Seguimos contándoche todo o que se pode facer dende a app e web de R. Hoxe tócalle a quenda á restrición de chamadas no teléfono fixo.
A restrición pódese aplicar a unha soa liña de teléfono fixo co obxectivo de controlar o gasto e impedir as chamadas a números de alto custo.
Se queres activar as restrición de chamadas dende a app de servizos de R (dispoñible para Android e para iOS) ou dende a web, a continuación contámosche como facelo.
Como activar a restricións de chamadas na liña fixa?
Ao acceder á app de R tes que ir a “teléfono” e a continuación seguir estes pasos:
- Vai a “teléfono” > “configurar teléfono”:
- Preme en “restricións de chamadas”:
- Selecciona a túa liña fixa:
- Por último, indica a restrición que desexes:
Tipos de restricións na liña fixa
Tes once tipos de restricións, e podes seleccionar a que máis che interese, ou a que pode ser unha tentación para incrementar o custo da túa factura .
A restrición a números internacionais e a números de tarificación adicional (803, 806, 807 e 905) é gratuíta e pódese facer conxuntamente ou só unha delas. O restos das restricións teñen un custo de alta de 7,23€ e unha cota mensual de 0,73€, excepto a restrición a calquera número, que ten unha cota mensual de 3,63€. Sempre co IVE incluído.
Custo das chamadas
Como sabes, dende os combos de R tes incluídas as chamadas a calquera número nacional, cun prefixo provincial diante (ata un máximo de 120 minutos por chamada). Outro tipo de chamadas, como os números 902, ao estranxeiro ou de tarificación adicional, páganse a maiores.
Para que fagas as túas contas e saibas o que custan as chamadas, aquí podes consultar as distintas tarificacións dependendo do tipo de chamadas:
- Chamadas internacionais.
- Chamadas a números de tarificación adicional, móbiles, números de rede intelixente e números de información de abonados.
Agora xa coñeces unha nova funcionalidade da app de R.
A continuación recordámosche máis cousas que se poden facer dende ela:
- App de R: suspender temporalmente o teu combo marmota
- App de R: configurar chamadas perdidas e en espera
- App de R: configurar contas de correo
- App de R: atención ao cliente
- App de R: configura o contestador do teléfono fixo
- App de R: controla o gasto do teu teléfono móbil
- App de R: como configuro os desvíos de chamadas e contestador?
- App de R: como configuro as restricións na miña liña de móbil de R?
- App de R: configuración do router dende o móbil
- Actualizamos a nosa app en Android (agora con widget)
- App móbil para Android da web de clientes
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Un saúdo!