A historia e a cultura de Galicia e a doutras moitas partes do mundo está directamente relacionada coa relixión católica. Esa unión deu lugar ao nome de nena Saleta e a outros moitos nominativos que teñen varios séculos de historia e que hoxe en día se utilizan con bastante frecuencia.

Orixe do nome Saleta

O nome de Saleta ten unha procedencia francesa, a súa orixe está relacionado coa advocación á nosa Señora de Saleta, unha figura que hoxe en día ten un santuario na cidade francesa de Grenoble. Esta virxe apareceuse a dous pastores na montaña da Sallete, que tamén está situada en Francia.

Hoxe en día hai máis de 200 mulleres que reciben o nome de Saleta e a inmensa maioría delas residen na nosa terra, sobre todo nas provincias de Lugo e Pontevedra. Tampouco pasa desapercibido o feito de que a media de idade destas mulleres non chega aos 35 anos.

Significado do nome de Saleta

Unha das teorías sobre o nome de Saleta indica que o seu significado é “mandar”. Isto débese a que hai autores que sinalan que este nome é unha variante francesa do nome Sarah, que é de ascendencia hebrea.

Con todo, a Real Academia Galega indica que procede do “topónimo francés Salette, diminutivo de Sae”. Esta palabra ten o mesmo orixe que o termo galego Sa ou Saa. O seu significado non está claro, pero poderíase interpretar como “casa importante”.

Ás mulleres que teñen o nome de Saleta atribúenselles trazos como o ser reservadas, pero tamén combativas, independentes e belixerantes se é necesario. Outras características que se lles asocian ás mulleres que teñen este nome están relacionadas coa procura e co estudo.

Onomástica do nome de Saleta

A onomástica do nome de Saleta sitúase no día 19 de setembro. Esa data conmemora o día no que a Virxe da Saleta apareceuse a eses dous novos pastores en Francia. Esta figura pide aos nenos que difundan a súa mensaxe, que recen e que leven unha vida correcta.

Mulleres co nome de Saleta

Actualmente, é complicado atopar un elevado número de mulleres recoñecidas que teñan o nome de Saleta. Pero, curiosamente, esas mulleres son moi novas e iso é unha mostra de que este nome feminino, e propio da nosa terra, segue a seer unha opción para asignar ás nenas que nacen na actualidade e que continuarán usando as novas xeracións.

  • Saleta Castro: triatleta galega (1987)
  • Saleta Fernández: saltadora galega (1997)
  • Saleta Fernández: actriz de teatro galega

Como se escribe o nome de Saleta noutros idiomas

O nome de Saleta ten variantes en varios idiomas e nalgunhas desas variantes cambia o seu significado. Vexamos as variantes de Saleta noutras linguas:

Idioma Tradución
Alemán Salette
Catalán Saleta
Español Saleta
Francés Salette
Inglés Salette
Italiano Saletta
Portugués Salete