En Galicia encántanos a boa comida, e a Festa do Marisco de Vigo 2026 é a oportunidade perfecta para saborear un dos manxares máis cobizados da gastronomía galega. Este ano amplíase a dúas semanas esta cita gastronómica, do 27 ao 30 de agosto e do 3 ao 6 de setembro. Unha dobre oportunidade para degustar o mellor marisco de Galicia.

Es máis de polbo, de percebes ou de ameixas? Non importa. No porto do Berbés de Vigo podes gozar dunha ampla carta de mariscos e pratos con marisco de Galicia a prezos populares. A Festa do Marisco de Vigo 2026 agárdate os días 27, 28, 29 e 30 de agosto e o 3, 4, 5 e 6 de setembro.

Programa da Festa do Marisco de Vigo 2026

Fiesta del Marisco de Vigo 2026

Imaxe: Vigomar-Festa do Marisco de Vigo

O porto do Berbés transfórmase nun lugar único para gozar dos sabores máis auténticos da ría de Vigo. O mellor marisco das rías galegas e os pratos tradicionais de Galicia a prezos populares.

A Festa do Marisco de Vigo 2026 contará cun gran toldo gastronómico no que se ofrecerán pratos como vieiras, centolas, lagosta, polbo á feira, empanadas e viños con Denominación de Orixe. O evento ofrecerá prezos populares sen renunciar aos produtos galegos de máis alta calidade.

Ademais da oferta culinaria, o programa incluirá actividades para entreter a todos os visitantes de todas as idades, entre elas:

  • Concertos.
  • Actuacións de grupos folclóricos.
  • Obradoiros para os máis peques (chapas, maquillaxe, globoflexia, traballos con abalorios, etc.).
  • Xogos tradicionais.
  • Contacontos.

A contorna do porto do Berbés estará chea de vida e actividade durante os oito días da Festa do Marisco de Vigo 2026.

Este é o programa da Festa do Marisco de Vigo 2026 no Porto de Vigo, toma boa nota, porque ademais de comer hai actuacións moi interesantes que animarán a festa:

Xoves, 27 de agosto 2026

  • Música ambiental durante toda a xornada.

Venres, 28 de agosto 2026

  • Música ambiental durante toda a xornada.
  • 13:00 h. Pregón de Arantxa Treus.
  • 21:30-22:30 h. Actuación da Asociación Os Ventos de Comesaña.

Sábado, 29 de agoto 2026

  • Música ambiental durante toda a xornada.
  • Ao mediodía un trío musical animará a comida.
  • 13:00-16:00 h. Actividades infantís.
  • 21:30-22:30 h. Actuación do grupo de gaitas da Asociación Atlántida de Matamá.

Domingo, 30 de agosto 2026

  • Música ambiental durante toda a xornada.
  • Ao mediodía un trío musical animará a comida.
  • 13:00-16:00 h. Actividades infantís.

Jueves, 3 de setembro 2026

  • Música ambiental durante toda a xornada.

Viernes, 4 de setembro 2026

  • Música ambiental durante toda a xornada.
  • 21:30-22:30 h. Actuación da Asociación Musical A Papuxa.

Sábado, 5 de setembro 2026

  • Música ambiental durante toda a xornada.
  • Ao mediodía un trío musical animará a comida.
  • 13:00-16:00 h. Actividades infantís.
  • 21:00-22:00 h. Actuación de Algarabía Grupo Folk
  • 22:30 h. Actuación de Club Naval.

Domingo, 6 de setembro 2026

  • Música ambiental durante toda a xornada.
  • Ao mediodía un trío musical animará a comida.
  • 13:00-16:00 h. Actividades infantís.

Que se pode comer na Festa do Marisco de Vigo 2026?

Fiesta del Marisco Vigo

Imaxe: Vigomar-Festa do Marisco de Vigo

A tradición popular di que os meses que comezan pola letra R son os mellores para comer marisco, razón pola que a Festa do Marisco de Vigo se celebra cada ano durante a primeira semana de setembro (aínda que este ano se ampliou para que máis xente poida gozar deste manxar).

Seguro que todo o mundo ten un marisco ou un prato de marisco favorito, pero ninguén di nunca que non a probar algo novo. Na Festa do Marisco de Vigo de 2026 haberá todo tipo de mariscos preparados de todas as maneiras imaxinables.

A organización preparou unha carta moi variada con todos os produtos que ofrecerán na súa zona de degustación no toldo do porto do Berbés, todo o mellor marisco das rías galegas. Toma nota para comezar a planificar o teu menú:

  • Ameixas á mariñeira
  • Arroz de marisco
  • Vieiras á gallega
  • Vieira á prancha

  • Polbo á feira
  • Salpicón centolo/bogavante
  • Empanada de atún
  • Empanada de bacallau
  • Empanada de xoubas
  • Empanada de chocos
  • Empanada de vieiras
  • Mexillóns ao vapor
  • Mexillóns en vinagreta
  • Langostino cocido
  • Nécoras cocidas
  • Cigala cocida
  • Camarón
  • Percebes cocidos
  • Gambón á prancha
  • Navallas á prancha
  • Bogavante á prancha
  • Ostras de Arcade

E por suposto, todo acompañado dos mellores viños con Denominación de Orixe, ou refrescos e auga.

Venda de entradas Festa do Marisco de Vigo de 2026

O sistema de venda da comida da Fiesta do Marisco de Vigo 2026 continúa a ser o mesmo que outros anos. Centralízase todo na billeteira, polo que non se pode pagar en cada caseta. Así despois de comprar o tícket do que queiras comer só tes que ir ao posto e entregalo para que che dean a ración correspondete do que acabas de mercar.

O horario da venda de tíckets na billeteira é o seguinte:

  • De xoves a sábado de 12:00 a 16:00 h. e de 19:30 a 23:30 h.
  • Os domingos de 12:00 a 16:00 h.

O acceso ao recinto é libre e gratuito: non fai falla reservar nin mercar entrada. Págase unicamente o que se consume en cada caseta.

Agora só tes que reservar a túa data e gozar do mellor marisco de Galicia na Festa do Marisco de Vigo de 2026.

Fonte imaxe cabeceira: Vigomar-Festa do Marisco de Vigo.