Hai pouco incorporamos SkyShowtime a R, incluído por defecto a todos os clientes con televisión (Ocio TV e Total TV), onde podes gozar dunha chea de películas e series do trinque.
Grazas a SkyShowtime podes gozar dunha marabillosa experiencia en familia no cinema. Porque regalamos entradas para que vaias ver Gru 4. Mi villano favorito.
Cando vai ser? O domingo, 2 de marzo, ás 12.00 horas, nun evento exclusivo para clientes de R.
Onde vai ser? En Vigo, no Cinema Yelmo Vialia, e na Coruña, no Cinema Yelmo Espazo Coruña
Cantas entradas podes gañar? Contaremos con tres premios por cinema, cada premio con 4 entradas, para que poidas ir en familia ou ben levar algún amigo do teu fillo, os teus sobriños, afillados...
Como podo participar? Enche o formulario e responde á pregunta. O 25 de febreiro publicaremos aquí os gañadores e contactaremos con eles para facerlles chegar as entradas.