Son moitas as festas que en xullo enchen as vilas e as cidades de Galicia. Pero en Betanzos conmemoran unha feira con máis de seis séculos de historia. É a Feira Medieval de Betanzos 2026, do 10 ao 12 de xullo. Durante tres días, a vila coruñesa engalánase con postos e actuacións artísticas que fan viaxar a veciñanza e os visitantes máis de 600 anos atrás. Consulta aquí o programa da Feira Medieval de Betanzos 2026 para saber os horarios, datas e actividades.
A Feira Franca Medieval de Betanzos celébrase dende 1998 e nace para lembrar e revivir a feira que tiñan nesta cidade durante o mes de novembro nos séculos XIV e XV. Para iso, as rúas e os balcóns dos edificios do casco histórico decóranse con teas e con estandartes que representan os escudos das familias de Betanzos do baixo medievo.
Programa da Feira Medieval de Betanzos 2026

Xa van aló 27 anos dende a primeira Feira Franca Medieval de Betanzos e as representacións que fai a vecindade os días de festa son unhas das máis peculiares e interesantes de todo o panorama festivo galego. Pero hai moitos máis eventos dos que gozar na centenaria vila betanceira.
Na Feira Franca 2026 haberá catro representacións doutros tantos episodios que marcaron a historia da vila, coma o ano pasado. Para isto buscáronse 150 voluntarios para completar o reparto:
- a Entrada do Señor de Andrade
- a Batalla das Figueiras ou o Tributo das Cen Doncelas
- a Revolta Irmandiña
- a Expulsión dos Leprosos
Segundo o propio Concello, nesta edición para os postos presentáronse 350 solicitudes e, aínda que non se aprobarán todas por motivos de espazo, este ano ampliarase o récord de postos do ano pasado, chegando a uns 140.
Aquí tes o programa da Feira Medieval de Betanzos 2026:
Venres, 10 de xullo 2026
- 18:00 h.: Apertura das paradas. Durante todo o día haberá espectáculos de malabares, música e teatro a cargo de Acibreira, os Brincadeiros, O Fauno e Troula Animación. Tamén haberá exhibicións de tiro con arco na igrexa de Santa María e de cetrería na Rúa Nova, así como obradoiros de coiro e fiado de telas no parque da Rúa Travesa.
- 18:00 h. Praza dos Irmáns García Naveira: Apertura do Recuncho Infantil (ata as 22:00 horas).
- 19:30 h. Praza da Costitución: Actuación do Mago Gonzálvez.
- 21:00 h. Praza da Costitución: Representación da chegada do señor de Andrade á Praza da Constitución. Ao remate dará lectura ao pregón Elena Díaz Blanco, directora da Escola Municipal de Folclore de Betanzos e do Grupo Azougue.
- 23:00 h. Praza dos Irmáns García Naveiro: Representación do incendio da cidade do siglo XVI a cargo do Club de Baloncesto Santo Domingo de Betanzos.
- 00:00 h. Praza da Constitución: Espectáculo Fire Performance da compañía Hípica Celta.
Sábado, 11 de xullo 2026
- 11:30 h. Apertura das paradas. Durante todo o día haberá espectáculos de malabares, música e teatro a cargo de Acibreira, os Brincadeiros, O Fauno e Troula Animación. Tamén haberá exhibicións de tiro con arco na igrexa de Santa María e de cetrería na Rúa Nova, así como obradoiros de coiro e fiado de telas no parque da Rúa Travesa.
- 11:30 h. Praza dos Irmáns García Naveira: Apertura do Recuncho Infantil (ata as 14:00 horas).
- 12:00 h. Desfile de músicos, humoristas e malabaristas e representacións teatrais co grupo La Recua.
- 12:30 h. Adro de Santa María: Actuación del Mago Gonzálvez.
- 13:30 h. Praza da Constitución: Representación da chegada dos mouros para esixir á veciñanza betanceira as súas doncelas para que as entreguen ao Califa de Córdoba.
- 17:00 h. Apertura das paradas.
- 18:00 h. Praza dos Irmáns García Naveira: Apertura do Recuncho Infantil (ata as 22:00 horas).
- 19:00 h. Representación da Revolta Irmandiña co pregón do comerciante Afonso de Carballido. Ao remate, actuación do grupo Azougue da Escola Municipal de Folclore de Betanzos.
- 20:00 h. Praza da Constitución: Actuación do Mago Gonzálvez.
- 00:00 h. Praza da Constitución: Espectáculo de pirotecnia, zancos e lume a cargo do grupo de teatro La Recua e representación dun aquelarre.
Domingo, 12 de xullo 2026
- 11:30 h. Apertura das paradas. Durante todo o día haberá espectáculos de malabares, música e teatro a cargo de Acibreira, os Brincadeiros, O Fauno e Troula Animación. Tamén haberá exhibicións de tiro con arco na igrexa de Santa María e de cetrería na Rúa Nova, así como obradoiros de coiro e fiado de telas no parque da Rúa Travesa.
- 11:30 h. Praza dos Irmáns García Naveira: Apertura do Recuncho Infantil (ata as 14:00 horas).
- 12:30 h. Adro de Santa María: Actuación de Kote Malabar.
- 12:30 h. Praza da Constitución: Actuación do Mago Gonzálvez.
- 13:30 h. Praza dos Irmáns García Naveira Representación da expulsión dos leprosos.
- 17:00 h. Apertura das paradas.
- 18:00 h. Praza dos Irmáns García Naveira: Apertura do Recuncho Infantil (ata as 22:00 horas).
- 18:00 h. Praza dos Irmáns García Naveira: Torneo Medieval a cabalo con exhibición de cabaleiros e cetrería. Tamén haberá espectáculo de danza nobre e campesiña coa escola de baile Danzarte.
- 20:00 h. Adro de Santa María: Actuación de Kote Malabar.
- 20:00 h. Praza da Constitución: Actuación do Mago Gonzálvez.
- 23:00 h. Danzas mouras.
Actividades destacadas da Feira Medieval de Betanzos 2026
Os actos máis populares e vistosos da Feira Medieval de Betanzos 2026, que tamén a diferencian doutras feiras medievais, son a interpretación de escenas que marcaron o desenvolvemento e a cultura da vila.
Entre os días 10 e 12 de xullo deste ano estarán representadas escenas da propia historia betanceira e faise coa colaboración e coa participación, case exclusivamente, das asociacións e dos habitantes de Betanzos. É dicir, son os propios veciños e veciñas os que actúan como actores e actrices, sen que en ningún momento participe ningunha compañía de teatro profesional.
Son moitos os momentos que se representan durante os catro días de xullo. Comezando pola chegada do Señor de Andrade á cidade, que fai referencia a dous momentos importantes da historia da cidade: a concesión a Betanzos no ano 1465 do título oficial de cidade e a concesión no ano 1467 do privilexio de poder celebrar unha Feira Franca todos os anos en novembro.
A "Batalla de Figueiras"
Este ano espérase que sexan catro as representacións históricas ás que o público asiste masivamente. A primeira delas, a pesar de non corresponder á época exacta na que se centra a feira, é a “Batalla das Figueiras”.
Esta actuación é moi importante porque representou unha das primeiras actuacións en Galicia da Reconquista. Ocorreu a mediados do século VIII e representa a negativa dos nobres e dos plebeos a entregar ás tropas do rei musulmán Mauregato as cen doncelas que lle esixían cada ano.
A negativa deu lugar a unha cruenta batalla na que venceron os betanceiros, empregando todo tipo de aparellos como armas, incluso pólas de figueira, polo que esta se coñece como a Batalla das Figueiras.
Pero a representación non é só a batalla entre ambos os dous bandos, senón tamén a súa negociación e os bailes mouros típicos daquela época para recibir ás tropas musulmás.
A “Revolta Irmandiña”

