Xa sabes que dende a app de R (e dende a web) se pode facer case todo, menos unhas filloas ou uns ovos fritidos . A todas as súas funcionalidades, agora únese a de suspender de xeito temporal o teu servizo.
Ollo! este servizo só está dispoñible para os clientes que teñan contratado un combo marmota. O combo marmota é exclusivo para clientes de fixo que están conectados á rede de fibra óptica de R, e que tamén queren desfrutar destes servizos na súa segunda vivenda.
É moi raro que ao ter contratado dous combos, en dúas localizacións diferentes, esteas empregando os seus servizos ao mesmo tempo. Por iso R che dá a posibilidade de suspender de xeito temporal e inmediatamente un deles.
Suspensión temporal do servizo
A app de servizos de R (dispoñible para Android e para IOS) e a web, permite desactivar un dos teus combos contratados.
Dende a app tes que facer isto:
- Vai a “os meus produtos e servizos” > “suspensión temporal de servizo”:
- Escolle o combo que queres suspender temporalmente:
- Indica o día e hora á que queres activar o combo da túa segunda vivenda e desactivar o teu combo principal:
Antes de estar dispoñible esta funcionalidade na app podíase solicitar a suspensión do servizo, pero había que agardar entre 24 e 48 horas para que fose efectivo. Ademais, a suspensión tiña unha duración mínima.
A partir de agora poderás suspendelo cando ti queiras sen tempos de agarda e o periodo de tempo que precises, como se se trata só dun día .
Xa ves, case todo se pode facer dende a app de R. Agora ímosche recordar máis cousas que se poden facer dende ela:
- App de R: configurar chamadas perdidas e en espera
- App de R: configurar contas de correo
- App de R: atención ao cliente
- App de R: configura o contestador do teléfono fixo
- App de R: controla o gasto do teu teléfono móbil
- App de R: como configuro os desvíos de chamadas e contestador?
- App de R: como configuro as restricións na miña liña de móbil de R?
- App de R: configuración do router dende o móbil
- Actualizamos a nosa app en Android (agora con widget)
- App móbil para Android da web de clientes
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Un saúdo!