Non perdas unha nova edición das Meninas de Canido 2026, do 4 ao 6 de setembro, en Ferrol. Ademais das obras de arte inspiradas en Velázquez que podes percorrer polas rúas do barrio, espérante moitas actividades, concertos, foodtrucks para comer, o Mercado Creativo e moito máis. Consulta aquí o programa das Meninas de Canido 2026 en Ferrol e goza desta festa da arte e da cultura.
Programa das Meninas de Canido 2026

Imaxe: Meninas de Canido
Nas Meninas de Canido 2026 participan case unha trintena de artistas, que encherán diferentes espazos do barrio ferrolán de cor e de moito talento creativo coas súas obras. Sumando a súa versión das Meninas ás máis de 500 que xa existen nas rúas de Canido.
Pero, ademais de percorrer as Meninas de Canido 2026 en Ferrol, podes gozar de concertos, foodtrucks, un Mercado Creativo e máis actividades do 4 ao 6 de setembro que teñen como núcleo central o Parque Antón Varela.
A gran novidade na programación do festival deste ano é o I Torneo 3x3 Meninas de Canido, onde o baloncesto feminino será o protagonista. O torneo xogarase durante o festival e reunirá a estrelas do baloncesto nacionais e internacionais, como Natalia Rodríguez (que xogou no Baxi durante cinco anos), Jori Davis (que xogou no Uni Ferrol) e a finlandesa Taru Tuukanen.
E este é todo o programa das Meninas de Canido 2026, do 4 ao 6 de setembro no Parque Antón Varela, que podes descargar aquí:
Venres, 4 de setembro 2026
-
19:00 h. Parque Antón Varela: Apertura do Mercado Creativo.
-
19:30 h. Parque Antón Varela: Pregón con Sfhir.
-
20:00 h. Parque Antón Varela: Concerto de Rubia & The Bandits.
-
22:30 h. Parque Antón Varela: Concerto de Futuro Alcalde.
-
23:30 h. Parque Antón Varela: Concerto de Adrasha.
Sábado, 5 de setembro 2026
- 10:30 - 20:05 h. Pavillón IES de Canido: Torneo 3x3. Grupos e Cuartos.
- 11:00 - 13:00 h. Parque Antón Varela: Obradoiro infantil: Elaboración de marcapáxinas de Meninas.
- 12:00 - 00:00 h. Parque Antón Varela: Mercado Creativo.
- 13:30 h. Parque Antón Varela: Concierto de Batalha.
- 17:00 - 19:00 h. Parque Antón Varela: Búsqueda do tesouro para público infantil.
- 20:00 h. Parque Antón Varela: Concerto de Alfeizar.
- 22:00 h. Parque Antón Varela: Concerto de R de Rumba.
- 23:30 h. Parque Antón Varela: DJ Sfhir.
Domingo, 6 de setembro 2026
- 10:30 h. Pavillón IES de Canido: Torneo 3x3. Semifinais.
- 11:00-21:00 h. Parque Antón Varela: Mercado Creativo.
- 12:25 h. Pavillón IES de Canido: Torneo 3x3. Final.
- 13:30 h. Parque Antón Varela: Concerto de Néstor Pardo & The Land Rober Band.
- 18:00 h. Parque Antón Varela: Concerto de Chekan.
- 18:00-19:00 h. Parque Antón Varela: Festa Holi infantil, con música e batalla de polvos de cores veganos e sen gluten.
- 20:00 h. Rúa Riego: Homenaxe a Álvaro Lamas.
Meninas de Canido 2026: programa de artistas

Imaxe: Meninas de Canido
E quen son os artistas das Meninas de Canido 2026? Aquí tes a lista completa:
- Alex
- Alina Richart
- Ana Corazón
- Aurora Campbell
- Vuelco
- Carmen Martin
- Carola Bouza
- Edu Àtman
- Sezo
- Eva Casais
- Toni Espinar
- Gon Alonso
- Rojo
- Teresa Irisarri
- Poch
- Marvi Malca
- Nauni
- Pastron#7
- Sfhir
- Rapela
- Spela Trobec
- Tutu Sousa
- Uri Kthr
- Mohammad Hosseinzadeh
- Olivia Peremíguez
- Ontone
- Lucía Debuxa
- Hacko Crane
- Fer Patiño
Mercado creativo Meninas de Canido 2026

Imaxe: Meninas de Canido
Pasa polas casetas do Mercado Creativo do festival Meninas de Canido 2026 que estará instalado na rúa Poeta Pérez Parallé, fronte ao parque Antón Varela.
A organización xa deu a coñecer quen vai participar no Mercado Creativo 2026 e aquí che poñemos a listaxe completa de participantes para que botes unha ollada:
- Barro&co
- Dávana
- Las Cositas de Grey
- Waves
- Álvaro Núñez artistas2ndenini
- Azulgris
- Mareia
- Mr.Rancio!
- Choiva Ácida
- Sintonía creativa
- Mepidouna
- Ana Aguín Design
- Morgon
- Xosé Iglesias acuarelas mariñas
- MDC oficial
- Hippiechic
- Lorena Barciela
- Ager
Horario do Mercado das Menidas de Canido 2026:
- Venres, 4 de setembro: 19:00 a 00:00 h.
- Sábado, 5 de setembro: 12:00 a 00:00 h.
- Domingo, 6 de setembro: 11:00 a 21:00 h.
As Meninas de Canido
O proxecto das Meninas de Canido empezou en 2008 da man do artista Eduardo Hermida, que comezou a realizar intervencións en espazos abandonados do barrio. En setembro son varios os artistas que se unen a un proxecto que non parou de crecer dende entón.
Hoxe hai máis de 500 obras de arte urbana, que cada ano crecen con novas propostas. Mesmo pode verse unha obra supostamente de Banksy nas rúas de Canido.
Ruta das Meninas de Canido en Ferrol

Se vas facer a ruta, mira o mapa de arriba onde podes ver o percorrido da ruta das Meninas de Canido en Ferrol.
Como ves as obras concéntranse en tres grandes áreas: Praza da Tafona, Cruceiro de Canido e Porta de Canido. Tamén podes ver sinalizado onde están as rúas coas Meninas en formato pequeno e medio, e cales son as localizacións das Meninas de gran formato.
Así que ven a percorrer a ruta das Meninas de Canido nunha nova edición deste evento cultural durante a primeira fin de semana de setembro.
Fonte imaxe de cabeceira: Visit Ferrol