A “Revolta Irmandiña” é outra das representacións que máis público atrae na Feira Medieval de Betanzos 2026. Tenta representar como os habitantes de Betanzos e da súa comarca se rebelan contra o señor feudal da época, o famoso Nuno Freire de Andrade "O Malo", pola excesiva dureza coa que trataba os seus vasalos.
Esta revolta foi dirixida por Alonso de Lanzós que encabezou un ataque contra o castelo do señor feudal, situado en Pontedeume.
A expulsión dos leprosos

O último día da feira, o domingo 12 de xullo, ten lugar quizais a escena máis elaborada e complexa de todas, na que se recrea a peste e as enfermidades que asolaron a cidade en 1381, e que conclúe cunha representación da expulsión dos leprosos da cidade.
A escena represéntase co traslado dunha impresionante parella de bois que tiran dun carro que transporta os leprosos para expulsalos da cidade e como os propios enfermos tentan fuxir polo camiño e son detidos polos veciños.
Os enfermos son expulsados dos límites da cidade en dirección ao barrio da Magdalena onde se atopaba nese momento unha colonia de leprosos.
A historia da Feira Medieval de Betanzos
A historia da primeira Feira Franca de Betanzos remóntase varios séculos atrás. Todo naceu por un favor que o rei Enrique IV lle concedeu á cidade de Betanzos, que foi a autorización para celebrar unha feira anual de trinta días de duración, libre de impostos, tributos e alcabalas.
Enrique IV indicou que esta feira debía celebrarse entre o 1 e o 30 de novembro, e foi formalizada por carta de privilexio en 1467 e confirmada polos Reis Católicos o 12 de abril de 1475, en Valladolid.
Esta feira celebrouse ata finais do século XVIII, sendo un evento comercial e social de grande importancia, non só para a vila, senón tamén para todo o Reino de Galicia.
Visto todo o que ofrece a Feira Medieval de Betanzos 2026, non queda máis que buscar un oco nas nosas axendas para visitar a vila betanceira e gozar da súa gastronomía, da súa música e das representacións históricas entre o 10 e o 12 de xullo deste ano.
Fonte imaxe de cabeceira: Feira Franca Medieval de Betanzos.
