O que nos gusta un furancho en Galicia. Nestes locais únicos podes beber viño, os excedentes da colleita elaborado para consumo propio, e saborear tapas caseiras. A tempada de furanchos vai dende o 1 de decembro ao 30 de xuño, e son moitos os que elixen a primavera para abrir. Contámosche que é un furancho e algúns dos principais furanchos en Pontevedra, Mos, Meaño… Atoparás a lista ordenada por provincias.
A cidade herculina pode presumir de museos, porque ademais de ter unha chea, hainos de temáticas moi variadas. Queres saber cales son os museos gratis na Coruña 2026? Cando é gratis a Domus, por exemplo? Que días a entrada é libre nos museos coruñeses? Contámoscho todo nesta lista dos museos gratis na Coruña.
Dende hai uns anos Vigo é coñecida como a cidade das luces de Nadal, pero máis aló dese grande evento social, a cidade olívica vive a súa festa máis simbólica coa Reconquista de Vigo. A Festa da Reconquista de Vigo 2026 celébrase do 21 ao 39 de marzo e os días grandes serán o 27, 28 e 29 de marzo. Contámosche todo sobre a Reconquista de Vigo 2026 para que saibas o programa, o horario…
O mércores 8 de abril arranca unha nova campaña da renda: 2025-2026. A partir dese momento, e ata o 30 de xuño, xa podes realizar a declaración a través de Internet ou, uns días máis tarde, solicitar a túa cita previa para facela de forma telefónica ou presencial. Toma nota das principais datas a ter en conta e das novidades nas deducións das que podes beneficiarte se vives en Galicia.
A cidade olívica xa está a pechar os concertos do verán e por aquí manterémoste actualizado en todo momento sobre os concertos de Castrelos 2026. Consulta a lista de artistas que van tocar no Parque de Castrelos durante os meses de xullo e agosto, cando saen á venda as entradas dos concertos de Castrelos 2026, as datas e os horarios para que non te perdas os grandes eventos do verán en Vigo.
As orquestras galegas teñen verdadeiros fans que as seguen onde queiran que actúen. Creamos un calendario con todas as datas para que saibas onde actuarán as orquestras galegas en 2026 e poidas asistir a todas as verbenas da Orquestra Panorama, París de Noia, Combo Dominicano e Los Satélites.
Todos coñecemos a calidade do marisco galego, un dos máis saborosos e recoñecidos do mundo. As ostras son un exemplo de todas as bondades do marisco galego e en Arcade, capital deste molusco, celebran do 3 ao 5 de abril a Festa da Ostra de Arcade 2026 para enxalzar a súa importancia na economía local. Contámosche aquí o programa completo que preparan para a súa festa.
A Semana Santa en Ferrol é unha das celebracións de carácter relixioso máis recoñecidas dentro e fóra de Galicia. Dende o Domingo de Ramos ao de Resurrección, transitan as procesións e os pasos de cinco confrarías. Contámosche todo o programa da Semana Santa Ferrol 2026, do 29 de marzo al 5 de abril, cando son as procesións da Semana Santa en Ferrol 2026 e a historia desta Festa de Interese Turístico Internacional, que conta con máis de 400 anos de tradición.
A Semana Santa de Viveiro 2026 celébrase do 27 de marzo de 2026, Venres de Dores, ao 5 de abril de 2026, Domingo de Resurrección. Durante estes días, a localidade lucense énchese de procesións e actos que atraen a miles de visitantes. Consulta aquí todas as procesións da Semana Santa Viveiro 2026 para saber o horario e itinerario de cada unha. Ademais, contámosche máis actividades culturais que se celebran no programa da Semana Santa Viveiro 2026.