Rosalía é un nome que se adoita ler e escoitar con relativa frecuencia e iso débese, entre outros aspectos, a que hoxe en día é levado por mulleres moi famosas. Pero este nome de nena galego é moi típico en Galicia porque temos un gran referente con ese nome. Ademais, ten unha orixe e significado que provoca que se lle asigne a moitas acabadas de nacer galegas.

Orixe do nome de Rosalía

Rosalía é un nome que procede do latín, concretamente dunha festividade romana. Este feito axudou a difundir este nome polo territorio da península ibérica e despois interveu a tradición cristiá dándolle outra orixe. Neste caso aparece a figura de Santa Rosalía de Palermo, patroa da cidade italiana de Sicilia que levou unha vida dedicada á oración nunha cova do monte Pellegrino que está situado moi preto da cidade de Palermo.

En canto á etimoloxía de Rosalía, tamén se considera que é un nome formado por Rosa e por Lía.

Estes compoñentes axudaron a asentar o nome de Rosalía en territorios como Galicia, sobre todo nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense. Aínda que tamén é un nominativo que está presente noutras partes de España. Concretamente, hai case 1.800 mulleres que teñen este nome en Galicia e preto de 18.000 mulleres ao longo de España, cunha idade media de 61 anos, por tanto, trátase dun nome tradicional.

Significado do nome de Rosalía

Os significados do nome de Rosalía pódense analizar desde dous puntos de vista. O primeiro deles parte do seu sentido etimolóxico e sería chea de flores ou grilanda de flores.

Doutra banda, este nominativo tería un significado máis profundo facendo referencia ás Rosalías, que era unha festividade romana na que se lanzaban flores ás tumbas dos defuntos.

Mulleres co nome de Rosalía

Este nome si se pode ver mulleres de recoñecido prestixio que son figuras actuais ou que destacaron nas súas disciplinas ao longo da historia.

  • Rosalía de Castro: poeta e novelista (1837-1885)
  • Rosalía Mera: empresaria.
  • Rosalía Gómez Lasheras: pianista (1994)
  • Rosalía Lázaro Quella: atleta (1975)
  • Rosalía Vila Tobela: cantante, compositora e actriz catalá (1993)

Como curiosidade, temos que falar da preciosa canción da artista Uxía, titulada precisamente "Rosalía pequeniña":

Como se escribe o nome de Rosalía noutros idiomas

O nome de Rosalía é moi sonoro e propio das rexións por onde se estendeu, pero si ten variantes noutras linguas, aínda que son casos excepcionais.

IdiomaTradución
AlemánRosalie
CatalánRosalia
EspañolRosalía
EúscaroErrosale, Arrosali
ItalianoRosalba, Rosalie
FrancésRoselle
PortuguésRosália
RomanésRozalia
RusoRozaliia