As festas de verán ou patronais enchen nos meses de verán todas as vilas e cidades galegas. Boiro, en pleno corazón do Barbanza, non ía ser menos. As festas de Boiro 2026 encherán a vila mariñeira de música e diversión para todos os públicos do 3 ao 8 de xullo de 2026.
Como cada ano, contamos cun cartel de festas onde a música sexá a protagonista indiscutible, cunha programación que vai dende as ansiadas verbenas con orquestras e sesións de DJ, ata cantos de taberna.
Programa das festas de Boiro 2026

As festas do verán de Boiro 2026 contan cunha programación na que todos os públicos poden participar e divertirse. Hai música e actos de todos os estilos e xéneros.
O programa inclúe actividades para os máis pequenos, como festivais infantís, así como actos culturais tradicionais como exhibicións de malla de centeo, baile galego ou sesións vermú.
Aquí tes o programa das festas de Boiro 2026 que publica o Concello de Boiro.
Venres, 3 de xullo 2026
- 20:30 h. Pasarrúas coa charanga BB+.
- 21:00 h. Praza de Galicia: orquestra Suavecito.
- 22.00 h. Pregón.
- 22:45 h. Praza de Galicia: orquestra Capitol.
- 23:00 h. Praza do Centro Social: Curi e Sound Ivan.
- 23:00 h. Parque da Cachada: Remember Fest de Peñas Boiro AC.
Sábado, 4 de xullo 2026
- 10:00 h. Alboradas a cargo de Os Pequenos do Barbansa.
- 12:00 h. Festa da Malla e baile con Xilbarbeira e Aroña.
- 22:30 h. Praza de Galicia: orquestra Finisterre Project.
- 23:00 h. Praza do Centro Social: concerto de Ortiga.
- 00:00 h. Praza de Galicia: Tributo a Julio Iglesias.
Domingo, 5 de xullo 2026
- 10:00 h. Alboradas con Ar de Loureda.
- 12:00 h. Baile con Abeloura, Ballet Folclórico Boirense e Abanqueiro.
- 12:00 h. Pasarrúas coa Banda de Negreira.
- 13:30 h. Rúa peonil: sesión vermú con D’Crooners.
- 20:30 h. Praza do Centro Social: Balbina coa Banda de Música de Boiro.
- 22:00 h. Praza de Galicia: orquestra La Oca Band.
- 00:00 h. Praia de Barraña: espectáculo piromusical.
- 00:30 h. Praza de Galicia: La Banda de Ayer.
Luns, 6 de xullo 2026
- 10:00 h. Alboradas con Arume.
- 11:00 h. Parque da Cachada: Festa das Peñas.
- 12:00 h. Cantos de taberna: As da Boina e Mar de Cabo.
- 21:00 h. Praza do Centro Social: Gramola Gominola.
- 22:00 h. Praza de Galicia: orquestra Gran Parada.
- 00:00 h. Praza de Galicia: orquestra Origen.
Martes, 7 de xullo 2026
- 10.00 h. Alboradas con Arume
- 12:00 h. Cantos de taberna: A Dorniña e Xoaniñas.
- 12:30 h. Pasarrúas con Treboada.
- 22:00 h. Praza de Galicia: orquestra Marbella.
- 23:00 h. Praza do Centro Social: Melidaos e Lumieira.
- 00:00 h. Praza de Galicia: orquestra Paris de Noia.
Mércores, 8 de xullo 2026
- 10:00 h. Alboradas con Arume.
- 12:00 h. Cantos de taberna con Nunca e Tarde e Ventos do Mar.
- 13:00 h. Rúa peonil: sesión vermú con Duendeneta.
- 21:30 h. Praza de Galicia: orquestra Satélites.
- 23:00 h. Praza da Mancomunidade: 9Louro.
- 00:00 h. Praza de Galicia: orquestra Panorama.
- 02:00 h. Praza de Galicia: orquestra América.

Actos relixiosos das festas de verán de Boiro 2026
Ademais de toda a música, dos concertos e das variadas actividades do programa, as festas de verán de Boiro 2026 tamén teñen a súa vertente relixiosa. Xa o di o refrán, “a Deus rogando e co mazo dando”.
Cada día da festa celebrarase unha misa solemne con procesión, neste caso na honra do Apóstolo Santiago, a Virxe do Carme, San Antonio e o Perpetuo Socorro. Estes momentos relixiosos destacan a devoción e a tradición arraigada na cultura boirense.
Boiro, vila mariñeira con historia
Se aproveitas o cartel das festas de Boiro 2026 para achegarte á vila mariñeira descubrirás todo o seu encanto.
As súas praias de area dourada e augas cristalinas son o lugar ideal para gozar do sol e do mar da ría de Arousa. Ademais, Boiro, en pleno corazón das Rías Baixas, conta cunha gran variedade de restaurantes e bares que ofrecen o mellor peixe e marisco que farán as delicias dos máis glotóns.
Se o que máis che atrae é a cultura e a historia, o primeiro que debes facer se visitas Boiro é percorrer as rúas e as prazas do centro urbano. Así descubrirás a Igrexa Parroquial de Santa Baia de Boiro, un claro exemplo do barroco rural de principios do século XVII no que destaca o campanario, inspirado na Torre do Reloxo da catedral compostelá; ou o Centro Arqueolóxico do Barbanza, que alberga unha parte importante dos restos recuperados nas escavacións arqueolóxicas da zona.
Recomendamos aos amantes da natureza que non se perdan o Paseo Fluvial do Río Breiro, unha nova senda peonil que une o casco urbano co paseo da Barraña, un espazo rodeado de numerosa vexetación, ademais dun peculiar lago.
Na desembocadura do río principal de Boiro, atópase un dos paraxes naturais máis fermosos e peculiares da zona, o Espazo Natural da Ría do Coroño. Un espazo natural cun espectacular piñeiral con mesas e grellas, niño de libros, parque multiaventuras, training box, circuíto saudable e centos de metros de pistas de atletismo.
Esta é só unha primeira ollada ás marabillas naturais e arquitectónicas de Boiro. Se a visitas, non dubides en informarte e poderás gozar non só das festas do verán de Boiro, senón tamén de todo o encanto desta vila mariñeira en plena ría de Arousa.
Fonte imaxe de cabeceira: Concello de Boiro
