 2026
- Monte Risca: Festa do Monte Risca.
- 12:00 h. Polas rúas da vila: XIV Milla Porriñesa Festas do Cristo 2026. Atletismo.
- 18:00 h. Centro Cultural de Chenlo: Teatro: O Mundo ao revés.
Martes, 15 de setembro 2026
- 18:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Presentación: Porriño Baloncesto Base.
Mércores, 16 de setembro 2026
- 18:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Presentación: Club Deportivo FSV de Patín en Liña.
- 20:00-23:00 h. Campo de fútbol de Mosende: Torneo Fútbol Senior 3x1. Fase previa.
Xoves, 17 de setembro 2026
- 19:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Espectáculo Narración Oral de Fran Rei: Hamelín.
Venres, 18 de setembro 2026
- 18:00 h. Pavillón Municipal de Deportes: Presentación Club Ximnasia Rítmica Porriño.
Sábado, 19 de setembro 2026
- Todo o día: Praza Arquitecto Antonio Palacios: Día do Peregrino e do Turista.
- Todo o día: Campo de fútbol de Atios: Torneo Atrios Cup Pre-Benxamíns.
- 10:00-13:30 h. Pistas de Tenis Municipais: Torneo de Tenis Festas do Cristo 2026.
- 20:30 h. Praza do Cristo: Concerto de Rafael Yebra & Oswaldo Oro.
Domingo, 20 de setembro 2026
- 09:30 h. Rúas da vila: IV Carreira de Empresas Galicia 2026: Interrunning. Inscrición previa ata o día 16.
- 19:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Concerto de Uxía: “Será por flores”.
Luns, 21 de setembro 2026
- 18:00-20:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Exhibición-Presentación do Club Balonmán O Porriño.
Martes, 22 de setembro 2026
- 18:00-20:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Presentación Unión Deportiva Atios.
Mércores, 23 de setembro 2026
- 18:00-20:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Presentación Club Deportivo Pontellas.
- 20:00-23:00 h. Campo de fútbol de Atios: Torneo Fútbol Senior 3x1. Fase final.
Xoves, 24 de setembro 2026
- 18:00-20:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Presentación Porriño Industrial Fútbol Club.
- 20:30 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Monólogo de David Amor.
Venres, 25 de setembro 2026
- 20:30 h. Pavillón Municipal de Deportes: Balonmán Feminino: Conservas Orbe Balonmano Porriño-Selección Portuguesa.
- 20:30 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Concerto SÉS.
- 22:00 h. Verbena popular coa orquestra París de Noia.
- 23:45 h. Aparcadoiro Rúa Progreso: Louro Valley Festival.
Sábado, 26 de setembro 2026
- 11:30-14:30 h. Rúas da vila: Animación.
- 13:30 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Pregón das fiestas: Janet Novás.
- 17:00-20:00 h. Obradoiros infantís.
- 18:00-21:00 h. Rúas da vila: Animación.
- 19:00 h. Parque do Cristo: III Festival Cristo de Bandas: Toca a Agrupación Musical do Porriño e a Agrupación Musical da Guarda.
- 20:30 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Concerto de Queiman Folk-Rock.
- 21:00 h. Pavillón Municipal de Deportes: Monólogo de Xosé A. Touriñán: Aquí Tou!
- 22:00 h. Praza Central: Verbena popular coa orquestra Costa Dorada.
- 22:00 h. Aparcadoiro Rúa Progreso: Dabuten Remember Festival 2026.
Domingo, 27 de setembro 2026

Imaxe: Concello O Porriño
- 12:00 h. Misa Solemne e procesión do Santísimo Cristo da Agonía.
- 12:00-14:00 h. Rúas da vila: Animación.
- 17:00-20:00 h. Rúas da vila: Obradoiros infantís.
- 17:30-19:30 h. Rúas da vila: Animación.
- 18:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Concerto infantil de Gisela.
- 19:30 h. Rúa Domingo Bueno: Concerto de Gaitas San Xoan de Paramós.
- 22:00 h. Praza Central: Verbena popular coa orquestra América y co Grupo Claxxon.
Luns, 28 de setembro 2026
- 12:00 h. Praza do Cristo: Misa Solemne de Campaña. Ao rematar concerto da Banda de Música Municipal de Redondela.
- 12:00-14:00 h. Rúas da vila: Animación.
- 17:30-19:30 h. Rúas da vila: Animación.
- 18:00-20:00 h. Praza Antonio I. Paz Valverde: Obradoiros infantís.
- 19:00 h. Praza do Cristo: Concerto: Banda Municipal de Redondela e Banda de Música Unión Musical de Valladares.
- 21:00 h. Praza Central: Verbena popular coa orquestra Tango e Panorama.
Mércores, 30 de setembro 2026
- 17:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Exhibición de Scalestrix: Slot Club Porriño.
Xoves, 1 de outubro 2026
- 20:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Monólogo de David Puerto.
Venres, 2 de outubro 2026
- 19:30 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Concerto da Orquestra de Cámara Galega.
- 21:00 h. Praza Antonio I. Paz Valverde: Concertos infantíss: Xeración M e King Kids.
- 22:30 h. Praza Central: Verbena popular coa orquestra Los Players.
Sábado, 3 de outubro 2026
- 12:00-14:00 h. Rúas da vila: Animación.
- 17:30-19:30 h. Rúas da vila: Animación.
- 18:00-20:00 h. Praza Antonio I. Paz Valverde: Obradoiros infantís.
- 19:00 h. Praza 8 de marzo: Certame Tes Talento? Semifinal.
- 21:30 h. Praza San Sebastián: XII Montando Cristo Festival: Concertos de Hongo, In The Fall, The Pretty Shirts e Malkeda.
- 22:30 h. Praza Central: Verbena popular coa orquestra Hugo Band e La Banda de Ayer.
Domingo, 4 de outubro 2026
- Todo o día: Pavillón Munnicipal de Deportes: Exhibición de Patinaxe Club Patín Porriño.
- 09:00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios: Saída da Ruta Ciclista.
- 12:00 h. XXXIII Festa dos callos.
- 17:00 h. Praza 8 de marzo: Certame Tes Talento? Final infantil e adultos.
- 17:30-19:30 h. Rúas da vila: Animación.
- 17:00-20:00 h. Praza Antonio I. Paz Valverde: Obradoiros infantís.
- 19:00 h. Praza do Cristo: Concerto: Banda de Música de Xinzo e Banda de Música Popular de Tui.
- 19:00 h. Centro Cultural de Pontellas: Teatro: Xa é hora.
- 21:00 h. Avenida Antonio Palacios: Verbena popular coa orquestra El Combo Dominicano.
Garda ben as datas e os eventos para poder gozar plenamente das festas do Cristo do Porriño 2026.
Fonte imaxe de cabeceira: Concello do Porriño.
